martes, diciembre 30, 2008

Remata o 2008

Está cáseque a piques de rematar este ano 2008, un ano que pasará a historia pola crise galopante que nos está tocando vivir e ¿quen sabe cando rematará? Na nosa bisbarra houbo moitas novas interesantes durante este ano, dalgunha das cales demos conta dende estas páxinas, pero non quería rematar o ano sen rendir unha pequena homenaxe ao Monte Aloia, xa que este ano cumplíronse 30 anos dende a súa declaración como parque natural. Que o 2009, coa posta en marcha da depuradora de Guillarei, sexa o comezo da recuperación do río Louro, e que nun futuro non moi lonxano a súas ribeiras sexan outro lugar de esparexemento, para todos o que habitamos en Valdolouro. FELIZ ANO A TOD@S


jueves, diciembre 25, 2008

O coro de Entenza na final do Festival de Villancicos de Caixanova

O Coro Polifónico de Entenza (Salceda de Caselas), acadou a final do 43º Festival de Villancicos de Caixanova celebrado na Coruña e Vigo, despois de ser seleccionado entre 122 coros de toda Galicia. Este é un dos logros mais importantes do coro nos seus 11 anos de historia.

Aproveito esta nova do nadal para desexarvos a tódolos lectores que pasedes unhas felices festas e que o 2009 veña cargado de boas novas.

Tui celebra este venres o concerto de fin de ano

O Teatro Municipal de Tui acolle o venres, 26 de decembro, ás 21.00h o Concerto de Fin de ano co que se pecha a programación cultural de 2008 organizada pola Concellería de Cultura.
Un ano máis apóstase por dúas agrupacións locais para este evento: a Coral da S.I. Catedral de Tui e a Banda de Música Popular de Tui que durante dúas horas farán disfrutar ao público coa súa interpretación.
As entradas poranse á venda ás 19.30h ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto e 1,5€ os menores de 14 anos.
A Coral da S.I. Catedral de Tui actuará en primeiro lugar acompañada ao órgano por Don Camilo Paz Valverde e baixo da dirección de Don Agustín Sobral.
Interpretarán:
·Gloria Navideño ..................... Pechebel-Erdezain
·Alalá ................................ Marcial del Adalid
·Ay, Linda Amiga ...................... Anónimo
.Canción de Ronda...................... Popular castellana
·A la mar se van los ríos.............. Popular salmantina
Arm. I. García Rivas
·Vila la mi Virgen .... ............... Jota aragonesa
Arm. Ernesto Campos
·Tui, mira si te querré................ Ricardo Guirao
(Adaptación Letra Agustín Sobral)

A Banda de Música Popular de Tui estará baixo a batuta de D. Adolfo Besada.
Interpretarán:
·Torre del Oro (pasodobre)..... R.Dorado
·Fantasía en Do ............... David Fiuza
·Mari Celi .................... Polka de Trompeta
·Tanczi ....................... Jan Van der Roost
oGaravot
oTroika
·Concha Flamenca .............. Pasodobre
E rematarán coa interpretación de tres composicións da familia Strauss

Rematarán interpretando conxuntamente:
-La del Soto del Parral ...................... Soutullo e Vert
-Adeste Fidelis .............................. Arr. Penders.

martes, diciembre 23, 2008

Exito das xornadas de concienciación ecolóxica de Salceda

O sabado 20 de nadal, en Salceda de Caselas, a Asociación Treze Catorze organizou unha xornada de consumo responsable denominada CONCIENCIA ECOLÓXICA. Esta xornada desenrolouse en dou ámbitos cercanos entre sí, como son a praza do Concello e o Auditorio Municipal. No primeiro lugar instalouse unha carpa onde diversos postos amosaban productos ecolóxicos, productos de comercio xusto, artesanía e as actividades que diferentes ONG´S están desenvolvendo en favor da xente maís necesitada nos paises en vías de desenrolo. Nese mesmo lugar levaronse a cabo dous obradoiros, un desenvolvido por Adega onde pequenos e maiores construiron agasallos de nadal a partires de artigos reciclados, como tetabricks, latas de refrescos, plasticos, telas , etc. e outro de elaboración de cestos de bimbio. Xa no auditorio municipal diferentes oradores disertaron sobre temas tan variados como a ecolóxia, a axuda ó terceiro mundo, as abellas e o mel, os cogumelos, etc.
Os responsables da Treze Catorze, despois de agradecer a colaboración de tódalas asociacións, expositores e o Concello de Salceda de Caselas pola súa colaboración, mostraronse moi satisfeitos coa afluencia de xente, así como co desenrolo en xeral de toda a xornada. Manifestaron a súa vontade de repetir para o ano, intentando que teña incluso máis repercusión e se é preciso ampliar as xornadas a dous días. "É moi importante que a xente se conciencie de tódos estes temas, sexa máis solidaria e ecolóxica, xa que que o desenrolo socioeconómico actual é totalmente insostible, o que supón que nos estamos cargando o planeta entre tódos co agravante da miseria e a fame nos paises ménos desenvolvidos."


viernes, diciembre 19, 2008

I Concurso-Exposición da Raza Galiña de Mos

Este sábado 20 e domingo 21 de nadal terá lugar no Campo da Feira en Puxeiros (Mos) o I Concurso-Exposición da Raza Galiña de Mos. O certame está organizado pola concellería de medio ambiente do concello de Mos e conta coa colaboración da Asociación de Amigos da Galiña de Mos e da Asociación de Avicultores Avimos. A ela espérase que acudan uns 25 criadores que exporán uns 100 exemplares en distintas fases de crecemento. Para que non haxa engano, o nome de Mos, non ven deste concello do Valdolouro, senón da aldea de San Xiao de Mos no concello de Castro de Rei en Lugo, onde alá polo ano 1942 se escolleron os primeiros exemplares desta raza autóctona galega.

martes, diciembre 16, 2008

Xornadas de concienciación ecolóxica en Salceda

A Asociación Treze Catorze organiza para este sábado en Salceda de Caselas unhas xornadas de concienciación ecolóxica, con obradoiros de reciclaxe, mostra de productos ecolóxicos, artesanía, ONG'S, comercio xusto, charlas e conferencias. Será a partires das 11:00 na Praza do Concello. As charlas e conferencias serán no auditorio municipal. Este é o cartel coa relación das charlas e conferencias que se impartirán.

lunes, diciembre 15, 2008

Páxina interesante sobre Mos

Por razóns xeográficas, o concello de Mos é o que menos información lle adico, tamén hai que decilo, porque é do que menos información recibo, cáseque ningunha. Navegando estes días, buscando información sobre a moción de censura, atopei un interesante blog con abundante información sobre Mos, algúns artigos ata parece que os escribira, eu porque coincido plenamente coa súa opinión. Así que dende hoxe suplimos ese décifit de información de Mos colocando Mos cultural nun lugar destacado na nosa selección de ligazóns

jueves, diciembre 11, 2008

A interrede na nosa bisbarra 2

Fai xa máis dun ano falei da situación da interrede na nosa bisbarra. Hoxe, un ano e medio despois das últimas eleccións municipais, e antes de que algún dos nosos concellos poida trocar de bando, quero facer un breve resumen de como se atopa a situación actualmente. Hai que decir que salvo o concello de Salceda no que a alcaldía trocou de man, nos outros concellos seguen gobernando os mesmos, polo que a este ano e medio de lexislatura, hai que engadirlle outros catro anos anteriores, tempo dabondo para cambia-lo rumbo dos acontecementos.

Concello de Mos: Ven de por en marcha a súa web oficial. Non é o que se di un exemplo de web actualizada e interactiva, pero despois de tantos anos sen web oficial, algo é algo. Veremos que fai o novo goberno, pero despois do blog "nidiaalcaldesa.com" que abriu para as eleccións municipáis, de escaso contido, quen nin siquera a propia candidata escribía e pechada pouco despois de non conseguir o seu propósito, pouco ou nada podemos agardar.

Concello de O Porriño: Nos tempos do PP contaba con web oficial, aínda que con escaso contido. Que os porriñeses nin siquera teñan un lugar na interrede onde poidan consultar o número de teléfono do concello, paréceme cando menos un delicto tecnolóxico. Segue tendo a web do Centro Cultural pero sen actualizar dende o 2007. Como aspecto positivo ten unha nova web de recente creación, o arquivo municipal da imaxe, na que se recopilan fotos antigas de O Porriño e os porriñeses. Paréceme unha mágnifica idea aínda que é un escaso bagaxe para un concello coma o do Porriño.

Concello de Salceda: Remodelou a súa web oficial, facendoa máis sinxela e na que se pode saber cun simple vistazo que hai de novo nela. E o exemplo de que para ter unha web oficial algo útil e actualizada non fai falla gastar moitos cartos en diseño, nin en animacións que ao final acaban aburrindo aos visitantes asiduos. Por outra banda, boto de menos unha maior cantidade e calidade dos seus contidos e unha actualización máis regular.

