viernes, diciembre 28, 2007

Galiza-Camerún

Onte puidemos asistir o encontro da selección galega en Balaídos. Foi toda unha festa, a pesares da espera de hora e media para que escomenzara o partido e a pesares tamén de que Caixanova cobre unha comisión por mercar a entrada anticipadamente por internet, debe ser das poucas empresas, xunto coa venda de entradas para o cine, que ademáis de adiantarlles os cartos, mercando anticipadamente, e reducirlles o persoal de taquilla van e aínda nos cobran máis. Se tódalas empresas fixeran igual o uso de internet para mercar, tiña os días contados. Supoño que iso non será "fresh banking".
Estes son uns vídeos do máis interesante que ollamos por Balaídos.

Himno galego en Balaídos


Falta que orixinou o penalti a prol de Galiza


Gol de Galiza


Gol a prol de Camerún

martes, diciembre 25, 2007

Cogumelos

Aínda que este ano non foi un bo ano para os cogumelos, dando un paseo hai uns días atopei esta sorprendente imaxen. Trátase dunha impresionante mata de cogumelos que sairon da madeira dun sobreiro seco que se atopa na Capela da Ascensión en Entenza (Salceda de Caselas). Lástima que non fosen comestibles.




lunes, diciembre 24, 2007

Bo Nadal

Hoxe presentámovos este vídeo que aínda que non é unha panxoliña, ben merece a pena. Trátase do vídeo da Señora Carmén, esta mosense octoxenaria, quen ven de grabar, este ano, o seu primeiro disco. Que este exemplo nos sirva a todos para que este 2008 fíxémonos obxetivos moi ambiciosos que con forza de vontade todo se pode conseguir. Bo Nadal e próspero e feliz ano 2008.

viernes, diciembre 21, 2007

Eu tamén son dos Reis Magos

Como cada ano por estas datas, ademáis do sorteo de nadal, a mensaxe do Rei e as papadas "multicolesterólicas", volta o eterno debate Papa Noel ou Reis Magos. Parece que este ano os Reis Magos están recuperando posicións nos balcóns de Galicia e o que non cabe dúbida e que levan algo de dianteira na internet, onde xa teñen portal de apoio e ademáis sacaron este simpático rap.

martes, diciembre 11, 2007

A 4ª edición de Play-Doc, xa está en marcha

608 foi o número exacto de documentais que se presentaron á preselección para a cuarta edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar na localidade pontevedresa en marzo de 2008.

Case 100 traballos máis que o ano anterior e a participación de novos países como Grecia, Belice, Camboia ou Namibia son as notas relevantes desta nova convocatoria que bateu de novo o seu record de participación con obras de 56 nacionalidades pertencentes aos 5 continentes.

Unha vez máis, a maior presenza segue sendo a europea, España, Francia, Alemaña, Bélxica e Países Baixos son os países desde os que máis traballos se recibiron, sendo tamén notable a chegada de cintas provenientes de Europa do Leste, como Eslovaquia, Serbia, Croacia, República Checa, Rusia ou Polonia.

Tamén destaca a alta participación de obras producidas en Canadá, México e Israel, e por suposto a do país veciño, Portugal. Así mesmo cabe resaltar o gran número de películas documentais producidas na nosa comunidade que este ano supera a trintena.

A magnífica resposta obtida nesta nova convocatoria pon de manifesto o auxe do festival tudense e a súa gran transcendencia máis aló do ámbito local. Play-Doc continúa en plena efervescencia e promete para a súa edición do 2008 unha interesante programación de cine de non ficción cunha ampla variedade de contidos e unha gran riqueza cultural.

jueves, noviembre 29, 2007

Axenda para esta fin de semán

Venres 30 de novembro as 21:00 horas no Teatro da Area Panorámica de Tui o Centro Dramático Galego representará a obra "Noite de Reis ou o que queirades" un clásico de Shakaespeare adaptado e dirixido por Quico Cadaval.

Venres 30 de novembro as 23:00 horas no Bar liceum de O Porriño actuación do cantautor Diego Freire.

VI Xornadas micolóxicas de Salceda
Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro vanse celebrar no Centro de Servicios Sociais da Devesa en Salceda de Caselas as VI Xornadas Micolóxicas organizadas pola Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Salceda. Este ano como novidade as charlas informativas desenvolveranse o venres 30, divididas entre os que sexan iniciados no mundo da micoloxía e os que xa teñan algunha experiencia no mesmo. As xornadas comezan o venres as 18:30 horas coa presentación a cargo do concelleiro de medio ambiente Enrique Cabaleiro, que aproveitará para incidir na colaboración cidadá nos distintos programas de reciclaxe e reutilización de residuos postos en marcha pola súa concellaría. Como actividades optativas das xornadas haberá unha degustación de cogomelos o sábado o medio día, un Obradoiro para nenos titulado O mundo invisible dos cogomelos o sábado pola tarde e un percorrido medioambiental polo río Caselas o domingo pola mañá.

