É así de duro, e máis nestes tempos de crisis, pero o concello de O Porriño ven de tirar neste últimos anos 420.000 euros o lixo.
Como xa denunciamos no seu día, alá polo ano 2004, o que debería ser o
Centro de Interpretación da Natureza construido nas
Gándaras de Budiño, pasou directamente a ser un monte de escombro. No seu momento tentouse de repescar o edificio para outras actividades complementarias pero pasaron os anos e nada se fixo. Agora os políticos pásanse a pelota uns a outros pero os cartos gastáronse e o edificio non serve para nada nin creo que serva nunca. Creo que o pobo non lle debe permitir aos políticos que tiren o diñeiro tan alegremente e ninguen sexa responsable de nada, nin o que o mandou construir nin o que consinte que chegue a ese estado tan lamentable. Se as autoridades actuáis teñen tan claro que o edificio non vale para nada que sexan valentes e que o manden derrubar e senón que o conserven. Espero que non o mesmo coa
depuradora de Guillarei.
Estas son as fotos do estado que presentaba no 2004






No hay comentarios:
Publicar un comentario