domingo, abril 29, 2007

Festa da Lamprea en Arbo

Este sábado achegámonos ata Arbo para degustar a súa famosa lamprea. A verdade e que estaba moi boa en tódalas variedades que servían, rechea, con arroz ou en empanada. Durante a tarde, chegou un grupo de rapaces que facían unha exhibición espectácular de "capoeira", pero a sorpresa de verdade deuna un espóntaneo, que sen dúbida animado polos bos viños da zona, decidiu darnos tamen a súa propia exhibición, non sei se de capoeira, break-dance ou algunha arte marcial nova. Atención a parte esquerda do video.

lunes, abril 23, 2007

Nova web do Concello de O Porriño

Votando unha ollada a un especial de La Voz de Galicia sobre o Concello de O Porriño, enteramonos dun par de cousas interesantes. A primeira é que O Porriño é, por detrás de Ames, o segundo concello máis xoven de Galiza, cun 21% da súa poboación menor de 20 anos; a segunda cousa do que nos enteramos é que o Concello de O Porriño ten unha nova web oficial, a súa dirección é http://www.concellodoporriño.net. De momento ten poucos contidos, esperemos que co tempo podamos darlle máis uso e non pase coma co anterior intento.

viernes, abril 20, 2007

Festas de San Telmo 2007 (Tui)

Este pasado luns remataron as festas de San Telmo 2007. Foron máis ou menos coma outros anos, co seu meixón cada vez máis escaso, coa súa feira dos cabalos, coa súa procesión chea de santos e autoridades, etc, pero hai unha cousa que xa non é o que era; estou falando da FAIM, unha feira que era sen dúbida unha marca de calidade das festas de San Telmo e que xa fai uns anos non e máis que 4 tractores aparcados e uns postos de ventas de embutidos e productos semellantes, e aínda por riba cobran por entrar. Creo que a súa organización corre a cargo da Cámara de Comercio, pero o concello como máximo responsable non debía permitir esta deixadez. Pouco a pouco, as cousas que distinguian a Tui de outros concellos, como é a FAIM ou a Zona Monumental, estanse perdendo. Por certo, ¿alguén sabe para que sirven as Cámaras de Comercio?

Presentamosvos uns vídeos da despedida das bandas de música que participaron na procesión de San Telmo.

Banda da Infantería de Mariña


Banda de Música Popular de Tui


Banda da Brilat

miércoles, abril 11, 2007

O alcalde de Salceda deu explicacións

Onte o alcalde de Salceda compareceu en rolda de prensa para dar a súa versión do caso de corrupción urbanística de que se lle acusa. Entre outras cousas "Chicho" dixo que era socio da promotora Viviendas Caselas S.L. a pesares de que recoñeceu que quizais no fose moi ético, pero si legal. Resumindo un pouco o caso coma o faría o profesor Adrían Paenza, de cada 100 vivendas construidas en Salceda nos últimos 10 anos a promotora do alcalde construiu 23.

Así reflexou a prensa a noticia:
-O alcalde de Salceda defende a legalidade do expediente do edificio de Rosalía de Castro 19 e asegura que actuará "con contundencia" en canto se pronuncien os técnicos. (VigoMetroplitano.com)

-El alcalde de Salceda se mantendrá como promotor, pese a verlo "inconveniente". (Faro de Vigo)

-El alcalde de Salceda admite que "quizá no sea ético" su negocio inmobiliario. (El Pais)

martes, abril 10, 2007

San Telmo non era santo

Durante esta semán e ata o vindeiro luns celébrase en Tui as festas de San Telmo ou do Beato Telmo ou como queira que se diga, porque resulta que agora nos enteramos que San Telmo aínda non é santo e que queren por en marcha outra vez o proceso de canonización. Para iso teñen que presentar unha miragre que se produxera por intercesión de San Telmo, non sei se Rocha incorporará coma miragre a súa exculpación de certos casos de corrupción urbanística dos que estaba acusado, aínda que sin duda sería digno de ser declarado miragre a construcción do hipódromo que prometeu cando se presentou de independiente ¿usará Diz Guedes a mesma maqueta este ano?

Páxina oficial das festas de San Telmo

domingo, abril 08, 2007

Tempo de roscas

Hoxe, ademáis de Domingo de Pascua, e tamén o día en que os afillados van a buscar a rosca a casa dos seus padriños. Esta é unha tradición moi localizada na nosa comarca, non hai moitos sitios de Galiza, e xa non digamos de España, que tamén teñan esta tradición. Pero igual que sucede no Nadal as nosas tradicións estanse perdendo e adoptamos outras de outros lares, tales coma huevos, casiñas, coellos e demáis chirimboladas de chocolate. Dende eiquí queremos facer una chamamento aos padriños e madriñas de Valdolouro, para que continuen regalando roscas aos seus afillados.

jueves, abril 05, 2007

Así é o noso planeta

A veces se reducimos os macrodatos que nos dan certos organismos, ou os medios de comunicación, é máis fácil para nós a súa interpretación. Esté é un exemplo verídico sacado dunha publicación da ONU de Agosto de 1996.

Se encolleramos toda a población do mundo hasta un pobo de 100 persoas, mantendo as proporcións actuais obteríamos os seguintes datos:
-Habería 57 asiáticos, 21 europeos, 14 americanos e 8 africanos.
-70 serían non blancos e 30 blancos.
-70 serían non cristiáns e 30 cristiáns.
-O 50% da riqueza de todo o planeta estarían en mans de 6 persoas. Os 6 serían ciudadáns dos EEUU.
-70 serían analfabetos.
-50 sufrirían malnutrición.
-80 habitarían en vivendas de construcción precaria.
-Só 1 tería educación de nivel universitario.

¿A qué esta non era a idea que temos do noso planeta?

Este texto está quitado do libro "Matemática...¿estás ahí?" do profesor arxentino Adrían Paenza. Un libro totalmente recomendable para todos os que sinten algunha curiosidade co mundo dos números pero cunha linguaxe moi popular. Ademáis de mercalo en calquer librería, tamén podedes baixalo gratuitamente da rede, e de maneira legal. O seu autor colgou unha versión gratuita na rede para uso particular, él di que prefere que o lea moita xente a que só o merquen un número máis pequeno de persoas. ¿Non pensades que algúns deberían tomar boa nota?