martes, octubre 30, 2012

XVI Festa dos Cogomelos en Entenza

A Asociación de Xóvenes A Turonia de Entenza organiza a XVI Festa dos Cogomelos. O domingo día 18 de novembro terá lugar, a partir das 11.00 horas, a degustación este exquisito manxar, típico da zona e da época na que nos atopamos. Cada ano achéganse ó concello de Salceda de Caselas centos de persoas  para  disfrutar  dos  distintos  pratos  preparados  (empanada,  cogomelos rebozados...), e este ano conta cunha nova receita, filloas de cogomelos. Para completar a festa lerase o pregón, actuará a Charanga SGHAE de Salceda  e abrirase unha exposición composta por estes fungos.