Concello de Tui: Foi un dos primeiros da bisbarra en ter web oficial que quedou literalmente estancada duante uns cantos anos. Era máis un folleto publicitario que unha web interactiva. Últimamente actualiza os seus contidos con novas principalmente dos actos culturáis que se celebran no concello. Hai unha cousa na que son pioneiros na bisbarra, e é que teñen algo tan sinxelo e tan barato, como unha lista de correos eléctrónicos de xente que se deu de alta nese servicio e envíaselles puntualmente información sobre as actividades culturáis do concello.

Como podedes ver o panorama é desolador, non me extrana que Galicia esté a cola na implantación das novas tecnoloxías, só hai que ver o exemplo que nos dan os nosos gobernantes, e iso que hoxe lanzouse o Galinux, un sistema operativo gratuito baixo linux, con tódalas a aplicacións en galego. Xa non falamos da implantacion de redes wi-fi, da web 2.0 etc. Pero ¿sería tan complicado publicar os actos culturais, bandos, formularios eléctronicos para evitarnos viaxes ao concello?. ¿Non é máis barato e ecolóxico publicitar os actos e bandos na web do concello ou a través do correo eléctronico, que empapelar as rúas con carteis?. Xa non lles vou a pedir que teñan un blog, coma este do concello de Jun en Granada, no que o seu alcalde conta día a día o que fai polo seu concello. Ao mellor habería días que algúns dos nosos alcaldes non terían nada que escribir.


Vendo este vídeo de Jun, morro de envexa

miércoles, diciembre 10, 2008

Clausura da Escola Obradoiro de Salceda

O Delegado Provincial da Consellería de Traballo, Pedro Borrajo e o Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada participaron no acto de clausura da Escola Obradoiro de Salceda de Caselas.
Esta Escola Obradoiro cunha inversión de 607.000 €, promovido polo Concello de Salceda de Caselas contiña tres módulos, xardinería, albanelería e carpintería, no que os 30 alumnos ademais de adquirir os coñecementos propios destas profesións desenrolaron uns traballos que serviron ó Concello de Salceda para conseguir e rehabilitar infraestructuras existentes.
Os traballos consistiron no acondicionamento dos parques e xardíns situados no CRA Raíña Aragonta e no CDL O Torrón e na rehabilitación do antigo Concello de Salceda de Caselas que se vai converter na Casa da Cultura da Vila. Neste local deixáronse previsto salas para ubicar unha biblioteca, o arquivo histórico, unha sala de novas tecnoloxías e internet e unha sala de exposicións polivalente, así como as novas instalacións da Oficina de Xuventude (OMIX), pendentes de pequenas obras de albanelería e de colocar a carpintería que está elaborada nos talleres do Torrón.
Despois de percorrer o CRA Raíña Aragonta e o Concello Vello, procedeuse á entrega de diplomas no CDL O Torrón, onde o Delegado de Traballo salientou ademais da formación recibida polos alumnos/as do Obradoiro a pegada que deixan estas persoas nas infraestructuras que quedarán para o disfrute de tódolos veciños. Pola súa parte, Marcos Besada recalcou que con este tipo de actuacións formativas intentase solucionar tres aspectos importantes, como son a propia formación dos alumnos/as, empregar a persoas en situación de desemprego e a mellora de infraestructuras do Concello para os veciños.

jueves, diciembre 04, 2008

Campionato de futbol sala en Salceda

A Peña Celtista Salceda organiza os días 27 e 28 de Nadal o I Campionato de Futbol Sala Concello de Salceda. Nel poderan participar tanto equipos masculinos como femininos. O torneo celebrarase no Pavillón Municipal de Deportes e contará con árbitros federados que dirixirán os partidos. O prazo de inscripción remata o día 21 do devandito mes. Este é o seu cartel anunciador.

jueves, noviembre 20, 2008

Este venres danza conteemporánea en Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30h, un espectáculo de danza contemporánea “De Meu” a cargo da compañía Bstudio de Santiago de Compostela. Esta compañía compostelá segue centrando a súa obra no papel da muller coma fixo xa nos seus anteriores espectáculos. Baixo a dirección de Dolores Mayán Ballet Studio reflexiona sobre os distintos roles da muller na sociedade, e os estereotipos nos que aínda permanece atrapada. Sobre o escenario están catro bailarinas Emilia Pardo, Natalia Iglesias, Vanesa Otero e Celia Mayer, que bailan, interpretan e dialogan entorno ao xénero feminino. O deseño da iluminación foi realizado polo do galego Paco D’Pink. En “De Meu” Ballet Studio ofrece unha visión irónica da realidade, exposta ao través do constante xogo de relacións entre os diferentes elementos que configuran a linguaxe escénica. Neste espectáculo Bstudio continua na liña iniciada nas anteriores montaxes, “Quid est mulier?” e “O que viven as rosas”, onde baila contando historias de mulleres. A cita será este venres, 21 de novembro, ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. As entradas poranse á venda ás 20h ao prezo de 4,5€, 3,5€ con desconto, e 2,5€ para os menores de 14 anos.

lunes, noviembre 17, 2008

12ª Festa dos Cogumelos en Entenza

Este fin de semana tivo lugar a 12ª edición da Festa dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas). O sábado tivo lugar a saída ao monte para a recollida de cogumelos para a exposición. Foi unha das máis concurridas que lembro, sen dúbida tamén grazas ao bo tempo que acompañou a xornada. O domingo foi o día da degustación onde se poideron probar cogumelos preparados de distintas formas, ao natural, rebozados, con nata ou en empanada. O pregón correu a cargo de Lorenzo D'Arcade que fixo pasar a, cáseque todos, un rato divertido. Ademáis tamén houbo polvo, preparado por un polveiro das aforas do Carballiño.


viernes, noviembre 14, 2008

O Louro voltará a ser un río

Hoxe os veciños do Valdolouro despertámonos cunha boa nova. Por fin parece que vai a entrar en funcionamento a depuradora de Guillarei. Por fin este degradado río Louro que nos da nome voltará a ter dignidade. Por fin as súas fedorentas, turbias e espesas augas, por chamarlles dalgún xeito, recobrarán a súa calidade. Por fin a xente poderá pasear polas súas beiras sen ter que levar a mascariña posta. Por fin alguén se atreverá a baixar en piragua polo seu curso. Por fin alguén tentará a darse un baño. Por fin voltaremos a ollar algunha troita. Estas son as miñas peticións ós reis para o vindeiro ano, sei que é difícil pero para iso son magos.

jueves, noviembre 13, 2008

O Centro Dramatico Galego estrea en Tui "A boa persoa de Sezúan"

“A Boa persoa de Sezúan” é o título do espectáculo que este venres e sábado presenta o Centro Dramático Galego no Teatro Municipal de Tui. Trátase da obra escrita polo dramaturgo alemán Bertolt Brecht en 1940, pero que nesta versión do CDG é un texto totalmente actual do século XXI. Para a montaxe de “A boa persoa de Sezuán” o CDG contou co director portugués Nuno Cardoso, ao fronte dun equipo artístico galego-portugués formado por Rosa Álvarez, César Cambeiro, Antón Coucheiro, Mónica García, Rocío González, Roberto Leal, Rebeca Montero, Marta Pazos, Alberto Rolán, Machi Salgado, Toni Salgado e Hugo Torres. Esta versión do CDG sitúa ao espectador nun ambiente urbano totalmente degradado, dominado polo asfalto e os omnipresentes carteis luminosos. A obra comeza coa baixada a Sezuán de tres deuses, coa esperanza de atopar persoas que sigan os seus ditados, isto é, persoas boas e xustas capaces de transformar á sociedade. A representación de “A boa persoa de Sezuán” terá lugar este venres ás 21.30h e o sábado ás 20.30h no Teatro Municipal. As entradas poranse á venda ao prezo de 9€, 7€ con desconto e 5€ para menores de 14 anos. O despacho de billetes o venres comezará ás 20h e o sábado a partir das 19h.

Promoción nos IES de Tui.
Co obxectivo de promocionar os espazos CDG o Centro Dramático Galego e a compañía Pistacatro vai facer dous pases o venres pola mañá dunha pequena función móbil de vinte minutos de duración. Está realizada a partir de fragmentos da obra Ringorrango mesturándose na mesma novo circo, ritmo, música e humor para comunicar aos estudantes que a escena é algo próximo, divertido e sorprendentes. As funcións terán lugar ás 10.25 no IES Francisco Sánchez, e ás 12.25 no IES San Paio.

miércoles, noviembre 12, 2008

O concello de O Porriño tira 420.000 euros o lixo

É así de duro, e máis nestes tempos de crisis, pero o concello de O Porriño ven de tirar neste últimos anos 420.000 euros o lixo. Como xa denunciamos no seu día, alá polo ano 2004, o que debería ser o Centro de Interpretación da Natureza construido nas Gándaras de Budiño, pasou directamente a ser un monte de escombro. No seu momento tentouse de repescar o edificio para outras actividades complementarias pero pasaron os anos e nada se fixo. Agora os políticos pásanse a pelota uns a outros pero os cartos gastáronse e o edificio non serve para nada nin creo que serva nunca. Creo que o pobo non lle debe permitir aos políticos que tiren o diñeiro tan alegremente e ninguen sexa responsable de nada, nin o que o mandou construir nin o que consinte que chegue a ese estado tan lamentable. Se as autoridades actuáis teñen tan claro que o edificio non vale para nada que sexan valentes e que o manden derrubar e senón que o conserven. Espero que non o mesmo coa depuradora de Guillarei.

