miércoles, febrero 27, 2008

Novo clube ciclista en Salceda

O pasado sábado 23 de xuño presentouse non Auditorio Municipal de Salceda de Caselas o Club Ciclista Aragonta. O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e a Concelleira de Deportes, Teresa Pérez, estiveron nesta presentación como representantes do Concello de salce de Caselas, sponsor do Club. Ó acto asistiron os ciclistas profesionais Marcos Serrano e Gustavo Domínguez que apadriñan ó club e o campeón do Tour de Francia, Oscar Pereiro, que tamén quixo apoiar esta iniciativa. Tamén se contou coa presenza de numerosos profesionais do mundo do ciclismo da comarca, así como do Presidente da Federación Galega de Ciclismo. Asímesmo rendiuselle un emotivo homenaxe ó técnico Moises Leboso. Neste evento presentouse tanto ós 42 compoñentes do Club, como á Xunta Directiva e ós patrocinadores, ademáis dos proxectos que teñen previsto organizar a curto prazo:

- I Marcha Cicloturista Raiña Aragonta, 29 de xuño.

- Proba Ciclomaster, 5 de Xullo.

- Proba de Montaña, 28 de setembro.

Novo equipo

domingo, febrero 24, 2008

Play-Doc denuncia a violencia de xénero

Na súa cuarta edición, Play-Doc quere pór o acento sobre un terrible drama que afecta, en pleno século XXI, a un terzo da poboación mundial e que non coñece fronteiras, culturais nin status: a violencia de xénero.

Play-Doc, expón un percorrido por diferentes historias reais, no que o seu fío condutor é a violencia contra a muller. Desde os malos tratos no seo familiar, ata o feminicidio sistematizado, pasando pola prostitución e o abuso de menores, o festival tudense propón unha mirada atenta e reflexiva sobre esta secuela social de dimensións pandémicas.

Con esta iniciativa, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade, o festival pretende xerar debate e promover valores de igualdade, tolerancia e respecto. As proxeccións das películas complementaranse con charlas a cargo dos propios realizadores e expertos no tema e nas que a audiencia estará convidada a participar.

'I'm Scared' da realizadora polaca Karolina Bendera, 'Bajo Juárez: a cidade devorando ás súas fillas' dos mexicanos Alejandra Sánchez e José Antonio Cordero e 'Lle Papier ne peut pas Envelopper a Braise' do veterano e prestixioso realizador camboyano Rithy Pan, serán as películas, que sobre este tema se poderán ver ao longo do festival entre o 12 e o 16 de marzo.

Aposta polos documentais animados

Por outra banda, Play-Doc ofrece tamén unha nova sección co máis experimental do cine documental, na que se presentarán cinco pezas realizadas con técnicas de animación. Esta curiosa mestura entre documental e animación é posible grazas á cada vez máis difusa fronteira entre xéneros. Os resultados desta arriscada proposta sorprenderán aos espectadores pola súa complexidade técnica, beleza e orixinalidade.

sábado, febrero 23, 2008

Chega a Tui Umoja

Este luns chegará a Tui ao teatro da Area Panorámica, Umoja, un musical africano que ven de colleitar moi boas criticas ala onde se representa e que está de xira por primeira vez en España. 20 cantantes e bailarins e un narrador contarannos a vida de un africano a través do baile e a música, con danzas tribais, gospel, jazz e kwaito. A representación será as 20:30 horas e as entradas poderanse mercar na web de caixanova ou na billeteira do propio teatro a partires das 16:30 horas

miércoles, febrero 20, 2008

Axenda cultural

Este venres 22, no Bar Liceum de O Porriño actuación do grupo porriñés El Cubo, a partires das 23 horas. Tamén o venres pero esta vez as 21 horas no teatro da Area Panorámica de Tui a compañía de teatro Galileo de Sada porá en escea todo un clásico de Moliere, "O Avaro". Tamén na Area Panorámica e ata o 8 de marzo poderase visitar a exposición "Galicia en Foco", que recolle os mellores traballos fotográficos publicados durante ano 2007 nos diversos medios de comunicación.

martes, febrero 19, 2008

Presentación en Salceda do novo Club Ciclista Arangonta

Este sábado presentarase en Salceda o Club Ciclista Arangonta, equipo de nova creación. O acto terá lugar as 17:00 horas no Auditorio Municipal de Salceda e contará coa presencia dos ciclistas Gustavo Domínguez e Marcos Serrano que serán os padriños deste novo clube. O acto servirá, entre outras cousas para a presentación dos seus patrocinadores.

