jueves, abril 24, 2008

Teatro de Ningures este venres en Tui

Un tema tan actual coma o da emigración e a inmigración é que aborda Teatro de Ningures na súa última montaxe “Emigrados”. Está baseada nunha creación conxunta de Xosé Manuel Pazos, Suso de Toro, Anxos Sumais, Sonia Torre e Cándido Pazó, que recibiu o Premio MAX 2008 ao mellor texto teatral en galego.A representación de “Emigrados” terá lugar este venres, 25 de abril, ás 21h no Teatro Municipal de Tui, dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura. As entradas poranse á venda ao prezo 4,5€, cos descontos habituais, a partir das 16.30h.Etelvino Vázquez é o director e dramaturgo de “Emigrados”, unha obra que nos achega unha historia múltiple de distintos autores, que nos ofrecen unha visión sobre a emigración e inmigración, retorno e desenraizamento, abordados dende o punto de vista actual pero sen esquecer que este é un fenómeno de seu dos galegos.Sobre o escenario sitúanse Sonia Rúa, Santiago Cortegoso, Mónica Camaño, Fran Paredes, Salvador del Río e Casilda García. A escenografía corresponde a Pablo Giráldez “Pastor”, o vestiario foi elaborado por Carlos Alonso e a música é de Anxo Graña.Teatro de Ningures fundouse en 1986 sendo na actualidade unha das compañías teatrais máis estables de Galicia. O equipo humano de “Teatro de Ningures” está formado por cinco actores, cinco actrices e dous técnicos que contan cun recoñecido prestixio, e para as distintas produción súmanse actores, técnicos e creadores de todo o país.

lunes, abril 21, 2008

Non se dan aclarado Puskiñas e Serxio

Este é un vídeo escrito, dirixido e realizado por un grupo de alumnos da ESO do colexio de Parderrubias en Salceda de Caselas para participar nun concurso da Xunta de Galicia contra o consumo de tabaco. Quizais nun tempo non moi afastdo os vexamos participando no Festival de Cans.

sábado, abril 19, 2008

martes, abril 15, 2008

Exposición de Juan Bellas en Tui

Mañá mércores ás oito da tarde será inaugurada na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica, unha exposición de pintura do artista Juan Bellas, na que recolle unha parte da súa produción artística dos últimos vinte cinco anos, e contará cunha sección especial dedicada a paisaxes tudenses. Juan Bellas iniciou a súa andaina pictórica no ano 1983 participando na VII Bienal de Arte da Deputación Provincial de Pontevedra, tras unha longa viaxe por diversos lugares de Europa onde achégase as técnicas artísticas do exterior. Boa parte dos seus óleos e acuarelas reflicten a paisaxe das Rías Baixas, especialmente o Val Miñor pois na parroquia de Chain (Gondomar) ten ubicado o seu estudio. Ten participado en numerosas exposición colectivas en España ou Francia, pero preferentemente realiza exposicións de carácter individual ao longo de toda a xeografía de Galicia. Agora achégase ata Tui, dende a veciña parroquia gondomareña de Chaín para amosar as súas paisaxes.

viernes, abril 11, 2008

jueves, abril 10, 2008

Doble sesión de teatro este fin de semana en Tui

Un elenco de oito actores galegos subiranse este venres e sábado ao escenario do Teatro Municipal de Tui para levar a escena unha comedia teatral dirixida por Cándido Pazó. “E ti, quen vés sendo” é o título do espectáculo que Talía Teatro achega a Tui con dobre función, o venres ás 21h e o sábado ás 20h dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura. As entradas poranse á venda o día da función dende ás 16.30h ao prezo xeral de 4,5€ ,habendo os descontos habituais. Cándido Pazó levou a clave actual o texto de “O Anfitrión” de Plauto, sendo autor e director de “E ti, quen vés sendo?”, na que narra a historia de dez indixentes que viven na rúa e queren montar unha obra de teatro, precisamente a de Plauto. Dan vida aos personaxes os actores Artur Trillo, Toño Casais, David Creus, Dani Trillo, Marta Ríos, Rosi Barcala, María Ordóñez, Diego Reu, Gustavo G. Dieste e Xurxo Barcala. Ao longo de 85 minutos, e cun “lío amoroso” de fondo, trátase de demostrar que un é un mesmo cando é suplantado por outra persoa idéntica.Talía Teatro naceu en 1988 en Cee como grupo de teatro afeccionado, dando o salto á profesionalidade en 1996 ante a evolución da compañía, o éxito de crítica e os premios acadados até entón.