Estas son as fotos do estado que presentaba no 2004







lunes, noviembre 10, 2008

XII Festa dos cogumelos en Entenza

O vindeiro fin de semana a parroquia de Entenza (Salceda de Caselas) celebrará unha nova edición da Festa dos cogumelos. A festa, como nas anteriores edicións estará organizada pola Asociación de Xóvenes "A Turonia". Os actos escomenzarán o sábado ás 15:00 horas coa tradicional saída ao monte a recollida de cogumelos para a exposición. O domingo 16 a partires das 10:00 horas abriranse os postos para a degustación. Serán máis de 200 kilos de cogumelos da variedades pleurotus, champiñón e portobello. O pregón a cargo do humorista Lorenzo D'arcade terá lugar as 12:00 horas.

miércoles, noviembre 05, 2008

Teatro Gorakada presenta en Tui "La ciudad inventada"

Unha historia construída con contos tradicionais de diferentes lugares é a presenta este venres no Teatro Municipal de Tui “Teatro Gorakada” de Durango. Baixo a dirección de Jokin Otegi, autor tamén da obra, achegan “La ciudad inventada”. Trátase dunha obra de teatro infantil dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos cunha duración de 55 minutos. A cita será ás 20h e as entradas poranse á venda ás 18.30h ao prezo de 3,5€, 3€ con desconto e 2,5€ para os menores de 14 anos.
Teatro Gorakada naceu no 1987 da man dun grupo de mozos que participaron nas aulas de teatro que dirixían Julio Perugorría e Geroa en Durango. A produción de Gorakada diríxese desde entón ao mundo infantil, ao que ofrecen espectáculos de fermosa factura e gran calidade técnica, baseándose en historias que van desde a mitoloxía vasca aos clásicos da narrativa para nenos e nenas.
En La ciudad inventada reflexionan e plasma en escena a realidade da sociedade actual coa relación entre xentes de distintas culturas que teñen outras formas de ver e de entender a vida, a literatura e os contos. En La ciudad inventada cohabitan diferentes contos tradicionais de lugares e procedencias diversas. Como ocorre coas persoas, relaciónanse entre si, mestúranse e enriquécense, dando lugar a unha historia moderna e mestiza.


jueves, octubre 30, 2008

A historia de “Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart” en Tui

“Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart” é o título da obra que Encena Producións Artísticas representa este venres, ás 21.30h, no Teatro Municipal de Tui. Nesta obra a autora (Marga do Val) entra na traxedia de dúas mulleres, Aurora Rodríguez Carballeira (Roberto Cordovani) e a súa filla Hildegart (Eisenhower Moreno), na súa propia casa, para escoitar as súas palabras. Aurora Rodríguez é unha muller nacida en Ferrol (Galicia) en 1879 e falecida no psiquiátrico de Ciempozuelos, en Madrid en 1955, unha muller que desexou ser nai e non dubidou en seleccionar ao home que lle permitiría ter nas súas mans unha boneca de carne, que ela ía modelar desde o momento da fecundación, para crear á muller perfecta que salvaría á humanidade, a súa filla, Hildegart. Hildegart Rodríguez Carballeira nace en Madrid en 1914. Nena prodixio, moza revolucionaria e feminista, escritora e ensaísta consagrada con 18 anos de idade. Pertence á Liga da Reforma Sexual e milita nas Xuventudes Socialistas, organización que abandona, despois de realizar unha dura crítica e ofrecer unha nova lectura da obra de Marx, para achegarse ao anarquismo. Un día a nai descobre que a súa obra, a estatua humana, non é perfecta e desexa ter vida propia, como a escultora insatisfeita, debe destruíla. Aurora Rodríguez mata a súa filla, o 9 de xuño de 1933. Esta traxedia percorre o mundo como Aurora desexaba: que se conte a miña historia en todas as linguas. A historia contouse. A autora permanece atrapada entre as vidas e as obras de Aurora e a súa filla Hildegart, sen saber diferenciar entre unha e outra, ofrecendo moitas preguntas sobre a creación. No psiquiátrico as voces de Aurora, de Heloísa (Eisenhower Moreno) e dunha monxa (Marga do Val) que se move entre elas, ofrecen ao público, o baleiro da maternidade e as súas contradicións. Na atmosfera preséntese o cheiro a pólvora dos catro disparos que mataron a Hildegart, a inquedanza da arma e a morte simbólica da nai. Marga do Val escribiu Aurora Rodríguez e a súa moneca de carne para a Compañía Arte Livre que foi estreada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 9 de decembro de 2002 e representada, con moito éxito de público e moi ben acollida pola crítica, en diferentes puntos de Galicia, en Valencia e en Portugal. En Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, a autora reescribe a súa propia obra, centrándose, esta vez, na maternidade e na creación literaria. Sobre o escenario está a propia autora, Marga do Val, xunto a Roberto Cordovani, que exerce tamén de director, e Eisenhower Moreno. A función comeza ás 21.30h e as entradas poranse á venda ás 20h ao prezo de 4,5€, 3,5€ con desconto e 2,5€ para os menores de 14 anos.

martes, octubre 28, 2008

IV Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima

O pasado fin de semán achegámonos ata a localidade portuguesa de Ponte de Lima. O motivo non era outro que a celebración do 4º Festival Internacional de Xardins que levaba en marcha dende o mes de xuño e que remata este mes. A temática deste ano versaba sobre "as enerxías nos xardíns". Ponte de Lima ao igual que case tódolos pobos e vilas do norte de Portugal está perfectamente coidado e cando os comparas cos pobos e vilas da nosa bisbarra cáelle a un a alma ós pés. Creo que os nosos gobernantes deberían aprender un pouco da xestión dos espazos públicos que se fan nestes pobos portugueses. Con menos cartos e máis ideas conseguen cousas máis interesantes cas que atopamos a este lado do Miño. No seguinte album podes ver unha ampla reportaxe deste festival no que participou xente de todo o mundo dende Xapón ata Canada por poñer un exemplo.

sábado, octubre 25, 2008

Este domingo presentación do Clube Baloncesto Caselas

Este domingo día 26 de Outubro as 16:15 horas será a presentación oficial do Clube Baloncesto Caselas para esta nova tempada. E as 17:30 xogará o equipo senior o seu primeiro partido na casa contra o San José de La Guía. Fotos históricas do C.B. Caselas

miércoles, octubre 22, 2008

A conductora agresiva

No mes de xuño pasado apareceu unha noticia curiosa na maioría dos medios de comunicación. Nela informábase que unha veciña de Baiona atropelara intencionadamente a dous ciclistas, pai e fillo, cando ían de paseo pola carretera entre Mougás e Baiona (ler a noticia completa). O caso e que hoxe chegounos un vídeo do que pasou despois ata que chegou a policia que non ten desperdicio. Vendo o vídeo so teño dúas preguntas ¿onde lle deron o psicotécnico a esta muller? ¿Será culpa todo do cambio climático?

martes, octubre 21, 2008

Exposición fotográfica "Viaxando 08"

O pasado venres día 17 as 20:00 horas, procedeuse a inauguración oficial da exposición fotográfica "Viaxando 08" no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, coa entrega do premio a gañadora deste ano. A exposición provén do certame "Viaxando", organizado por segundo ano consecutivo polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Baiona, Salceda de Caselas e a Casa da Xuventude de Tui, e que este ano logrou aumentar a participación a un total de 33 traballos presentados (un bo número tendo en conta a temática e a idade dos participantes, de 12 a 30 anos). O certame ademais está incluído dentro da rede de exposicións "Outono Fotográfico" coordinado pola Casa da Xuventude de Ourense e co patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar. A gañadora do certame deste ano foi a moza do Rosal Mª Esther Álvarez Martínez coa fotografía que leva por título "Aeródromo de Santo Tomé del Puerto". A entrega do premio consistente nunha moderna cámara dixital foi efectuada pola Concelleira de Mocidade do Concello de Salceda Dona Teresa Pérez.