martes, noviembre 27, 2007

A voltas cos contos

O pasado venres tivemos ocasión de asistir en Tomiño a actuación de Benito Guerreiro, un contacontos de A Guarda, que nos fixo pasar un rato moi agradable. O caso é que durante a actuación enterámonos que Benito Guerreiro ven de rematar hai uns meses unha curiosa aventura, percorrer todos os concellos de Galicia durante máis de 2 meses e facendo preto de 6.000 kilómetros, sen máis compaña que a súa bicicleta e parando a contar contos alá onde quixeran escoitalo. Quedounos un pouco de pena non enterarnos do seu proxecto a tempo, pero polo menos podemos ler o seu relato na súa páxina web: http://www.avoltascoscontos.com. Nela tamén nos conta as súas vivencias diarias.

lunes, noviembre 26, 2007

XI Festa dos Cogumelos de Entenza

Onte tivo lugar a 11ª edición da Festa dos Cogumelos de Entenza. A verdade é que o tempo acompañou para a degustación do domingo pero non para a recollida de cogumelos polos montes, xa que a escasez de choivas nos últimos meses xunto coa chegada do frío, fixo que se reducise sensiblemente o número de especies recollidas este ano. No aspecto gastronómico, o público que se achegou ata Entenza pudo degustar setas e champiñóns ao natural, con nata ou en empanada. A festa foi amenizada polo grupo de baile da Agrupación Cultural Xunco de Parderrubias.



sábado, noviembre 24, 2007

XI Festa dos Cogumelos

A parroquia de Entenza (Salceda de Caselas) celebrará mañán domingo a XI Festa dos Cogumelos. 200 kilos de cogumelos serán cociñados nesta ocasión pola Asociación de Xovenes a Turonia. A pregoeira será a soprano Teresa Novoa. Tamén haberá unha exposición dos cogumelos recollidos na tarde de sábado nos montes da parroquia. Todo isto estará amenizado polo grupo de baile da Agrupación Cultural Xunco de Parderrubias.

miércoles, noviembre 14, 2007

Restaurando un Ferrari

A verdade e que nos enche de ledicia cada vez que unha persoa pode cumplir o sono da súa vida, e se esa persoa é un coñecido compañeiro noso, pois aínda mellor. Hoxe presentámovos a páxina deste compañeiro vigues que está a piques de cumprir o soño da súa vida, conducir un Ferrari. Podes ves como o seu soño se vai facer realidade no seu blog: http://restaurando-un-ferrari-355.blogspot.com. Ánimo Santi que o teu soño xa está máis preto.

jueves, noviembre 08, 2007

Axenda para esta fin de semán

Venres 9 de Novembro:

As 20:00 no Teatro da Area Panorámica de Tui a compañía de teatro madrileña La Canica representará a obra "El Elefantito", recomendada para nenos de 3 a 6 anos.

As 23:00 no Bar Liceum de O Porriño as 23:00 horas actuación do grupo Sugar Mountain.

Sábado 10 de Novembro:

A partires das 11:00 horas inauguración da III Mostra de Productos Ecolóxicos, no Parque do Cristo de O Porriño que estará aberta ata as 20:00 horas.

Domingo 11 de Novembro:

A partires das 11:00 horas voltará a abrirse na Praza do Cristo de O Porriño a III Mostra de Productos Ecoloxicos, estará aberta ata as 20:00 horas.

As 20:00 horas no Teatro da Area Panorámica de Tui a compañía L'om Imprebís representará a obra "Don Juan Tenorio".

jueves, octubre 18, 2007

Axenda cultural deportiva da fin de semán

Está fin de semán ven moi cargada de actividade. Isto é o máis destacado:

Venres 19 de Outubro:

Ás 20 horas no Teatro Municipal de Tui a compañía Trompicallo Teatro presentará a súa obra "Bolboreta".

Ás 22 horas no Auditorio Municipal de Salceda, proxección da película: "A biblioteca da iguana".

Ás 23 horas no Bar Liceum de O Porriño, actuación do cantante portugués Joao Afonso.

Sábado 20 de Outubro:

Ás 22 horas no Auditorio Municipal de Salceda, a compañía de teatro Ateaco representará a obra "O achado do castro".

Domingo 21 de Outubro:

Ás 16 horas no Pavillón Municipal de Salceda, o Clube Baloncesto Caselas, presentará oficialmente os seus equipos para a tempada 2008/09 e ás 17 horas o equipo senior disputará o partido de liga contra o Ureca de Nigrán.

martes, octubre 16, 2007

Nova programación do Bar Liceum

Xa se presentou a nova progamación do Bar Liceum de O Porriño. As actuacións comenzan este venres 19 con Joao Afonso. Esta semán ademáis inician a campaña "Quédate no Porriño" na que, por un prezo especial, poderás disfrutar dunha cea no Celtiña, unha entrada para o concerto, unha consumición no Liceum e unha noite no Hotel Internacional ou no Hotel Parque. Xa vedes que non hai excusa para non ir ao Bar Liceum.

