sábado, diciembre 23, 2006

Bo Nadal e que perduren as tradicións

Nestas datas que todo son bos desexos, eu tamén quero desexarvos a todos un bo nadal e un próspero ano, e revindicar dende estas páxinas o bacalao con coliflor e a festa de Reis que con tanto "cordero lechal" e "papá noeles" estamos perdendo as nosas tradicións. Xa nin falar de ler a témporas, unha tradición que de pequeno facíamos en noiteboa na casa de meus avós e que agora nadie lembra, o mesmo que ir a cantar os reis, serán cousas do progreso. Eu de momento pedinlle unha nova cámara de fotos aos reis, que a miña xa finou e agora teño que sacalas con cámaras prestadas, algo é algo. As seguintes están tomadas en Entenza polos arredores do Espicho do Faro.




miércoles, diciembre 06, 2006

Historia y vivencias de Caldelas de Tui


Este é o título do libro que publicou recentemente un veciño de Caldelas, José Benito Diz. Nel fai un repaso pola historia e anécdotas de Caldelas de Tui, así como unha selección de fotos históricas. Foi o froito dunha longa investigación por archivos históricos e entrevistas con persoaxes con moita historia, coma a señora Palmira, que con máis de 100 anos, amósanos tódolos anos nas festas da Rocha, da boa saude, física e mental, da que goza. O libro pódese mercar no Balneario de Caldelas, na Copisteria Sernel de Salceda de Caselas ou falando directamente co seu autor. O prezo é de 10 euros co que o seu autor espera sufragar os gastos de edición. Podes ver máis fotos antigas de Caldelas facendo clik na imaxen ou na sección Fotografías Valdolouro.

miércoles, noviembre 22, 2006

X Festa dos Cogumelos de Entenza

A pasada fin de semán tivo lugar a X Festa dos cogumelos de Entenza. O sábado a tarde, a pesares das condicións atmosféricas, arredor de 50 persoas acudiron o casa cultural para a posterior saída ao monte en busca de cogumelos para a exposición. O domingo tivo lugar a degustación de cogumelos e champiñóns, preparados ao natural, con nata ou en empanada. Nos tamén acudimos e tomamos algunhas fotos para que poidades velas.

jueves, noviembre 16, 2006

Voltamos outra vez

Despois dun ano moi axetreado que nos impediu manter a páxina toda o actualizada que quixéramos, voltamos con máis ilusión que nunca. Este último mes estivemos na Arxentina, onde poidemos comprobar que, hai xente moi lonxe de eiquí que quere e se lembra desta Terra, moito máis que algúns de nós.Tamén tivemos tempo de coñecer a amigos como Horacio, bailarín da Agrupación Folklórica Baixo Miño, co que mantivemos unha conversa,breve pero intensa (xa quedamos citados para dentro de 2 anos en Galicia), lástima que non poidésemos asistir ao festival deste sábado.
Para esta fin de semán temos un par de notas na nosa axenda e as dúas para Salceda. Mañán venres 17, ás 7 da tarde terá lugar a inauguración da nova casa do concello de Salceda. O sábado 18 e domingo 19 terá lugar en Entenza a X Festa dos Cogumelos. O sábado ás 15:30 terá lugar a saida o monte e o domingo poderáse visitar a exposición dos cogumelos recollidos o día anterior e a partires das 11:30 da mañan e despois de que lea o pregón Rubén Cela Diez, Director Xeral de Mocidade, terá lugar a degustación popular de cogumelos. Os actos terán lugar na Casa Escola de Entenza, e están organizados pola Asociación de Xóvenes A Turonia.

miércoles, septiembre 20, 2006

Festas da Rocha 2006

Nestas semáns que non actualizamos a nosa páxina, sucederon moitas cousas na nosa zona. Pasaron a maior parte das festas da comarca, houbo unha oleada de incendios, unha epidemia de vodas e coma tódolos anos tamén fomos a comer a empanada a Rocha. Estas son algunhas fotos que por alí sacamos.

sábado, septiembre 16, 2006

Consulta-las versión anteriores de Valdolouro.com

Se queredes consulta-las versións anteriores de Valdolouro.com, podedes facelo nas seguintes direccións:
http://valdolouro.iespana.es (esta é a primeira versión de Valdolouro.com)
http://valdolouro2.iespana.es (está é a última versión de Valdolouro.com antes de pasar a ser un blog).

sábado, septiembre 09, 2006

Xa estamos de volta

Despois dunha tempada sen estar con todos vos, debido a unha mistura de temas persoais e técnicos, estamos de novo con todos vos, esta vez en forma de blog. Creo que esta é unha maneira máis rápida, cómoda e interactiva, xa que podedes comentar cada unha das nosas novas. Espero que vos guste este novo cambio. Ata pronto.