De esquerda a dereita, responsable da OMIX do Rosal, responsable da OMIX de Salceda, a gañadora do concurso e a concelleira de cultura de Salceda

jueves, octubre 16, 2008

Nancho Novo en Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle esta fin de semana dobre función do espectáculo “Sobre flores y cerdos. Más Nancho que Largo” do actor galego Nancho Novo.Trátase dunha obra nada convencional na que Nancho Novo reflexiona sobre o nacemento do amor. Este showman fará disfrutar ao público cun espectáculo directo, divertido e insólito, no que a música ten tamén o seu protagonismo. Nesta obra Nancho Novo é o autor, director e protagonista, estando acompañado no escenario polo músico, e tamén actor, Pablo Castillo. Co seu particular estilo este polifacético galego emprega fragmentos musicais como fío condutor, para crear un espectáculo que afonda no amor, buscando a gargallada no público, pero reflexionando sobre o mundo da parella e os tópicos de xénero. As súas costas Nancho Novo ten un extenso currículo de representacións teatrais e cinematográficas, as que suma tamén a súa faceta coma autor teatral e director. Pero é tamén músico e dende hai dez ano ten o grupo “Castigados sin postre”. A cita será o venres ás 21.30h e o sábado ás 20.30h. A entradas teñen un prezo de 9€, 7€ con desconto para os posuidores do carné xove, carné máis, de estudante, xubilado, desempregado ou familia numerosa. Poranse á venda hora e media antes do comezo de cada función.

martes, octubre 14, 2008

Nova programación do Bar Liceum

Estes son os carteis da programación do Bar Liceum para o derradeiro trimestre do 2008. Está vez son 2 carteis en vez 1, xa que como novidade os amigos do Liceum van a organizar un ciclo especial de maxia con 5 excepcionais magos entre eles o mago Teto e o mago Antón que abrirán e pecharán o ciclo respectivamente. Para este venres como escomenzo da programación actuará o famoso cómico Rober Bodegas.


miércoles, octubre 08, 2008

“Contos e Romances” este venres no Teatro Municipal de Tui

A palabra é a gran protagonista este venres no Teatro Municipal de Tui co espectáculo “Contos e Romances” no que teñen a palabra a galega Paula Carballeira e a zamorana Victoria Gullón. A cita será ás 21.30h dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura. Ao longo de 75 minutos dúas mulleres serán as grades protagonistas con historias propias e alleas de dúas terras diferentes pero semellantes, xa que en ambas a tradición oral ten un gran peso. Paula Carballeira é galega. É unha das contadoras do país amais de actriz en series coma Libro de Familia da TVG, formando parte amais da compañía Berrobambán. As mulleres están no punto de mira das historias que vai relatar, e coas que percorrerá o mundo dende Galicia, a China, Xapón, Islandia. Todas tiveron un papel relevante no seu tempo.
Mentres dende Zamora chega Victoria Gullón para mesturar voz e canto en forma de romance. A súa proposta é mergullarnos no mundo da memoria e sacar del cousas esquecidas. As entradas poranse á venda ás 20h no despacho de billetes na Área Panorámica ao prezo de 3,5€ para adultos, 3€ con desconto, e 2,5€ para os menores de 14 anos.

jueves, octubre 02, 2008

Limpeza simultánea de ríos en 22 concellos de Galiza

Este sábado día 4 de outubro terá lugar unha limpeza simultánea en 22 concellos de Galiza. A limpeza desenvolverase en colaboración con entidades e concellos que participan no Proxecto Ríos. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos quérese concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar carteis divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.
Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes.Este é o primeiro ano que o Proxecto Ríos coordina unha actividade de limpeza de ríos que continuará nos vindeiros anos con esta actuación aumentando os grupos e zonas nas que se realice a limpeza.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.
Estes son os coordinadores dos concellos de O Porriño e Salceda:

PORRIÑO
Paula Domínguez
658 943 491

SALCEDA DE CASELAS: Asociación Trezecatorze
Fran Rei
615 421 199

miércoles, octubre 01, 2008

Este venres Sarabela Teatro en Tui

A compañía ourensá Sarabela Teatro presenta este venres en Tui a súa montaxe “Cristovo e o libro das Marabillas”. Trátase dun espectáculo cheo de imaxinación, que fará sorrir ao público e gozar co seu son. A cita é o venres ás 20h no Teatro Municipal.
Con esta obra Sarabela volve atoparse co seu público máis novo. A obra foi creada e está dirixida por Fina Calleja que botou man das figuras de Cristóbal Colón e Marco Polo e das súas aventuras para levarnos por unha viaxe extraordinaria cara ao mundo do coñecemento. O pequeno Cristovo, un neno moi curioso, é o protagonista desta historia, que percorre grazas ao libro “Sofía e o libro das Marabillas”.
Sobre o escenario estarán Fernando Dacosta, Tito Asorey, Sabela Gago, Elena Seijo e a propia Fina Calleja. José Bayón e Rubén Dobaños son os manipuladores dos monicreques que aparecen en escena. Contan amais coa colaboración especial de Ánxeles Cuña.
“Cristovo e o libro das marabillas” é unha obra de teatro infantil dirixida a un público familiar a partir dos seis anos. Pequenos e maiores disfrutarán desta viaxe imaxinaria, chea de corido e sons.
As entradas poranse á venda ás 18.30h no despacho de billetes na Área Panorámica ao prezo de 3€ para adultos, 2,5€ con desconto, e 2€ para os menores de 14 anos.

jueves, septiembre 25, 2008

I Marcha de Montaña Raíña Aragonta

O Clube Ciclista Aragonta de Salceda organiza para o vindeiro domingo a I Marcha de Montaña Raíña Aragonta. Trátase dun circuito de 33 km. polos montes dos arredores de Salceda. A saída será ás 9:30 na Praza do Concello. Máis información na web do Clube Ciclista Aragonta.

miércoles, septiembre 24, 2008

Este venres María do Ceo en Tui

Este venres comeza a programación de outono no Teatro Municipal de Tui, que ofrecerá dez espectáculos de aquí a finais de ano baixo a organización da Concellería de Cultura.
A cita deste venres é musical co concerto que ofrecerá a cantante María do Ceo, que chega Tui no programa Vai de Camiño da Consellería de Innovación e Industria ao través do Xacobeo. Este evento musical comezará ás 22.30h no Teatro Municipal. A entrada é gratuíta, debendo retirarse dende ás 21h na billeteira na propia Área Panorámica.
María do Ceo fará en Tui un percorrido musical pola súa discografía presentando amais os temas do seu último traballo “No bico un cantar”. Trátase dun disco de 17 cancións das 11 foron compostas pola propia artista baseándose en poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices, Xosé Luís Méndez Ferrín, Armando Gonzalez López e Serafín Marqués.
Pero no seu espectáculo non faltarán os fados, seguindo unha tradición que dende o berce lle transmitiu o seu pai.
Cunha sólida carreira internacional foi recoñecida e condecorada como embaixadora da cultura galega no mundo. En 2001 foi convidada para participar na primeira e gran homenaxe póstuma a Amalia Rodríguez, no Coliseo da Lisboa.
María do Ceo, cando canta transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa interprete de fado, envolvendo ao público nun ambiente máxico.

martes, septiembre 23, 2008

Outono de teatro 2008 de Salceda

A Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas, que dirixe Teresa Pérez, ven de presentaou a pasada semana o "Outono de teatro 2008", que se celebrará dende o sábado 20 de setembro ata o 2 de novembro, nas instalacións do Auditorio Municipal. Un total de sete obras pasarán polo auditorio salcedense, pasando polos estilos máis variados, dende a comedia ata o teatro para nenos. Como novidade, nesta edición a Aula Municipal de Teatro do propio Concello de Salceda será a encargada de abrir e pechar o ciclo. Así, os máis pequenos súbense mañá ao escenario coa montaxe ¡¡Non...Non...Non...!!, unha montaxe estreada este verán e que serviu para a reflexión dos maiores sobre o mundo que estemos a deixar para os nosos fillos. Pola súa banda, os adultos serán os encargados de pechar o cilo o vindeiro 2 de novembro coa obra "O soño dunha noite de San Xoán".
O ciclo está patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, e conta coa organización do grupo de teatro Atrezzo. Con el, dende a Concellaría de Cultura quérese dar resposta a unha grande parte das veciñas e veciños salcedenses, afecionados ao mundo do teatro, e que piden este tipo de espectáculos. O programa é o seguinte:
20.09 ás 21:00 Aula Municipal de de Teatro Infantil do Concello de Salceda coa obra ¡¡Non...Non...Non!!
27.09 ás 21:00 Carfax coa obra "O cuarto do príncipe"
11.10 ás 21:00 Atrezzo coa obra "A voda"
19.10 ás 17:30 Achádego coa obra "O libro de ler"
26.10 ás 17:30 Casahamlet coa obra "Remoldiño vai á feira"
02.11 ás 17:30 Aula Municipal de Teatro de Salceda coa obra "O soño dunha noite de San Xoán".