lunes, octubre 15, 2007

Pereiro xa é o gañador do Tour 2006

Despois de 15 meses de espera, Oscar Pereiro xa é oficialmente o gañador do Tour 2006. Foron 15 meses de sufrimento, de espera, pero ao final chegou o día do recoñecemeno oficial. A partires de agora Galicia, Valdolouro e Mos xa teñen un gañador do Tour. Esperemos que non sexa o derradeiro.

miércoles, octubre 03, 2007

Animación na rúa, festas do Cristo

Esta e unha das poucas actuacións que tivemos ocasión de ver nas festas do Cristo 2007, en O Porriño. Trátase dun grupo de animación de rúa, creo que do País Vasco. Se alguén coñece o seu nome que nolo diga.

domingo, septiembre 30, 2007

Festas do Cristo, O Porriño

A verdade é que este ano non pasamos moito polas festas do Cristo do Porriño.Tan só asistimos as actuacións musicais de Muchachito Bombo Infierno e a do cantautor Andrés Suárez. A de Muchachito congregou a moito público na Praza Central e estivo máis que correcta. En canto a de Andrés Suárez, ésta sorprendeunos extraordinariamente. Dar a talla con tan só unha guitarra, nos soportais da Casa do Concello e meterse ao público no bolsillo, non é doado. Se a industria discográfica non fose tan industria diría que estamos ante unha futura estrela, pero como temos a industria discográfica que temos tan só diremos que lle desexamos moita sorte. Este é un vídeo de Andrés Suarez, que ainda que non é da actuación de onte, pode darvos un pouco a idea de como foi ésta.

martes, septiembre 25, 2007

Visitas guiadas en Tui

Esta fin de semana vanse realizar catro visitas guiadas a distintos puntos do Conxunto Histórico-Artístico de Tui organizadas pola Concellería de Cultura para conmemorar o corenta aniversario da declaración da cidade coma Conxunto Histórico Artístico. Ao tempo con esta iniciativa o Concello é o primeiro municipio galego en sumarse as “Xornadas Europeas de Patrimonio” que nos meses de setembro e outubro congregan actividades en torno ao patrimonio cultural en 49 países de Europa.
As vistas programadas son totalmente gratuítas e non é preciso inscribirse previamente, só é preciso estar no punto de saída na hora de partida. Cada visita durará entorno a 60 minutos.

O programa previsto é o seguinte:

Sábado 29 de setembro:
12,00 h.: Visita á muralla de época moderna guiada polo arquitecto Jaime Garrido Rodríguez (inicio na Glorieta de Vigo)
18,00 h.: Visita guiada ao Claustro e paseo de ronda da Catedral, guiada por José Ramón Fernández Fernández (inicio na Porta de acceso ao Claustro – Praza de San Fernando)

Domingo 30 de setembro:
12,00 h.: Visita ao sistema amurallado de época medieval guiada por Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade de Tui (inicio monumento ao Bispo Lago, na rúa Ordoñez)
17,30 h.: Visita guiada á Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, guiada por Avelino Bouzón Gallego, director do Arquivo da Catedral e párroco de Rebordáns.

martes, septiembre 18, 2007

Baloncesto

Agora que, grazas a selección española, parece que o baloncesto volta a estar de moda, aproveitamos para recomendarvos un par de enlaces co que poderedes enterarvos un pouco da actualidade do Baloncesto en Valdolouro e arredores.

Baloncestocaselas.com: Web do equipo de baloncesto de Salceda que levamos seguindo prácticamente dende os seus inicios.

Webpbb.com: Páxina web do Porriño Baloncesto Base que como di o seu nome é o equipo de baloncesto de O Porriño.

O Baloncesto Mos e o C.B. Tui non teñen páxina web ou polo menos non a coñecemos.

domingo, septiembre 02, 2007

Fame de ciclismo

Levabamos moitos anos sen Volta a España, levamos moitos anos sen Volta a Galicia, a verdade é que a xente tiña moitas ganas de presenciar en directo unha proba ciclista de élite e iso notouse nas nosas estradas. Miles de persoas botáronse a rúa para aplaudir, ainda que so sexa durante uns segundos, a estes esforzados, e últimamente, maltratados deportistas. Foi un bonito día de ciclismo e ademáis tamén nos enteramos, gracias a TVE, que a illa que esta na praia de Samil e a Illa da Toxa e eu que pensaba que era a de Toralla.

