jueves, enero 25, 2007

Web da Comparsa Colores

Como decía no anterior artigo deste blog, na maioría das veces os nosos políticos van a remolque do pobo. Como mostra, outro botón, neste caso é unha nova páxina web feita na nosa bisbarra, trátase da web oficial da Comparsa Colores. A comparsa naceu alá polo ano 94, e nestes 12 anos fíxose moi coñecida nos entroidos da nosa bisbarra e arredores. Algúns dirán que non sigue a tradición do entroido galego, pero sexa como sexa, non pasa inadvertida para os que algunha vez os vimos desfilar polas nosas rúas.
Aproveito o artigo para lembrar que tamén hai unha páxina sobre o Carnaval do Castro Barreiro, un dos dous barrios que organizan un dos mellores entroidos da bisbarra, o Entroido de Salceda.

lunes, enero 15, 2007

A internet na nosa bisbarra

Sempre é interesante atoparse cunha nova páxina feita na nosa bisbarra neste caso trátase de un blog sobre Caldelas de Miño. Nel faise un pequeno repaso a historia de Caldelas e algunas noticias que van xurdindo no pobo, especialmente actos culturais.
Nisto da internet pasa coma na vida real, o pobo sempre vai máis adiantado cos políticos. Se buscamos pola rede, atopamos unha cantas páxinas feitas nos nosos concellos por persoas que adican parte do seu tempo a colgar na rede cousas interesantes que se fan na nosa bisbarra, e en cambio, a situación das páxinas oficiáis dos nosos concellos é lamentable. O de Mos carece de web oficial, o de O Porriño é coma si non a tivera, a de Salceda, moi ambiciosa pero escasa de contidos e a de Tui recentemente remodelada pero pouco útil para os veciños.
¿Custaría moito facer unha páxina nas que aparecesen os bandos actualizados, unha axenda de actividades culturais, deportivas, etc. organizadas polo concello, un listado cos documentos a presentar, para realizar determinados trámites, permisos, licenzas, etc. para poder levalos cubertos da casa con todos o papeis necesarios e asi evitar perdas de tempo inútiles?, e xa non digo poder xestionar trámites por internet, que a estas alturas do século XXI aínda me parece utópico para os nosos concellos. Quitando esta última parte, ter a páxina actualizada non suporía para os concellos, máis de 3 horas de dedicación diaria dunha persoa cuns coñecementos informáticos normáis.
Postos a soñar que bonito sería ter todo o concello conectado por WiFi e darlle así nos fuciños as empresas de telefonía que tan mal nos tratan os usuarios, se Salvaterra e Ponteareas o fixeron ¿por qué non poden facelo os outros concellos?
Coma sempre, teremos que ser os usuarios os que nos organicemos e movamos os fios e logo eles apuntaranse ó carro. ¿Será que ós nosos políticos non lles interesa ter uns veciños informados?

martes, enero 09, 2007

Queimar graxas

Despois das abundantes comidas destas datas, chegan coma cada ano un par de actividades para queimar ese exceso de graxas acumuladas. Por un lado estan a tradicionáis rebaixas de inverno que a máis de un nos fan suar en frío e por outra banda XIV Camiño do Requesón, que está a piques de ser xa casi tan tradicional coma as propias rebaixas. Este ano contará coa participación do primeiro equipo profesional galego de ciclismo, o Karpin Galicia e o virtual gañador do Tour de Francia, oscar Pereiro, ademáis prometen que cada participante prantará unha árbore para loitar contra deforestación de Galicia. A proba terá lugar este domingo dia 14 de xaneiro nos montes das Neves.

jueves, enero 04, 2007

Noite de reis

Esta é unha noite máxica para miles de nenos galegos. Prácticamente iso é o pouco que perdura dun dos días máis ledos do nadal galego e que pouco a pouco está pasando desapercibido. Xa ninguén vai polas casas a cantar o reis, é máis, hoxe en día hai xente que xa non o celebra. Sen dúbida o globalizador Papá Noel está acabando con todo isto. Nin que decir ten que xa ninguén celebra o día de San Amaro como remate das festas do nadal. Menos mal que se están a recuperar algunhas rondallas como as de Atios e Pontellas. Eu este ano voulle pedir aos reis que nos axuden a valorar o noso, que estemos orgullosos da nosa xente e das nosas costumes que son as que nos manteñen unidos os nosos antergos.