Por outra banda, está xa aberto o prazo de matrícula para o novo curso da Aula Municipal de Teatro de Salceda. Todos os interesados en participar neste novo curso poden informarse na OMIX do Concello ou directamente na Concellaría de Cultura. Este será o terceiro ano en que se poña en marcha este proxecto, que cada ano conta con máis alumnas e alumnos. As montaxes realizadas conseguen sempre unha grandísima sistencia de público, sendo un dos eventos que consegue atraer a máis xente.

jueves, septiembre 18, 2008

Vídeo da Festa dos Callos de Salceda

Navegando pola rede atopamos este video recopilatorio do que foi a XVI Festa dos Callos de Salceda, con especial protagonismo da charanga NBA.

martes, septiembre 16, 2008

Web do Arquivo Municipal da Imaxe de O Porriño

Se no anterior artigo dabámoslle un pequeno tirón de ourellas ao Concello de O Porriño, e a algún máis da bisbarra, polo nulo apoio que lle están dando a internet, neste caso non queda outra que darlle a máis sincera noraboa pola posta en marcha da web do Arquivo Municipal da Imaxe. Trátase dunha estupenda web onde se poden ollar todo tipo de fotografías antigas da vila de O Porriño e as súas xentes, perfectamente organizadas, con deseño case impecable e co máis importante, con afán de seguir medrando gracias as aportacións dos veciñ@s e visitantes a web. Agora só queda que poñan en marcha, e con contidos útiles para os veciñ@s, a web oficial do concello.

sábado, septiembre 13, 2008

Festas do Cristo 2008 no Porriño

Hoxe sábado celebrase no Porriño o IX Festival Intercontracultura, festival grafiteiro e de hip-hop dentro dos actos previstos para as festas do Cristo 2008. A programación oficial, que xa escomenzou o venres 5 de setembro, esta aloxada no blog da Peneira da Louriña, xa que o concello de O Porriño, a estas alturas de século XXI, non dispón de ningunha web oficial actualizada, o mesmo acontece no Concello de Mos. Un destes días faremos un pequeno repaso de como está situación de internet na nosa bisbarra, que xa vos adianto que é bastante penosa, como moitos teredes comprobado.

viernes, septiembre 12, 2008

"Todos contra o Alzeheimer" en Salceda

O Coro Polifónico de Entenza presentou en rolda de prensa no Concello de Salceda de Caselas o Festival Benéfico “Todos contra o alzheimer”. Nesta rolda de prensa estiveron presentes o Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, o Presidente do Coro Polifónico de Entenza, Juan Manuel Martinez, o Presidente da Federación Galega de Familiares de Enfermos de Alzheimer e presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, a Concelleira de Benestar Social, Mónica Vizcaya, a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez e o Director do Coro Polifonico de Entenza, Javier Alonso. Con este Festival o Coro pretende recadar fondos para a Asociación AFAGA, que presta servizos de atención e información a familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias. Segundo o presidente desta asociación os fondos recaudados serán para programas que están desenvolvendo de axuda tanto ós enfermos como os familiares. O alcalde de Salceda agradeceu ó Coro Polifónico a súa implicación neste tipo de actos que considera moi importantes e quixo resaltar a actividade cultural continua deste grupo. Ademáis quixo facer un chamamento á cidadania para que participe neste acto e “así entre todos podamos contribuir á mellora de calidade de vida dos enfermos e os seus familiares”. Pola súa parte o Presidente do Coro agradeceu ós organismos, casas colaboradoras e grupos paticipantes que “lles boten unha man con esta causa solidaria”. Pola súa parte a Concelleira de Benestar Social, Mónica Vizcaya felicitou ós organizadores deste evento e afirmou que dende a súa concellaría estase traballando en programas tanto para evitar a dependencia como para mellorar e previr este tipo de enfermidades.
Os actos para o sábado 13 de setembro, comezarán ás 19:00 horas con xogos para nenos na praza do Concello para que a continuación, ás 21:00 horas de comezo ó Festival no auditorio municipal cos grupos Coro Polifónico de Entenza, Donicelas, Banda de Música Xuvenil de Salceda e o Grupo folclorico Inquedanzas de Tui. O prezo da entrada será de 2,50 € para adultos e de 1,50 € para os nenos de entre 7 e 14 anos

sábado, septiembre 06, 2008

I Serán Carballeira na Picoña

A Asociación de veciños Carballeira de Picoña (Salceda de Caselas) celebrará o vindeiro 27 de setembro o primeiro serán, no que ademáis de música e baile haberá chourizo e viño tinto para tódolos participantes. Este é o seu cartel anunciador.

martes, septiembre 02, 2008

XVI Festa dos Callos en Salceda

Este domingo terá lugar unha nova edición da Festa dos Callos de Salceda. A organización agarda superar as 15.000 racións servidas na última edición. A programación complétase con distintas actividades durante todo o fin de semana. Este é o seu cartel anunciador.

jueves, agosto 21, 2008

Rocha Rock 2008

Mañán venres celebrarase unha nova edición do festival de música Rocha Rock que sirve de pistoletazo de saída as Festas da Rocha. Este ano a intención é que actúen grupo máis consolidados que en anteriores edicións. Estes son os grupos que actuarán mañán de noite na Ribeira de Caldelas:
SUGARMOUNTAIN
MOON CRESTA
FISHFUCKERS
SR. ACASO

lunes, agosto 18, 2008

Trunfo apretado de Merchán e Fernández Fiuza

O piragüista zamorano Emilio Merchán e o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza foron os gañadores da 35ª edición do Descenso Internacional do Miño. Nun apretado sprint impuxéronse aos arxentinos Martín Mozzicafredo e Néstor Aldo, terceiros foron os tudenses Iván Alonso e Roberto Rodríguez, gañadores da pasada edición. Numeroso público achegouse ata a beira do Miño para presenciar a evolución dos máis de 500 palistas que participaron na proba. No seguinte video resumen podes ver o apretado sprint con que se resolveu a proba.

martes, agosto 12, 2008

37 Descenso Internacional do Miño

O vindeiro sábado día 16 terá lugar a 37ª edición do Descenso do Miño. A saída será as 18:00 dende a Salvaterra do Miño e a chegada na Ponte Internacional de Tui. O domingo 17,ás 11:30 horas da mañán terá lugar a XIII Copa Presidente da Xunta de K-4 e C-4 con saída e chegada na Ponte Internacional de Tui.

jueves, agosto 07, 2008

Cine e música para este venres en Tui

A Praza de San Fernando acollerá, mañá venres, ás 22.30h, unha nova sesión de cinema dentro do Verán Cultural de Tui. Proxéctase “Locos por el surf”, unha divertida e simpática película protagonizada por un pingüino surfeiro que deixa o Frio de Janeiro para participar nunha competición deste deporte.

Por outra banda, ás 23:00 horas, no aparcadoiro da Área Panorámica terá lugar a primeira das semifinais do Certame Nsaio no Camiño. Os primeiros en subir ao escenario serán os tres finalistas da categoría pop: Supersound, Snatch e Maryland. Pero tamén actuará, á unha da madrugada, o grupo galego Deluxe que ofrecerá os seus temas ao público tudense.

domingo, agosto 03, 2008

Semana musical de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas vai ser o lugar de encontro para perfeccionar e escoitar boa música dende o 4 ó 9 de agosto. Así o manifestaron Santiago Lorenzo, Secretario da Asociación Amigos da Música, Marcos Besada e Teresa Pérez, Alcade e Concelleira de Cultura de Salceda respectivamente, nunha rolda de prensa que tivo lugar o luns 28 na que se presentaba a IV Semana Musical de Salceda.
Santiago Lorenzo explicou os pormenores tanto do curso como das actuacións complementarias que terán lugar esa semana tanto no Auditorio Municipal como na Praza do Concello. Quixo destacar que o 70% dos alumnos inscritos no curso proveñen de fora de Galicia, incluso van chegar algúns dende Venezuela o que da conta do prestixio e calidade deste evento. A maioria veñen a perfeccionar o seu instrumento logo de acabar os seus estudos en conservatorio. O número de alunnos ronda os 90 e aloxaranse nun albergue preparado para tal fín no Ximnasio do Colexio Altamira. Por outro lado, “este ano, para as actuacións musicais, complementarias, apostouse por distintos tipos de música, como o jazz e o folk, ademáis dos mestres que darán conta da súa calidade en directo”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, sinalou que o Concello apoia firmemente este proxecto porque cunpre tres obxetivos fundamentais: a difusión cultural e musical, o apoio a actividades para a xuventude que formen e complemente o horario extraescolar e a proxección do Concello a nivel turístico do que se beneficia o sector hoteleiro. “Este é un proxecto central na área de cultura e quero destacar tanto a labor fundamental da Asociación Amigos Da Música, xa que fai que máis de 200 rapaces aprendan música nas súas instalacións como por outra banda o compromiso e apoio financieiro da Xunta de Galicia, entidades financieiras e empresas privadas do entorno sen as que non sería posible este gran evento.
Os prestixiosos mestres dos distintos instrumentos provintes de EEUU, Holanda e España serán os seguintes:
TUBA: Gene Pokorny -Tuba principal da Chicago Symphony Orchestra (EEUU)
TROMBÓN: James Markey -Trombón da New York Philharmonic (EEUU)
TROMPETA: Mark Ridenour - Trompeta principal da Chicago Symphony Orchestra (EEUU)
CLARINETE: Vicente Alberola - Clarinete Principal da Orquesta Simponica de Madrid
DIRECCIÓN DE BANDA: Jose Rafael Pascual-Vilaplana - Director da Orquesta Sinfónica de Albacete
MASTER-CLASS PARA GRUPOS DE CAMARA -A cargo do grupo de trombóns New Trombone Collective de Holanda.
O programa das actuacións é o seguinte:
Martes, 5: Grupo de Trombóns New Trombone Collective
Mércores, 6: James Markey, Trombón baixo da New York Philarmonic.
Xoves, 7: Mark Ridenour, Trompeta Solista da Chicago Symphony Orchestra
Venres, 8: Gene Pokorny, Tuba principal da Chicago Symphony Orchestra
Noite de Jazz na Praza do Concello con Xan Campos Quinteto
Sábado, 9: Banda de Música Cultural de Salceda dirixida por José R. Pascual Vilaplana, Director da Orquesta Sinfónica de Albacete.Grupos de instrumentos formados polos alumnos do curso.
Noite galega coa actuación do grupo folk Mutenrohi na praza do concello
Os concertos dos profesores estarán acompañados polo pianista Alejo Amoedo