Serafín Martínez do Karpín Galicia no trio de escapados



Chegada do pelotón



Alvaro Pino e Valeri Karpín no coche do equipo


Membros da peña Oscar Pereiro

sábado, septiembre 01, 2007

Un budiñés na Volta a España

Hoxe comeza en Vigo unha nova edición da Volta Ciclista a España. Un dos favoritos ao triunfo final é un ciclista de Mos, Oscar Pereiro, pero non é o único ciclista desta bisbarra que participará nesta edición da Volta. O ciclista porriñés de Budiño, Gustavo Domínguez, integrante do Karpín Galicia, tamén formará parté do pelotón. Esta foto é de fai anos, cando aínda era un cativo e xa gañaba carreiras como esta de Budiño, e soñaba con participar algún día na Volta a España. Algunhas veces os soños fanse realidade.

miércoles, agosto 29, 2007

Festas da Rocha 2007

Xa remataron as festas da Rocha por este ano. Coma sempre, e a pesares da inestabilidade do tempo, a festa non faltou, e miles de persoas déronse cita durante toda a fin de semán, e sobor de todo o luns, na Ribeira de Caldelas para comer as empanadas, beber uns viños, e disfrutar da noite de lúa chea que nos brindou este 2007. Podedes ver unha selección de fotos en fotografías Valdolouro.

O seguinte vídeo é unha pequena mostra do ambiente que había o luns no chiringuito do Penedo. A calidade da imaxe non é moi boa pero a luz do ambiente non daba para máis.

viernes, agosto 24, 2007

Axenda fin de semán en Tui

Xa está todo preparado na Ribeira de Caldelas para unha nova edición da Festa da Rocha. Osquestras e chiringuitos farán disfrutar aos miles de visitantes que ata alí se achegarán. O día grande será o luns, cando se celebrarán multitudinarias ceas ao aire libre, no que a empanada será a gran protagonista.

En Tui, durante a fin de semán, continuarán as actividades de "Vida nas Rúas", organizadas por ACITUI. Unha das actividades que máis xente atrae é o IV Festival Internacional de Teatro e Artes de Rúa. Ademáis destas actividades tamén actuará no Paseo da Corredoira este sábado as 21 h. o grupo folclórico "Seixos Salvos" de Areas. E se che apetece mercar algo tamén continuarán está semán co mercadiño de oportunidades que tanto éxito tivo a pásada fin de semán.

jueves, agosto 23, 2007

Rebumbio 2007

Mañá venres comeza en Mos unha nova edición do Festival Rebumbio, organizada pola asociación do mesmo nome. Este ano únese ao festival a Plataforma Defende Mos que loita contra os plans que Fomento ten para o trazado do AVE e da nova autovía ao seu paso por Mos. Así que a festa está asegurada esta fin de semán.

miércoles, agosto 22, 2007

Malvela & El Puto Coke

Hoxe dixéronme que ollase este curioso vídeo do grupo de Mos, Malvela e o rapeiro El Puto Coke, e se non fora porque está acabando o verán diría que esta sería unha firme candidata a canción do verán deste ano. Ten tódolos ingredientes, é pegadiza dabondo e ademáis ten baileciño.

sábado, agosto 18, 2007

Ligazóns variados

O primeiro enlace que vos vamos a recomendar é a dunha parella viguesa que fai uns meses se decidiu a tomar un ano sabático para dar a volta o mundo e que se atopou de cheo co terremoto en Perú. Podes leer a súa experiencia ver algunhas fotos en:
http://eldiariodepassepartout.blogspot.com

Recomendámosvos tamén a web oficial da Banda de Música de Salceda da que sairon grandes músicos como é o caso de Edu Diz, que tamén nos presenta a súa web oficial. E para rematar, navegando un pouco polo Youtube, atopamos dous novos vídeos dos concertos do III Curso Internacional de Música de Salceda, organizado por dita Banda. Son os vídeos do Concerto de Lamatumbá e de A Roda.

miércoles, agosto 15, 2007

Rocha Rock e Milladoiro en Tui

Este venres será unha noite moi intensa para os amantes da música en Tui. No aparcadoiro da Area Panorámica poderemos disfrutar da actuación do coñecido grupo Milladoiro, a hora de comenzo será as 22:30. Na ribeira de Caldelas, tamén pola noite terá lugar unha nova edición do "Rocha Rock" que será o pistoletazo de saída das Festas da Rocha.
Este novo vídeo pertence a actuación do grupo Lamatumbá en Salceda con motivo do III Curso Internacional de Música.

lunes, agosto 13, 2007

The Tubas

Este é un pequeno fragmento da actuación do grupo de Salceda "The Tubas", na semán cultural de Entenza. The Tubas é un quinteto formado por 4 instrumentistas de vento e un batería que tocan música do máis variado, dende Sting ata Ana Belén, pero sempre cun toque persoal, que nos lembran algo aos sempre estrañados Cataventus de Michy e compañía.

martes, agosto 07, 2007

III Curso Internacional de Música de Salceda

Con motivo do III Curso Internacional de Música, organizada pola Asociación de Amigos da Música de Salceda, esta semán haberá unha gran cantidade de concertos musicais. Estas son os concertos programados:

- Martes 7, ás 22.00 no Auditorio: Banda de Música Cultural de Salceda.
- Mércores 8, ás 22.00 no Auditorio: Vicent Alberola (clarinete) e Alejo Amoedo (Piano).
- Xoves 9, ás 22.00 no Auditorio: Alan Baer (tuba) e Alejo Amoedo (Piano).
- Xoves 9, ás 23.30 na Praza do Concello: Lamatumbá.
- Venres 10, ás 23.00 na Praza do Concello: The Tub@s e Turre’s Band.
- Sábado 11, ás 21.00 no Auditorio: Concierto de clausura a cargo dos alumnos do curso.
- Sábado 11, ás 24.00 na Praza do Concello: A Roda e ao rematar o concerto, gran queimada.