viernes, febrero 15, 2008

O rexistro de parellas de feito comeza a funcionar en Salceda

A primeira parella que solicitou a súa inscipción no Rexistro de Parellas de Feito de Salceda de Caselas formalizou definitivamente este trámite na Casa do Concello perante o Alcalde, Marcos Besada e a Secretaria Municipal.
Os protagonistas deste acto mostraronse moi ilusionados xa que este rexistro permitelles acceder a dereitos recoñecidos pola lei en aspectos tan importantes como as herdanzas ou fillos en común.
Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, felicitou á parella por sela primeira en inscribirse e valorou moi positivamente que por fin se recoñeza un dereito reclamado dende hai moito tempo por moitos cidadans do concello e que o goberno anterior se negaba a regular e xestionar. Nestes intres, en Salceda, calquera parella ten tódalas opcións posibles para formalizar a súa unión, ben casando polo civil, pola igrexa ou rexistrandose como parella de feito. Isto supón un paso máis no cambio que o goberno prometeu e está a levando a cabo en Salceda, recoñecendo novos dereitos para os veciños/as deste Concello.
A proba de que este rexistro era unha vella demanda de moitos veciños son as numerosas solicitudes que se están a producir en escasas semanas dende a entrada en vigor desta ordenanza, que suman de momento 7 parellas de feito.
Por outra banda, o Rexistro Municipal de Salceda de Caselas coordinarase co Rexistro de Parellas de Feito de Galiza, de recente creación, que sirve para equiparar ainda máis as parellas de feito ós matrimonios.

martes, febrero 12, 2008

Videos do concurso de comparsas e carrozas de entroido de Salceda

Estes son os vídeos das comparsas participantes o pasado domingo no entroido de Salceda. Están por orden de clasificación na categoría de comparsas.

Comparsa de Soutelo


Comparsa de A Picoña


Comparsa de San Xorxe


Comparsa Revolución Show de Tomiño


Comparsa Arco Iris de Salceda


Comparsa Festa Jolgorrio de Salceda


Comparsa As Divinas de Tomiño

lunes, febrero 11, 2008

Soutelo e A Picoña grandes triunfadoras do entroido de Salceda

As carrozas e comparsas de Soutelo e A Picoña foron as grandes triunfadoras do concurso de comparsas e carrozas de Salceda de Caselas. A Picoña quedou primeira en carrozas e segunda en comparsas e Soutelo quedou primeira en comparsas e segunda e carrozas, a lista de premios foi a seguinte:

En carrozas este foi o resultado;

-1º premio para A Picoña (350 euros + 1 xamón)

-2º premio para Soutelo (275 euros + 1 lacón)

-3º premio para Peña Jolgorrio (225 euros)

-4º premio para Arco Iris (175 euros)

-5º premio para San Xorxe (175 euros)

-6º premio para Revolución Show (100 euros)

-7º premio para As Divinas (100 euros)

En comparsas este foi o resultado;

-1º premio, Soutelo (350 euros + 1 xamón)

-2º premio, A Picoña (275 euros + 1 lacón)

-3º premio, San Xorxe (225 euros)

-4ºpremio, Revolución Show (175 euros)

-5ºpremio, Arco Iris (175 euros)

-6ºpremio, Peña Jolgorrio (100 euros)

-7ºpremio, As Divinas (100 euros)

Esta é unha pequena mostra do concurso, segundo o orden acadado na categoría de carrozas. En vindeiras datas poremos unha ampla reportaxe de dito concurso en fotografías Valdolouro.







viernes, febrero 08, 2008

Desfile do martes de entroido en Salceda

Este martes tivo lugar o tradicional desfile de comparsas e carrozas de entroido a cargo dos barrios de Castro Barreiro e A Feira. O barrio de Castro Barreiro homenaxeu ao mundo dos contos infantís, mentres que o tema da Feria foi a seguridade vial, con Mortadelo e Filemón de protagonistas. O entroido da Feira rematará este sábado co enterro do castriño, que poderedes seguir en directo dende a súa webcam.

Desfile de Castro Barreiro




Desfile de A Feira


jueves, febrero 07, 2008

Continúa o entroido en Salceda

Esta fin de semán continúa o entroido de Salceda coa celebración dos actos aprazados a semán pasada por mor do mal tempo. Este venres terá lugar a verbena na Praza do concello a cargo da osquestras Boomerang e Embajadores e o domingo tera lugar a X edición do Concurso de Comparsas e Carrozas de Entroido, coa participación de 9 comparsas, 6 serán de Salceda e outras 3 de Tomiño.
Para que vexades como se viviu este entroido en Salceda, eiquí vai esta pequena mostra, en forma de 2 vídeos, que tomamos este luns pola noite na festa de entroido do barrio da Feira.



miércoles, febrero 06, 2008

Festas de San Brais 2008

Este martes rematou unha das fins de semáns de febreiro máis festivas que lembro. A coincidencia das festas de San Brais en Budiño e do Entroido fixo que tivésemos unha fin de semán do máis movido, e iso que a presenza abundante da choiva obrigou a suspender algunhas celebracións como foi o concurso de carrozas e comparsas de Salceda, que terá lugar, se o tempo acompaña, o vindeiro domingo día 10, coincidindo así co enterro do bacallau de Tui.
A choiva tamén impediu a saída da Comparsa Colores acompañando o desfile de ramos das festas de San Brais en Budiño, pero non impediu que os ramos, espadanas e andores chegaran ao torreiro da Forna, acompañadas por unha carroza, que representaba as marabillas máis importantes que ten Budiño, O Faro e As Gándaras, e escoltados por un numeroso grupo de veciños do barrio da Cruz, que era quen organizaba a festa este ano. O luns pola noite tivo lugar a entrega do ramo ao barrio do Mosteiro, encargado de organizar a festa para o vindeiro ano. Podedes ver unha ampla reportaxe fotográfica do desfile de ramos, na páxina de Fotografías Valdolouro.