jueves, julio 17, 2008

Actividades culturais para a fin de semana en Tui

Mañá venres, ás 22.30h, na Praza de San Fernando proxección da película “Bee Movie”. Trátase dun film da factoria Dreamworks na que se mestura humor e acción.
O sábado dende ás 16h vaise celebrar no Teatro Municipal o Concurso de Bandas de Música da Zona Sur de Pontevedra organizado pola Deputación Provincial. Participarán a Banda de Música Cultural de Mondaroz, a Banda de Música Municipal de Arbo, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, a Banda de Música Xuvenil de Torroso, a Banda de Música Popular de Rubiós, a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, A agrupación Musical do Rosal e a Agrupación Musical de Vincios. Cada unha delas interpretará dúas pezas. Coma agrupación convidada e fóra de concurso actuará a Odaiko Percussion Group.
Por último o domingo o Teatro Municipal acollerá ás dez da noite o concerto de C.J. Chenier e a Red Hot Lousiana Band. As entradas están xa á venda ao prezo único de 3€ en servinova.com, ou o domingo pódense adquirir dende ás 19.30h na billeteira do Teatro. Este concerto chega a Tui grazas a Caixanova en colaboración co Concello de Tui. Clayton Joseph Chenier é na actualidade o “mellor cantante e acordeonista de Zydeco, estilo no que se mestura a cultura tradicional francesa e africana”. A súa principal influencia vén do seu pai que era considerado o Rei do Zydeco, a morte deste comezou a dirixir a Red Hot Lousiana Band, coa que ten gravados numerosos albumes. Tocou con Paul Simon e Ringo Star e moitos comparan a súa forza coa de James Brown. O seu primeiro disco “Too Much Fun” do ano 1994 foi disco do ano para a revista Living Blues. Participa en festivais de Jazz e da concertos multitudinarios. No seu curriculo musical destacan dous premios o Living Blues Critics’ Poll Award e o AFIM Indie Award for Best Zydec Album.O furacán Katrina que destrozou boa parte de Nova Orleáns inspirou gran parte do material do seu album “The Desperate Kingdown fo love”. No concerto deste domingo ofrecerá o seu mellor directo enganchando ao público ao seu son pegadizo e alegre.

jueves, julio 10, 2008

Mañán proxéctase Pradolongo en Tui

Mañá venres, 11 de xullo, ten lugar a primeira das proxeccións de cinema do Verán Cultural de Tui que organiza a Concellería de Cultura de Tui. A cita será na Praza de San Fernando ás 22.30h coa película galega “Pradolongo”. Esté film está dirixido por Ignacio Villar e protagonizado por Rubén Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto, Mela Casal e Gonzalo Rei Chao. Reflicte a historia de tres amigos da infancia Raquel, Martiño e Armando, que ven deteriorada a súa amizade a medida que crecen ao interporse entre eles o amor e os sentimentos de clase. A película dende a súa estrea tivo un notable éxito na billeteira dos cinemas galegos.En caso de choiva a película proxectarase no Teatro Municipal, debendo retirar entrada de xeito gratuíto dende ás 22h.

martes, julio 08, 2008

Exitos deportivos

Cando o fútbol pasar a se-lo protagonista eclipsa a calquer outra nova. Iso é o que está pasando dende hai un par de semanas. A selección española proclamouse campiona de Europa e xa non se falou doutros éxitos deportivos que tiveron ese mesmo fin de semana protagonizados por ciclistas de Mos. Por exemplo Oscar Pereiro, ese mesmo domingo, conquistaba a medalla de bronce no campionato de España de ciclismo en ruta; e ese mesmo fin de semana outro ciclista de Mos, David Rodríguez, conquistaba a medalla de prata no campionato de España de BTT na categoría master 30. Pero para que vexades que non teño nada contra o fútbol aquí vos deixo este vídeo resumen que amosa como celebrou a xente en Tui o trunfo da selección española de futbol.

viernes, julio 04, 2008

Charla sobre o Banco de Terras en Salceda

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de crear o Banco de Terras, para tentar de mobilizar terras agrarias mediante aluguer. Trátase, polo tanto, de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandonadas ou improdutivas. Un banco público, onde calquera persoa pode inscribir - de xeito voluntario- as súas fincas, para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de cinco anos. Un banco público onde aquelas persoas que se dediquen a agricultura poidan arrendar fincas, sabendo en todo momento cales están dispoñibles, a que prezo e en que condicións. Uns prezos de referencia que resulten interesantes para os propietarios e agricultores, que fixará e actualizará cada ano a Xunta de Galicia, coa participación das institucións, organizacións sindicais agrarias e cooperativas. Un Banco de Terras que lles garanta ao propietario o cobro da renda de aluguer e a devolución da finca nas mesmas condicións de uso cando remate o período de arrendamento.
Para explicar como vai funcionar o arrendamento de terras o próximo día 21 de agosto as 20:30 horas terá lugar no Centro de Experimentación Agraria do Baixo Miño en Entenza (Salceda de Caselas) unha CHARLA INFORMATIVA SOBRE O BANCO DE TERRAS DE GALICIA.

jueves, julio 03, 2008

Chega a Tui o III Festival Via Stellae

O III Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, Via Stellae, regresa de novo este ano a Tui con dous novos concertos que se van celebrar na Igrexa de Santo Domingo. Tui volve ter presenza destacada neste evento como punto de partida do Camiño Portugués a Santiago. O primeiro dos concertos terá lugar este sábado, 5 de xullo, ás 21h, na Igrexa de Santo Domingo a cargo de Amandine Beyer e Gli Incogniti. Ofrecerán “O teatro do tempo: As catro estacións e outros Concertos de Vivaldi”.
A segunda cita musical será o sábado 12 ás 21h con Martín Oro e Mónica Pustilnik. Estes dous concerto abre a súa vez a Programación de Verán que organiza a Concellería de Cultura de Tui, e que será presentada na súa integridade a finais da próxima semana.
Amandine Beyer e Gli Incogniti
A violista francesa Amandine Beyer logo de tocar cos máis prestixiosos grupos de música antiga decidiu crear o seu propio proxecto musical denominado Gli Incogniti. Afincada en Vigo dende hai uns anos, Amandine Beyer ofrece con este grupo a súa particular visión da música.
O concerto deste sábado está dedicado a Vilvadi que inclúe a súa obra máis famosas coma son “As catro estacións”. Precisamente esta obra xunto ao repertorio para violín deste compositor integrará o segundo disco do grupo que sairá á luz o próximo mes de setembro.

lunes, junio 30, 2008

jueves, junio 19, 2008

XV Aniversario da Radio Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui, na Área Panorámica, acolle este venres, 20 de xuño, ás 21h, o acto central da celebración do XV Aniversario da Radio Municipal de Tui, RMT.
Máis dun centenar de colaboradores que ao longo destes anos teñen pasado pola RMT e a Televisión de Tui, volverán reunirse neste evento, para compartir e lembrar o seu paso por estes dous medios de comunicación. O acto contará cunha nutrida representación da sociedade tudense e das asociacións do municipio. As autoridades serán presididas polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha acompañado polos membros da corporación municipal. Neste evento contarase tamén coa presenza do Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro e o Secretario Xeral de EMUGA, Enrique Sanfiz.
No transcurso deste evento, que durará entorno a 45 minutos, proxectarse un vídeo con imaxes destes quince anos tanto da Radio como da Televisión, repasando algúns dos programas emitidos, e a historia deste tempo de comunicación.
O Cuarteto Caramuxo, integrado por Fernando Abreu, Felipe González, Óscar Prieto, Juan Carlos Vázquez, Alonso Caxade e Patricia Cela, ofrecerá un pequeno concerto.
E na quenda de intervencións tomarán a palabra o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Decano do Colexio de Xornalistas, Xosé Manuel Pereiro, o Secretario Xeral de EMUGA, Enrique Sanfiz, e o Director da RTMT, Jose A. Font.
O acto será aberto ao público en xeral até completar o aforamento do Teatro Municipal.