Videos da VIII Noite Internacional do Miño

Estes videos é unha pequena mostra do que poidemos ver na VIII Noite Internacional do Miño que tivo lugar en Rebordáns, Tui. Por falta de tempo non poidemos grabar a actuación dos anfitrións, a Escola de Gaitas e Danzas "San Fins", nin a do grupo Serbio, "Cukarica".

Actuación do grupo da India, Shilpagya


Actuación do grupo de Polonia, Warszawa


Actuación do grupo de Paraguai, Renacer Yeroky Saraky


Actuación do grupo de Ucrania, Yunist Podillya

viernes, agosto 03, 2007

Axenda para esta fin de semán

Gran actividade cultural nos nosos concellos para esta fin de semán. Estes son os acontecementos máis destacables:

En Cabreira, moi preto de Salceda, XI Festa da Chuzadita, todo un clásico das macrofestas do verán, tan de moda últimamente. Será este venres pola noite e ata altas horas da madrugada.

En Tui, tamén hoxe venres a partires das 22:30 horas, na Praza de San Fernando, XVI Festival de Bandas de Música, que contará coa participación da Agrupación Musical de Belesar de Baiona e da Banda de Música Popular de Tui.

En Salceda, este sábado a partires das 00:00 horas, actuación do grupo A Roda na Praza do Concello.

No aspecto deportivo, está fin de semán terá lugar en Tui a primeira proba do campionato galego de Wakeboard (esquí nautico). Hoxe venres serán os entrenamentos entre as 10 da mañán e as 7 da tarde, e o domingo terá lugar a proba oficial de 10 a 17 horas, fronte ao Centro Interfederado de Remo e Piragüismo.

jueves, agosto 02, 2007

Procesión da Virxe do Carme en Tui

Aínda que con un pouco de retraso, subimos este vídeo da saída da procesión da Virxe do Carme dende a Praia da Mariña en Tui

domingo, julio 29, 2007

Oscar Pereiro 10º calsificado no Tour de Francia

O ciclista de Mos, Oscar Pereiro, despois da súa gran contrarreloxo de onte, rematará o Tour no 10º posto da xeral. Este será o 4º ano consecutivo no que Oscar acaba o Tour entre os 10 primeiros, algo que poucos ciclistas poden decir. Agora só queda que o Tour o declare lexítimo ganador do ano 2006.

lunes, julio 23, 2007

Camiño de Santiago en Buenos Aires

Dende Arxentina chéganos esta curiosa información. Para celebrar a festa de Santiago Apostol, teñen organizado para este vindeiro sábado o seu particular Camiño de Santiago polas rúas e barrios da cidade de Buenos Aires, que rematará como non podía ser de outra maneira na parroquia de Santiago Apostol.
Este é o programa de actos previsto e o cartel anunciador:

DETALLE DEL RECORRIDO A REALIZAR:

11:00 horas - Cruceiro de Parque Lezama:
El punto de partida se ubica en la manzana delimitada por la Avenida Brasil, la Avenida Paseo Colon, la Avenida Martín García y la calle Defensa.
Desde las 10 de la mañana se concentraran los coordinadores del camino. Al pie del cruceiro hay un cofre enterrado con tierra de las cuatro provincias gallegas.

12:00 horas - Catedral Metropolitana:
Monseñor Bergoglio bendice el Apóstol que llevamos y nos entrega una imagen del Patrono de la ciudad de Buenos Aires, San Martin de Tours.

12:30 horas Congreso de la Nación Argentina:
Símbolo democrático donde conviven todas las ideas. En cada punto de encuentro, nuestros jóvenes y mayores nos deleitaran realizando actuaciones para los transeúntes.

13:30 horas - Plaza Francia / Recoleta:
La elección de puntos neurálgicamente estratégicos busca integrar al evento no solo a los naturales de esta tierra de acogida sino también a los turistas que visitan este país.

14:30 horas - Monumento de los Españoles:
Nuestra forma de ser españoles es ser gallegos, el recorrido se interna en un paisaje más cercano "á terriña": Los bosques de Palermo.

Al llegar al Paseo del Inmigrante Gallego, y remedando aquellas fiestas, habrá una misa en la iglesia, un festival que reunirá a lo mejor de nuestra cultura y un cierre con clásicos fogetes.