Cinco anos de Teatro en Tui

Precisamente a representación desta fin de semana coincide co quinto aniversario do Teatro Municipal de Tui, xa que esta infraestrutura cultural estreouse o 11 de abril de 2003. Neste tempo teñen pasado polo Teatro 105 mil usuario se 400 actividades. Nestes cinco anos o Teatro é un espazo plenamente consolidado que ten acadado unha magnífica resposta do público. Así o demostran os datos da Rede Galega de Teatros e Auditorios referidos a 2007 onde Tui ocupa o segundo lugar en número de espectadores de media por función, logo de Vigo.

martes, abril 08, 2008

Volta "A Pincha"

Neste tempo de playstaions, wiis, móviles e demáis tecnoloxía é unha ledicia ver que se volven a recuperar eses xogos tradicionáis galegos, que algúns practicábamos de pequenos. Este é o caso da pincha ou billarda, como se coñece noutros lugares. O pasado sabado tivo lugar o I Torneo de billarda de Mos. A cousa xa empezou un par de meses antes en Pontellas e parece que isto non vai parar, e pronto poderemos ter liga de billarda tamén na bisbarra de Valdolouro. Neste enlace poderedes ver toda esta historia. Ata fixeron este divertido video promocional.

lunes, abril 07, 2008

Exito de publico na feira de oportunidades de Tui

Sen dúbida a boa climatoloxía axudou a que numerosas persoas acudiran esta fin de semana a mercar ou curiosear na feira de oportunidades organizada por ACITUI. Os hosteleiros tamén aportaron o seu grao de area e puxeron a disposición dos clientes unha ampla variedade de pinchos. Unha carruaxe da cabalos deulle a oportunidade a numerosas persoas de facer un percorrido por distintas rúas da cidade. Sen dúbida este éxito fará que os organizadores xa pensen na vindeira edición.

sábado, abril 05, 2008

Feira de saldos e ruta dos pinchos en Tui

Este fin de semana terá lugar en Tui a II Feira de Saldos organizada pola Asociación de comerciantes ACITUI. Nela moitos dos comercios asociados poran a venda roupa de fin de tempada a uns precios moito atractivos. Xunto con esta feira un grupo de hosteleiros pertecentes a ACITUI tamén organizou a I Ruta de Pinchos na que os bares participantes poran a disposición dos clientes unha gran variedade de pinchos o precio de 1 euro.

miércoles, abril 02, 2008

Danza para os nenos este venres en Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 20h, un espectáculo de danza-textual, “Menu Vexetal”, a cargo da compañía viguesa Disque Danza. A obra “Menu Vexetal” escrita por Paula Carballeira está dirixida por Carmela Bueno e Alfredo Rodríguez. Sobre o escenario estarán catro bailarinas: Carmela Bueno, Olivia Maté, Leticia Alfaya e Olga Cameselle e unha actriz Nuria Guillón para, ao longo de 55 minutos, entreter ao público cun espectáculo no que convidan a mesturar sabores imposibles. Parten do cor verde para demostrar que está cheo de maxia e misterio, incluso cando se trata de comida, e levan aos nenos e maiores a un percorrido por un mundo no que todo é posible. O vestiario foi feito por La Canalla e a escenografía corresponde a Javier Bello e Roberto Collantes. As entradas poranse á venda o venres ás 16.30h ao prezo de 3,5€, 2,5€ con desconto e 2€ os menores de 12 anos. A obra está recomendada a partir dos cinco anos.