miércoles, junio 18, 2008

Problemas cun tranformador en Salceda

Parece que os veciños dun edificio de Salceda de Caselas teñen problemas cun transformador que se atopa no baixo do inmoble. Esta é a noticia que deron na Galega:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

martes, junio 10, 2008

Grupo Inquedanzas de Pazos de Reis

O pasado sábado, aproveitando o bo tempo, achegámonos ata Pazos de Reis onde se celebraban as festas na honra de San Antón. Alí podemos asistir a actuación de grupos folclóricos de Portugal, Asturias e Galiza e entre eles estaban, como non, os organizadores, o grupo Inquedanzas de Pazos de Reis. Este vídeo é unha peza da súa actuación.

martes, junio 03, 2008

XV aniversario da Radio Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá mércores, ás 20.30h, unha conferencia a cargo da xornalista Ángeles Caso titulada “Las olvidadas. Una historia de mujeres creadoras”. Esta acto abre o programa de actividades de celebración do XV Aniversario da Radio Municipal de Tui. A conferencia chega a Tui no marco do ciclo “Periodismo siglo XXI” grazas a colaboración entre Caixanova e o Concello de Tui.
Ángeles Caso fixo xornalismo escrito, radiofónico e televisivo, presentando os informativos da TVE. Traballou posteriormente en institucións coma a Fundación Príncipe de Asturias. Realiza tamén unha inxente produción literaria sendo finalista en 1994 do Premio Planeta con “El peso de las sombras” e en 2000 gañou o premio Fernando Lara de novela con “Un largo silencio”.
Na conferencia que ofrecerá o mércores en Tui abordará a vida dun grupo de mulleres que escaparon ás normas e trataron de desenvolver a intelixencia e o talento. Mulleres creadoras e sabias, escritoras, artistas ou compositoras, coma Hildegarda de Bingen, conselleira de papas e emperadores, Cristina de Pisan, cronista da historia de Francia, Beatriz Galindo, preceptora de latín de Isabel a Católica, Sofonisba Anguissola, retratista na corte de Felipe II ou María de Zayas, novelista de éxito no Século de Ouro, entre outras. Pero a historia borrounas dos seus índices postergándoas de novo no silencio do que elas tentaran fuxir.
A entrada será libre até completar o aforamento.

martes, mayo 27, 2008

Festival de Cans 2008, fotos e vídeo

Hoxe presentámovos as poucas fotos e o único vídeo que o incidente do Apolo XIII nos deu tempo a facer nesta edición do Festival de Cans. Podedes ver tódalas fotos na sección Fotografías Valdolouro. De todas formas podedes ver toda a información do Festival na súa web oficial, que ademáis este ano estrearon blog, canal en youtube e páxina en myspace.

Actuación dos Cuchufellos
Chimpibús

Pepe Puime e o seu chimpibús

As dúas cousas máis coñecidas de Cans nunha soa foto


Actuación dos Cuchufellos

domingo, mayo 25, 2008

O Apolo XIII estrélase en Cans

Despois de asistir as 5 edicións do Festival de Cans e cando xa pensara que vira de todo e que nada me iba sorprender, este ano tocoume ser partícipe involuntario dunha actividade fora de programa "o aterraxe na leira", porque un chimpibus, xa bautizado polos pasaxeiros como Apolo XIII, quixo ser un protagonista máis desta edición e regalounos unha mágnifica viaxe, só de ida, polas leiras de Cans, volcado incluido. Afortunadamente non tivo máis consecuencias que unhas pequenas feridas e mazaduras varias e un bo susto para os viaxeiros e o piloto. Os supervivintes quedamos xa de vernos o vindeiro ano en Cans para lembrar semellante epopeia.
O único falecido en tan triste suceso foi a miña cámara "Suxi", que me acompañou estes últimos anos e que instantes antes de perde-la vida aínda tivo agallas de sacar a súa derradeira foto.

Segundos antes da aterraxe na leira da esquerda

Derradeira foto tomada por Suxi, décimas antes da aterraxe

Estado no que quedo o Apolo XIII despois da súa aterraxe
(foto de móvil)

O Apolo XIII é axudado pola xente a sair da leira
(foto de móvil)

jueves, mayo 22, 2008

O Centro Dramático Galego estrea en Tui "Estigma"

O Centro Dramático Galego inicia en Tui a xira do seu último espectáculo desta temporada “Estigma”. Será mañá venres ás 21h para o público en xeral.
“Estigma” é froito dun compromiso do CDG coa escrita galega cunha autoría residente, na que se están a realizar obradoiros de escrita dirixidos por Cándido Pazó. É unha aposta polas novas xeracións, dicía, dándolles oportunidades. Este espectáculo é froito do compromiso de escrita de Drama A3 integrado por Jacobo Paz, Vanesa Soutelo e Javier Ruibal, este último Premio Nacional de Literatura dramática en 2007. Igualmente apostouse por un elenco de actores novos que traballaron arredor do suspense.
En “Estigma” a acción transcorre nunha illa onde os personaxes están solos, e onde a soidade, as relacións, a violencia... se mesturan dando coma resultado unha obra divertida, doada de levar e con suspense o que resulta atractivo sobre todo para o público máis novo. Igualmente destacou a importancia do espazo sonoro e das proxeccións audiovisuais.
Xabier Deive, actor de “Estigma”, explica que a obra que “ten unha linguaxe agresiva, moita forza en escena en a que pasan cousas constantemente”. Explicaba ao tempo que funciona moi ben con público novo, engadindo que “o importante da peza son os climas que se xeran dentro, as esperas, as relacións entre os personaxes” polo que dicía “cada espectador pode sacar as súas conclusións”.
Clara Gayo, que forma tamén parte do reparto desta montaxe, explicou que este espectáculo brindou “a oportunidade de atoparse autores, directores e actores novos, con novas formas de traballar”. Ao tempo salientaba que na obra “é o tratamento das personaxes femininas onde se pode ver un exemplo de coma comezan a variar os roles da presenza feminina”.
“Estigma” está dirixida por Dani Salgado, e forman o elenco Anabel Gago, Clara Gayo, Xosé Manuel Esperante, Xabier Deive e Vicente de Souza. A representación para público en xeral terá lugar este venres, 23 de maio, ás 21h, no Teatro Municipal de Tui. As entradas poranse á venda ás 16.30h ao prezo de 5€, 4€ con desconto, e 3€ para os menores de 12 anos.

domingo, mayo 18, 2008

Colas para o Festival de Cans

Este venres puxéronse a venda as entradas para a 5ª edición do Festival de Cans. Como xa é costume houbo colas para poder consegui-las dúas entradas que só se podían mercar por persoa. Supoño que a esta hora xa estarán todas máis que vendidas e iso que este ano, por terceira vez, voltouse a ampliar a capacidade das salas, así que a afluencia de público está garantida. So falla que o Windgurú tamén nos acompañe.

viernes, mayo 16, 2008

XI Feira do Libro Galego en Tui

O Paseo da Corredoira, lugar onde naceu Xosé María Álvarez Blázquez, escritor a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, acolle este sábado 17 de Maio a XI Feira do Libro Galego organizada pola Concellería de Cultura de Tui coa colaboración das librarías Byblos, Iris e Valverde.
A inauguración terá lugar á 12 do mediodía a cargo da escritora e profesora Marga do Val. Ate ás 10 da noite haberá 24 postos de exposición e venda de libros galegos a cargo das librarías colaboradoras, no que terán presenza destacada os escritos por Xosé María Álvarez Blázquez. Haberá tamén un posto da Biblioteca Municipal informando sobre este servizo e outra da Radio Municipal que emitirá en directo pola mañá dende a Feira.
A longo do día desenvolverase un amplo programa de actividades de animación que comezarán pola mañá, trala inauguración cun recital de poesía de poemas de Álvarez Blázquez a cargo da Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño e outros escritores e poetas, e logo coa actuación do grupo folclórico “Xuntanza” de Randufe.
Pola tarde a actividade retomarase ás 16h con “O Contador”, trátase dun cubo de tres metros de lado, instalado en espazos públicos, Tui é unha das trinta localidades galegas onde esta presente, no que se elabora un conto colectivo. Partindo dun comezo provisto polo propio Contador, cada participante narra unha parte da historia coa única referencia do fragmento de relato inmediatamente anterior, o que pode dar lugar a derivacións máis ricas e divertidas. Co Contador, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende promover o uso da lingua galega nos lugares públicos, fomentar a creatividade e asociar o idioma propio do país ao uso das novas tecnoloxías, ademais de aproveitar a riqueza oral do idioma e o talento dos galegos e das galegas como contadores de historias. As historias estarán logo dispoñibles na web www.galegoelogo.com
A partir das 17h realizaranse visitas guiada ao Roteiro Xosé María Álvarez Blázquez que parte da casa natal na Corredoira para percorrer distintos lugares vinculados ao escritor homenaxeado este ano.
De 18 a 20h Troula Animación fará xogos populares cos máis pequenos en seis carpas cada unha delas dirixidas por un monitor e dedicada a un xogo como xogatira, carreira de sacos, xogos con paracaídas, diábolo, e zanco, e cun monitor responsable. Ás 18h actuará o grupo folclórico “O Mosteiro de Pexegueiro” e ás 20h haberá contos tradicionais con “Codia e Miolo”.