El objetivo primordial de este evento no es otro que devolverle a nuestra Comunidad el protagonismo que supo tener y que, aunque es manifiesto, continua.

jueves, julio 19, 2007

A depuradora de Guillarei segue sen funcionar

A depuradora instalada na Veiga do Louro, Guillarei (Tui), segue sen funcionar, un ano despois da súa inauguración oficial. A depuradora foi construida para uso dos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui e para librar ó río Louro da extrema contaminación a que leva anos sometido. Onte tivo lugar unha reunión entre o presidente da Confederación Hidrográfica do Norte e os alcaldes dos citados concellos, onde se lle entregou oficialmente dita instalación, pero parece que os alcaldes son reticentes a súa posta en marcha porque segundo eles faltan obras por realizar, entre elas a acometida eléctrica.
Non sei de quen é a culpa nin sei de que é razón pero o certo é que o noso río Louro non pode esperar máis. ¿Irán unha vez máis os políticos ó remolque dos cidadáns?

martes, julio 17, 2007

Un pasiño adiante para o uso da internet

A verdade é que non é máis que un pequeño pasiño para o uso das novas tecnoloxías na nosa bisbarra, pero xa se sabe, pasiño a pasiño, algún día ata poderemos ter unha rede Wifi de calidade para tódolos veciños. Este é o comunicado que nos chega do concello de Tui.

"A Concellería de Cultura do Concello de Tui vén de por en marcha un Servizo de Información ao Público ao través do correo electrónico. Desde xeito, e empregando as novas tecnoloxías, o departamento de Cultura enviará directamente ao enderezo proporcionado pola persoas que se dean de alta información sobre os distintos espectáculos que organiza ao longo do ano. Para darse de alta neste servizo o usuario terá que enviar un correo electrónico a publico.cultura@concellotui.org, posteriormente será confirmada a súa alta. Dende que o pasado xoves se presentou a programación cultural do segundo semestre e se anuncioiu este novo servizo comezaron a chegar xa as primeiras inscricións. Desde xeito contribúese a difusión da actividade cultural na cidade que se publicita na Axenda Cultural Corredoira, e que este ano amais de co correo electrónico tamén se dará a coñecer na valla instalada no lateral dereito da Área Panoramica."

jueves, julio 12, 2007

Web de Michy, músico de Salceda

Hoxe presentámovos a web dun músico de Salceda que quere abrirse paso no difícil mundo da música. Decimos músico e non nos equivocamos, porque Michy é un músico cunha longa traxectoria en distintas bandas, entre elas a sempre recordada "Cataventus". Agora preséntanos a seu traballo en solitario, podedes escoitar e baixar gratuitamente o seu primeiro tema UKA, na súa páxina web michymusic.com. A súa posta de largo foi hai unhas semáns no Café Bitoque. Dende Valdolouro.com desexámolle moita sorte nesta nova andaina.

domingo, julio 08, 2007

Web oficial de Oscar Pereiro

Esta semán, pouco antes de marchar para Francia a disputar o Tour, Oscar Pereiro presentounos a súa web oficial. Por certo, onte tuvo unha boa actuación na etapa prólogo que se celebrou en Londres. A ver se este ano Oscar pode facer historia e converterse no primeiro ciclista que gana dous Tours no mesmo ano, o do 2007 e o que lle deben do 2006. ¡Ánimo Oscar!

jueves, julio 05, 2007

Ciclo Cultural 2007 en Salceda de Caselas

Estes son os actos que quedan por celebrarse do Ciclo Cultural 2007, previos as Festas do Cristo:

Xoves, 5 de xullo:
22:30 Xistra de Coruxo

Venres, 6 de xullo:
22:30 Nova Galega de Danza (Música e danza galega)

Sábado, 7 de xullo:
09:30 Concurso nacional canino – I cursiño Handler (Café Bar Bitoque)
20:00 Festival da muiñeira (Praza do Concello)

Domingo, 8 de xullo
09:30 Concurso nacional canino – Concurso de beleza (Café Bar Bitoque)
18:00 Xogos para nenos con Rivel Animación (Praza do Concello)

Luns, 9 de xullo:
22:30 Playbacks da Agrupación Cultural Xunco de Parderrubias

Martes, 10 de xullo:
22:30 Cine na Rúa: Scoop

Mércores, 11 de xullo:
22:30 Aula Municipal de Teatro de Salceda: “Contos pendurados no arco da vella”


Xoves, 12 de xullo:
22:30 Concerto de marimba: Francisco Troncoso (Auditorio Municipal)
23:30 Concerto folk co grupo Tarxa (Praza do Concello)

Venres, 13 de xullo:
17:00 Exhibición de capoeira, aeróbic, artes marciais... (Pavillón Municipal)
22:00 XVI Convención de Bandas de Música (Praza do Concello)
- Agrupación Musical de Goián
- Banda Musical de Monçao
- Banda de Música Cultural de Salceda
Presenta: Nicolás Camino

Exposición de María Mariño durante o ciclo, no Auditorio Municipal:
Luns a Venres 17:30 a 22:30
Sábados e Domingos 18:00 a 20:00

Firma do pacto BNG-PSOE en Salceda

Segundo nos informan dende o concello de Salceda de Caselas, mañán venres procederase a firma do acordo de goberno entre o BNG e o PSOE. O acto terá lugar as 17:00 horas no salón do restaurante Caselas.

