viernes, diciembre 28, 2007

Galiza-Camerún

Onte puidemos asistir o encontro da selección galega en Balaídos. Foi toda unha festa, a pesares da espera de hora e media para que escomenzara o partido e a pesares tamén de que Caixanova cobre unha comisión por mercar a entrada anticipadamente por internet, debe ser das poucas empresas, xunto coa venda de entradas para o cine, que ademáis de adiantarlles os cartos, mercando anticipadamente, e reducirlles o persoal de taquilla van e aínda nos cobran máis. Se tódalas empresas fixeran igual o uso de internet para mercar, tiña os días contados. Supoño que iso non será "fresh banking".
Estes son uns vídeos do máis interesante que ollamos por Balaídos.

Himno galego en Balaídos


Falta que orixinou o penalti a prol de Galiza


Gol de Galiza


Gol a prol de Camerún

martes, diciembre 25, 2007

Cogumelos

Aínda que este ano non foi un bo ano para os cogumelos, dando un paseo hai uns días atopei esta sorprendente imaxen. Trátase dunha impresionante mata de cogumelos que sairon da madeira dun sobreiro seco que se atopa na Capela da Ascensión en Entenza (Salceda de Caselas). Lástima que non fosen comestibles.




lunes, diciembre 24, 2007

Bo Nadal

Hoxe presentámovos este vídeo que aínda que non é unha panxoliña, ben merece a pena. Trátase do vídeo da Señora Carmén, esta mosense octoxenaria, quen ven de grabar, este ano, o seu primeiro disco. Que este exemplo nos sirva a todos para que este 2008 fíxémonos obxetivos moi ambiciosos que con forza de vontade todo se pode conseguir. Bo Nadal e próspero e feliz ano 2008.

viernes, diciembre 21, 2007

Eu tamén son dos Reis Magos

Como cada ano por estas datas, ademáis do sorteo de nadal, a mensaxe do Rei e as papadas "multicolesterólicas", volta o eterno debate Papa Noel ou Reis Magos. Parece que este ano os Reis Magos están recuperando posicións nos balcóns de Galicia e o que non cabe dúbida e que levan algo de dianteira na internet, onde xa teñen portal de apoio e ademáis sacaron este simpático rap.

martes, diciembre 11, 2007

A 4ª edición de Play-Doc, xa está en marcha

608 foi o número exacto de documentais que se presentaron á preselección para a cuarta edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar na localidade pontevedresa en marzo de 2008.

Case 100 traballos máis que o ano anterior e a participación de novos países como Grecia, Belice, Camboia ou Namibia son as notas relevantes desta nova convocatoria que bateu de novo o seu record de participación con obras de 56 nacionalidades pertencentes aos 5 continentes.

Unha vez máis, a maior presenza segue sendo a europea, España, Francia, Alemaña, Bélxica e Países Baixos son os países desde os que máis traballos se recibiron, sendo tamén notable a chegada de cintas provenientes de Europa do Leste, como Eslovaquia, Serbia, Croacia, República Checa, Rusia ou Polonia.

Tamén destaca a alta participación de obras producidas en Canadá, México e Israel, e por suposto a do país veciño, Portugal. Así mesmo cabe resaltar o gran número de películas documentais producidas na nosa comunidade que este ano supera a trintena.

A magnífica resposta obtida nesta nova convocatoria pon de manifesto o auxe do festival tudense e a súa gran transcendencia máis aló do ámbito local. Play-Doc continúa en plena efervescencia e promete para a súa edición do 2008 unha interesante programación de cine de non ficción cunha ampla variedade de contidos e unha gran riqueza cultural.