martes, mayo 06, 2008

Festa Trezecatorzeadora

A Asociación Trezecartoze, de recente fundación, formada por xovenes de Salceda e arredores organiza a festa Trezecatorzeadora, para darse a coñecer a tódala xente da bisbarra. Será este sábado día 10 de maio, no torreiro de festas de Santa María de Salceda, a partires das 16:30 horas. ¡Qué la fuerza del Windgurú os acompañe!

sábado, mayo 03, 2008

Marcha BTT do Faro de Budiño

Mañán domingo a partires das 9:30 da mañán terá lugar polos montes de Budiño (O Porriño) a VII de BTT. Para inscribirse haberá que estar polo menos media hora antes no recinto da Forna. Máis información na web da A.A.C.C. A Forna ou chamando ao teléfono 626 118 119

viernes, mayo 02, 2008

XII Feira de Artesanía en Tui

A Cidade de Tui vai celebrar na fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4, a XII Feira de Artesanía, una aposta consolidada pola promoción da artesanía galega nas súas diferentes facianas. A rúa Ordóñez, que estará debidamente decorada, será o lugar onde se desenvolva esta cita na que estarán presentes 36 postos de artesáns dos máis diversos sectores da madeira ao coiro pasando pola cerámica ou os instrumentos musicais. A moitos deles poderáselles ver traballar en directo os distintos materiais para conformar estas pezas de arte. A inauguración da feira terá lugar o sábado ás 12 do mediodía. Os postos permanecerán abertos tanto sábado coma domingo de 12 a 22h.De forma paralela a Concellería de Cultura programou unha serie de actividades. O sábado trala inauguración actuará o grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis, e pola tarde, de 17h a 20h haberá obradoiros para nenos con “Troula Animación”, actuando outro grupo folclórico ás 18h. O domingo ás 12h do mediodía actuará o grupo folclórico “San Fins” de Rebordáns e ás 18h o grupo “Seixos Albos” de Areas. Por último ás 19h poderase disfrutar do espectáculo de rúa “Unha de piratas”. A Feira de Artesanía conta coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño que levarán a cabo durante a fin de semana unha palillada na propia rúa Ordóñez.

Nova rota do Pincho coincidindo coa Feira de Artesanía
Por outra parte a Concellería de Comercio e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui volven colaborar esta fin de semana na organización dunha nova Rota do Pincho, tralo éxito acadado na primeira fin de semana de abril. Participan doce establecementos comerciais. Trátase de La Jamoneta na Avda. de Portugal, O Alboio na rúa Augusto Glez Besada, Don Sancho na rúa Colón, Santa Columba na rúa Foxo- Rosa Bahamonde, Café Bar Metro e Cafetería Monalisa na rúa Irmáns Maristas, Happy Pizza na rúa Ordóñez, Cafá Bar Scala na rúa Rosa Bahamonde, Viñoteca de García na rúa Seixas, La Gran Manzana no Paseo da Corredoira, o Novo Cabalo Furado na Praza do Concello e o Restaurante Val Remesal no Remesal.

Carpa do Mercado Solidario
Igualmente durante este fin de semana está na Praza da Inmaculada a carpa do Mercado Solidario do Centro San Xerome, a Asociación de Discapacitados Vontade e a Asociación Avelaíña con pezas feitas polos usuarios destes tres colectivos.

jueves, abril 24, 2008

Teatro de Ningures este venres en Tui

Un tema tan actual coma o da emigración e a inmigración é que aborda Teatro de Ningures na súa última montaxe “Emigrados”. Está baseada nunha creación conxunta de Xosé Manuel Pazos, Suso de Toro, Anxos Sumais, Sonia Torre e Cándido Pazó, que recibiu o Premio MAX 2008 ao mellor texto teatral en galego.A representación de “Emigrados” terá lugar este venres, 25 de abril, ás 21h no Teatro Municipal de Tui, dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura. As entradas poranse á venda ao prezo 4,5€, cos descontos habituais, a partir das 16.30h.Etelvino Vázquez é o director e dramaturgo de “Emigrados”, unha obra que nos achega unha historia múltiple de distintos autores, que nos ofrecen unha visión sobre a emigración e inmigración, retorno e desenraizamento, abordados dende o punto de vista actual pero sen esquecer que este é un fenómeno de seu dos galegos.Sobre o escenario sitúanse Sonia Rúa, Santiago Cortegoso, Mónica Camaño, Fran Paredes, Salvador del Río e Casilda García. A escenografía corresponde a Pablo Giráldez “Pastor”, o vestiario foi elaborado por Carlos Alonso e a música é de Anxo Graña.Teatro de Ningures fundouse en 1986 sendo na actualidade unha das compañías teatrais máis estables de Galicia. O equipo humano de “Teatro de Ningures” está formado por cinco actores, cinco actrices e dous técnicos que contan cun recoñecido prestixio, e para as distintas produción súmanse actores, técnicos e creadores de todo o país.

lunes, abril 21, 2008

Non se dan aclarado Puskiñas e Serxio

Este é un vídeo escrito, dirixido e realizado por un grupo de alumnos da ESO do colexio de Parderrubias en Salceda de Caselas para participar nun concurso da Xunta de Galicia contra o consumo de tabaco. Quizais nun tempo non moi afastdo os vexamos participando no Festival de Cans.

sábado, abril 19, 2008

martes, abril 15, 2008

Exposición de Juan Bellas en Tui

Mañá mércores ás oito da tarde será inaugurada na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica, unha exposición de pintura do artista Juan Bellas, na que recolle unha parte da súa produción artística dos últimos vinte cinco anos, e contará cunha sección especial dedicada a paisaxes tudenses. Juan Bellas iniciou a súa andaina pictórica no ano 1983 participando na VII Bienal de Arte da Deputación Provincial de Pontevedra, tras unha longa viaxe por diversos lugares de Europa onde achégase as técnicas artísticas do exterior. Boa parte dos seus óleos e acuarelas reflicten a paisaxe das Rías Baixas, especialmente o Val Miñor pois na parroquia de Chain (Gondomar) ten ubicado o seu estudio. Ten participado en numerosas exposición colectivas en España ou Francia, pero preferentemente realiza exposicións de carácter individual ao longo de toda a xeografía de Galicia. Agora achégase ata Tui, dende a veciña parroquia gondomareña de Chaín para amosar as súas paisaxes.

viernes, abril 11, 2008

jueves, abril 10, 2008

Doble sesión de teatro este fin de semana en Tui

Un elenco de oito actores galegos subiranse este venres e sábado ao escenario do Teatro Municipal de Tui para levar a escena unha comedia teatral dirixida por Cándido Pazó. “E ti, quen vés sendo” é o título do espectáculo que Talía Teatro achega a Tui con dobre función, o venres ás 21h e o sábado ás 20h dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura. As entradas poranse á venda o día da función dende ás 16.30h ao prezo xeral de 4,5€ ,habendo os descontos habituais. Cándido Pazó levou a clave actual o texto de “O Anfitrión” de Plauto, sendo autor e director de “E ti, quen vés sendo?”, na que narra a historia de dez indixentes que viven na rúa e queren montar unha obra de teatro, precisamente a de Plauto. Dan vida aos personaxes os actores Artur Trillo, Toño Casais, David Creus, Dani Trillo, Marta Ríos, Rosi Barcala, María Ordóñez, Diego Reu, Gustavo G. Dieste e Xurxo Barcala. Ao longo de 85 minutos, e cun “lío amoroso” de fondo, trátase de demostrar que un é un mesmo cando é suplantado por outra persoa idéntica.Talía Teatro naceu en 1988 en Cee como grupo de teatro afeccionado, dando o salto á profesionalidade en 1996 ante a evolución da compañía, o éxito de crítica e os premios acadados até entón.

Cinco anos de Teatro en Tui

Precisamente a representación desta fin de semana coincide co quinto aniversario do Teatro Municipal de Tui, xa que esta infraestrutura cultural estreouse o 11 de abril de 2003. Neste tempo teñen pasado polo Teatro 105 mil usuario se 400 actividades. Nestes cinco anos o Teatro é un espazo plenamente consolidado que ten acadado unha magnífica resposta do público. Así o demostran os datos da Rede Galega de Teatros e Auditorios referidos a 2007 onde Tui ocupa o segundo lugar en número de espectadores de media por función, logo de Vigo.