domingo, septiembre 30, 2007

Festas do Cristo, O Porriño

A verdade é que este ano non pasamos moito polas festas do Cristo do Porriño.Tan só asistimos as actuacións musicais de Muchachito Bombo Infierno e a do cantautor Andrés Suárez. A de Muchachito congregou a moito público na Praza Central e estivo máis que correcta. En canto a de Andrés Suárez, ésta sorprendeunos extraordinariamente. Dar a talla con tan só unha guitarra, nos soportais da Casa do Concello e meterse ao público no bolsillo, non é doado. Se a industria discográfica non fose tan industria diría que estamos ante unha futura estrela, pero como temos a industria discográfica que temos tan só diremos que lle desexamos moita sorte. Este é un vídeo de Andrés Suarez, que ainda que non é da actuación de onte, pode darvos un pouco a idea de como foi ésta.

martes, septiembre 25, 2007

Visitas guiadas en Tui

Esta fin de semana vanse realizar catro visitas guiadas a distintos puntos do Conxunto Histórico-Artístico de Tui organizadas pola Concellería de Cultura para conmemorar o corenta aniversario da declaración da cidade coma Conxunto Histórico Artístico. Ao tempo con esta iniciativa o Concello é o primeiro municipio galego en sumarse as “Xornadas Europeas de Patrimonio” que nos meses de setembro e outubro congregan actividades en torno ao patrimonio cultural en 49 países de Europa.
As vistas programadas son totalmente gratuítas e non é preciso inscribirse previamente, só é preciso estar no punto de saída na hora de partida. Cada visita durará entorno a 60 minutos.

O programa previsto é o seguinte:

Sábado 29 de setembro:
12,00 h.: Visita á muralla de época moderna guiada polo arquitecto Jaime Garrido Rodríguez (inicio na Glorieta de Vigo)
18,00 h.: Visita guiada ao Claustro e paseo de ronda da Catedral, guiada por José Ramón Fernández Fernández (inicio na Porta de acceso ao Claustro – Praza de San Fernando)

Domingo 30 de setembro:
12,00 h.: Visita ao sistema amurallado de época medieval guiada por Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade de Tui (inicio monumento ao Bispo Lago, na rúa Ordoñez)
17,30 h.: Visita guiada á Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, guiada por Avelino Bouzón Gallego, director do Arquivo da Catedral e párroco de Rebordáns.

martes, septiembre 18, 2007

Baloncesto

Agora que, grazas a selección española, parece que o baloncesto volta a estar de moda, aproveitamos para recomendarvos un par de enlaces co que poderedes enterarvos un pouco da actualidade do Baloncesto en Valdolouro e arredores.

Baloncestocaselas.com: Web do equipo de baloncesto de Salceda que levamos seguindo prácticamente dende os seus inicios.

Webpbb.com: Páxina web do Porriño Baloncesto Base que como di o seu nome é o equipo de baloncesto de O Porriño.

O Baloncesto Mos e o C.B. Tui non teñen páxina web ou polo menos non a coñecemos.

domingo, septiembre 02, 2007

Fame de ciclismo

Levabamos moitos anos sen Volta a España, levamos moitos anos sen Volta a Galicia, a verdade é que a xente tiña moitas ganas de presenciar en directo unha proba ciclista de élite e iso notouse nas nosas estradas. Miles de persoas botáronse a rúa para aplaudir, ainda que so sexa durante uns segundos, a estes esforzados, e últimamente, maltratados deportistas. Foi un bonito día de ciclismo e ademáis tamén nos enteramos, gracias a TVE, que a illa que esta na praia de Samil e a Illa da Toxa e eu que pensaba que era a de Toralla.

Serafín Martínez do Karpín Galicia no trio de escapados



Chegada do pelotón



Alvaro Pino e Valeri Karpín no coche do equipo


Membros da peña Oscar Pereiro

sábado, septiembre 01, 2007

Un budiñés na Volta a España

Hoxe comeza en Vigo unha nova edición da Volta Ciclista a España. Un dos favoritos ao triunfo final é un ciclista de Mos, Oscar Pereiro, pero non é o único ciclista desta bisbarra que participará nesta edición da Volta. O ciclista porriñés de Budiño, Gustavo Domínguez, integrante do Karpín Galicia, tamén formará parté do pelotón. Esta foto é de fai anos, cando aínda era un cativo e xa gañaba carreiras como esta de Budiño, e soñaba con participar algún día na Volta a España. Algunhas veces os soños fanse realidade.