Festa das escolas deportivas municipáis de Salceda

O pasado sábado día 30 de xuño, preto de 80 rapaces pertencentes as Escolas Deportivas Municipais dependentes da Concellería de Deportes do Concello de Salceda de Caselas pasaron un divertido día na Área Recreativa do Agoeiros, na parroquia de Santa María. Tratábase de celebrar o final de tempada das diferentes modalidades deportivas practicadas durante o curso escolar (bádminton, xadrez, baloncesto, fútbol, fútbol sala, balonmán, tenis, patinaxe etc.). Na organización das actividades, ademais dos técnicos das escolas e da OMIX, colaboraron distintos monitores das actividades, así como monitoras de tempo libre colaboradoras da concellería de xuventude noutras actividades. Pola mañá realizaron diversas actividades relacionadas con xogos deportivos, na que utilizaron diversos materiais, desde os máis tradicionais como son as carreiras de sacos, a corda e os cestos, ata o lanzamento de discos, ou xogos co denominado balón de cegos (provisto de campas pequenas, coas que orientarse a cegas). O medio día e antes do xantar, os rapaces recibiron a visita do Alcalde de Salceda Marcos Besada e a Concelleira de Cultura, Xuventude e Deportes Teresa Pérez, que se interesaron pola situación tanto dos rapaces coma dos distintos monitores. O xantar consistiu en pizza, empanada, e refrescos para recuperar forzas e continuar pola tarde. A tarde foi máis tranquila pois os rapaces se dividiron en 8 equipos e realizaron unha gran "xincana" de probas consistentes en adiviñar cancións, bailar con globos, realizar probas de habilidade, debuxar a cegas ou acertar preguntas de cultura xeral. En definitiva un día de ledicia para os máis pequenos como preludio das actividade de verán que comezaron este luns (Veranlandia, Natación, Verán Deportivo, Obradoiros de Internet ou os campamentos de verán da Xunta e a Deputación).





domingo, junio 17, 2007

Primeiras intencións

Onte tomaron posesión as novas corporación municipáis. Como xa dixemos, só en Salceda saiu elexido un novo alcalde, Marcos Besada. A expectación foi máxima e ata se venderon camisetas co logotipo de Salceda. Tamén se luciu a recén inaugurada estatua adicada ao desaparecido "Tuchiño". A verdade é que o novo alcalde parece que ven con ganas e xa colgou un saúdo para tódol@s veciñ@s de Salceda,na web oficial do concello. Espero que sexa unha declaración de intencións do novo grupo de goberno, e que dunha vez por todas, se lle dé un bo empurrón as novas tecnoloxías no concello de Salceda e nos dos arredores que aínda están máis atrasados nese aspecto.


sábado, junio 16, 2007

Novos gobernos municipais

Hoxe tomaron posesión os novos alcaldes que sairon das eleccións do pasado 27 de maio. Na comarca de Valdolouro, só cambiou de signo o concello de Salceda, que será gobernado polo BNG, non se sabe aínda se en minoría ou en coalición co PSOE. A expectación no concello foi espectacular, a xente abarrotou o salón de plenos e os pasillos para asistir a investidura do novo alcade, Marcos Besada do BNG. Este é o vídeo do alcalde a saída do pleno.

martes, junio 12, 2007

Tempo de mudanzas

O vindeiro sábado, tomarán posesión os alcaldes elexidos o pasado 27 de maio e nos días posteriores de pactos, arreglos, repartos ou amaños, segundo se queira calificar. Uns continuarán no poder e outros deberán abandoalo, coma o caso de Chicho en Salceda. Logo de 31 anos debe deixar o seu sillón, e por iso estes últimos días adicouse a facer limpeza. As fotos de abaixo foron tomadas o pasado venres día 8, no local de Protección Civil de Salceda. Nela pode observarse a Chicho cargando unha furgoneta ata arriba de papeis. Parece que Chicho non lle quere deixar moito traballo ao goberno entrante. Por certo tamén me comentan no mesmo correo que a súa promotora xa comenzou a derrubar os metros sobrantes do famoso edificio de Rosalía de Castro. ¿Faría o mesmo se gañase as eleccións?




jueves, junio 07, 2007

O Corpus de Ponteareas na rede

Xa está todo preparado no concello de Ponteareas para a súa festa máis importante, o Corpus. Como cada ano os pontareans engalarán as súas rúas con todo tipo de variedades vexetáis, para a procesión do domingo. Este ano contará cunha novedade, principalmente para os que non poidan asistir en directo. Unha das asociacións que forman a festa do Corpus, anuncian que transmitirán en tempo real por internet, a noite do sabado, a confección das alfombras por parte dos veciños. Din que transmitirán con boa calidade e ata con sonido. Que o ancho de banda os acompañe.

