miércoles, agosto 29, 2007

Festas da Rocha 2007

Xa remataron as festas da Rocha por este ano. Coma sempre, e a pesares da inestabilidade do tempo, a festa non faltou, e miles de persoas déronse cita durante toda a fin de semán, e sobor de todo o luns, na Ribeira de Caldelas para comer as empanadas, beber uns viños, e disfrutar da noite de lúa chea que nos brindou este 2007. Podedes ver unha selección de fotos en fotografías Valdolouro.

O seguinte vídeo é unha pequena mostra do ambiente que había o luns no chiringuito do Penedo. A calidade da imaxe non é moi boa pero a luz do ambiente non daba para máis.

viernes, agosto 24, 2007

Axenda fin de semán en Tui

Xa está todo preparado na Ribeira de Caldelas para unha nova edición da Festa da Rocha. Osquestras e chiringuitos farán disfrutar aos miles de visitantes que ata alí se achegarán. O día grande será o luns, cando se celebrarán multitudinarias ceas ao aire libre, no que a empanada será a gran protagonista.

En Tui, durante a fin de semán, continuarán as actividades de "Vida nas Rúas", organizadas por ACITUI. Unha das actividades que máis xente atrae é o IV Festival Internacional de Teatro e Artes de Rúa. Ademáis destas actividades tamén actuará no Paseo da Corredoira este sábado as 21 h. o grupo folclórico "Seixos Salvos" de Areas. E se che apetece mercar algo tamén continuarán está semán co mercadiño de oportunidades que tanto éxito tivo a pásada fin de semán.

jueves, agosto 23, 2007

Rebumbio 2007

Mañá venres comeza en Mos unha nova edición do Festival Rebumbio, organizada pola asociación do mesmo nome. Este ano únese ao festival a Plataforma Defende Mos que loita contra os plans que Fomento ten para o trazado do AVE e da nova autovía ao seu paso por Mos. Así que a festa está asegurada esta fin de semán.

miércoles, agosto 22, 2007

Malvela & El Puto Coke

Hoxe dixéronme que ollase este curioso vídeo do grupo de Mos, Malvela e o rapeiro El Puto Coke, e se non fora porque está acabando o verán diría que esta sería unha firme candidata a canción do verán deste ano. Ten tódolos ingredientes, é pegadiza dabondo e ademáis ten baileciño.

sábado, agosto 18, 2007

Ligazóns variados

O primeiro enlace que vos vamos a recomendar é a dunha parella viguesa que fai uns meses se decidiu a tomar un ano sabático para dar a volta o mundo e que se atopou de cheo co terremoto en Perú. Podes leer a súa experiencia ver algunhas fotos en:
http://eldiariodepassepartout.blogspot.com

Recomendámosvos tamén a web oficial da Banda de Música de Salceda da que sairon grandes músicos como é o caso de Edu Diz, que tamén nos presenta a súa web oficial. E para rematar, navegando un pouco polo Youtube, atopamos dous novos vídeos dos concertos do III Curso Internacional de Música de Salceda, organizado por dita Banda. Son os vídeos do Concerto de Lamatumbá e de A Roda.

miércoles, agosto 15, 2007

Rocha Rock e Milladoiro en Tui

Este venres será unha noite moi intensa para os amantes da música en Tui. No aparcadoiro da Area Panorámica poderemos disfrutar da actuación do coñecido grupo Milladoiro, a hora de comenzo será as 22:30. Na ribeira de Caldelas, tamén pola noite terá lugar unha nova edición do "Rocha Rock" que será o pistoletazo de saída das Festas da Rocha.
Este novo vídeo pertence a actuación do grupo Lamatumbá en Salceda con motivo do III Curso Internacional de Música.

lunes, agosto 13, 2007

The Tubas

Este é un pequeno fragmento da actuación do grupo de Salceda "The Tubas", na semán cultural de Entenza. The Tubas é un quinteto formado por 4 instrumentistas de vento e un batería que tocan música do máis variado, dende Sting ata Ana Belén, pero sempre cun toque persoal, que nos lembran algo aos sempre estrañados Cataventus de Michy e compañía.

martes, agosto 07, 2007

III Curso Internacional de Música de Salceda

Con motivo do III Curso Internacional de Música, organizada pola Asociación de Amigos da Música de Salceda, esta semán haberá unha gran cantidade de concertos musicais. Estas son os concertos programados:

- Martes 7, ás 22.00 no Auditorio: Banda de Música Cultural de Salceda.
- Mércores 8, ás 22.00 no Auditorio: Vicent Alberola (clarinete) e Alejo Amoedo (Piano).
- Xoves 9, ás 22.00 no Auditorio: Alan Baer (tuba) e Alejo Amoedo (Piano).
- Xoves 9, ás 23.30 na Praza do Concello: Lamatumbá.
- Venres 10, ás 23.00 na Praza do Concello: The Tub@s e Turre’s Band.
- Sábado 11, ás 21.00 no Auditorio: Concierto de clausura a cargo dos alumnos do curso.
- Sábado 11, ás 24.00 na Praza do Concello: A Roda e ao rematar o concerto, gran queimada.

Videos da VIII Noite Internacional do Miño

Estes videos é unha pequena mostra do que poidemos ver na VIII Noite Internacional do Miño que tivo lugar en Rebordáns, Tui. Por falta de tempo non poidemos grabar a actuación dos anfitrións, a Escola de Gaitas e Danzas "San Fins", nin a do grupo Serbio, "Cukarica".

Actuación do grupo da India, Shilpagya


Actuación do grupo de Polonia, Warszawa


Actuación do grupo de Paraguai, Renacer Yeroky Saraky


Actuación do grupo de Ucrania, Yunist Podillya

viernes, agosto 03, 2007

Axenda para esta fin de semán

Gran actividade cultural nos nosos concellos para esta fin de semán. Estes son os acontecementos máis destacables:

En Cabreira, moi preto de Salceda, XI Festa da Chuzadita, todo un clásico das macrofestas do verán, tan de moda últimamente. Será este venres pola noite e ata altas horas da madrugada.

En Tui, tamén hoxe venres a partires das 22:30 horas, na Praza de San Fernando, XVI Festival de Bandas de Música, que contará coa participación da Agrupación Musical de Belesar de Baiona e da Banda de Música Popular de Tui.

En Salceda, este sábado a partires das 00:00 horas, actuación do grupo A Roda na Praza do Concello.

No aspecto deportivo, está fin de semán terá lugar en Tui a primeira proba do campionato galego de Wakeboard (esquí nautico). Hoxe venres serán os entrenamentos entre as 10 da mañán e as 7 da tarde, e o domingo terá lugar a proba oficial de 10 a 17 horas, fronte ao Centro Interfederado de Remo e Piragüismo.

jueves, agosto 02, 2007

Procesión da Virxe do Carme en Tui

Aínda que con un pouco de retraso, subimos este vídeo da saída da procesión da Virxe do Carme dende a Praia da Mariña en Tui