Esta é a súa dirección: http://www.corpusweb.org

jueves, mayo 31, 2007

IV Festival de Cans (2ª parte)

Aínda que non falen de nós na súa web, xa se sabe, ninguén é profeta na súa terra, nós engadimos máis material que tomamos por alí, neste caso é unha galería fotográfica. Espero que vos guste. Podedes ver tódalas fotos que tomamos no Festival de Cans en Fotografías Valdolouro. A ver se con isto xa nos fan unha pequena reseña e senón outra vez será.

lunes, mayo 28, 2007

Elección municipáis 2007

Como todos sabedes onte tiveron lugar as eleccións municipáis en toda España. Creo que destas eleccións se poden sacar unhas cantas conclusións. A primeira é que as campañas electoráis, precampañas incluidas, duran demasiado. Deberían ceñirse máis as dúas semáns legáis, e todos sairíamos gañando. A segunda é que o P.P. perde cáseque todo o poder nos concellos que están a carón de Vigo, incluido Vigo. A terceira é que nos concellos de Valdolouro e arredores non hai maiorías absolutas, só en Salvaterra, con isto gaña a democracia e o diálogo. E a última é que había moita xente en Salceda que xa tiña ganas de que Chicho deixase a alcaldía, mostra diso é a festa improvisada que se montou onte a noite no centro da Esfarrapada, onde centos de persoas acudiron a celebrar a derrota de Chicho nas urnas. Ata sonou a música de Jarcha e o seu coñecido "Libertad sin ira". Lembrábanme ós primeiros anos da transición que foi, precisamente, cando Chicho colleu o poder en Salceda. Creo que foron moitos anos.

domingo, mayo 27, 2007

IV Festival de Cans

Onte rematou unha nova edición do Festival de Cans. Un festival que cada ano vai máis tanto en público coma en organización. Este ano as actividades paralelas extendéronse máis dunha semán. Unha das cousa que máis me gustou nesta edición foron as actuacións musicáis, moi variadas e festeiras, acordes co propio espíritu do festival. A min gustoume moito o espectáculo de Victor Coyote e Pablo Novoa co grupo de bombos Os Bravos de São Vicente (Portugal), unha curiosa mistura que animou moito a noite do venres. Hoxe presentámovos un par de vídeos de dita banda de bombos e da actuación do grupo The Ellas liderado polo actor Luis Tosar.

Os Bravos de São Vicente con Victor Coyote e Pablo Novoa


The Ellas a banda de Luis Tosar

viernes, mayo 25, 2007

Xa está eiquí o Festival de Cans

Mañán é o día grande do Festival de Cans. O chimpíns voltarán a ruxir os seus motores para levar ao público as distintas salas habilitadas. Podes ver a programación completa na súa web oficial.

Quero tamen recomendar un par de blogs feitos na nosa comarca e arredores. O primeiro é A Torre da Derrota, un blog feito por un veciño de Salceda, no que fala de todo un pouco e ata se atreve a facer un pronóstico para as eleccións do vindeiro domingo en Salceda de Caselas, ¿acertará?

O segundo é Contos e Demáis, un blog feito por un veciño de Ponteareas, que fala principalmente de gastronomía, con críticas dos restaurantes que visita, moitos pola nosa comarca, polo que se queres acudir a algún restaurante ou tapería e non tes referencias deles igual podes atopar algo neste blog. Ademáis tamén fala de fotografía e viaxes.

lunes, mayo 07, 2007

DVD Entroido Salceda 2007

Aínda que con un pouco de retraso, editamos un DVD con tódalas fotos e vídeos que tomamos no entroido de Salceda de este ano, tanto do concurso de carrozas e comparsas, coma do desfile dos barrios da Feira e o Barreiro. Ademáis da montaxe vídeo-musical, ten unhas carpetas con tódalas imaxes orixináis para poder imprimi-las fotos ou edita-los vídeos ao voso antollo. Se a alguén lle interesa a súa adquisición, pode porse en contacto connosco a través do mail: valdolouro@iespana.es. Ofrecémovos este par de vídeos do desfile de comparsas do domingo, aínda que a calidade non é, nin por asomo, a mesma ca do DVD, pode servirvos de mostra do que vos podedes atopar en dito traballo.

Fragmento DVD Entroido 2007. Comparsa "A Cabritinha"


Fragmento DVD Entroido 2007. Comparsa "Os Pitufos"

domingo, abril 29, 2007

Festa da Lamprea en Arbo

Este sábado achegámonos ata Arbo para degustar a súa famosa lamprea. A verdade e que estaba moi boa en tódalas variedades que servían, rechea, con arroz ou en empanada. Durante a tarde, chegou un grupo de rapaces que facían unha exhibición espectácular de "capoeira", pero a sorpresa de verdade deuna un espóntaneo, que sen dúbida animado polos bos viños da zona, decidiu darnos tamen a súa propia exhibición, non sei se de capoeira, break-dance ou algunha arte marcial nova. Atención a parte esquerda do video.

lunes, abril 23, 2007

Nova web do Concello de O Porriño

Votando unha ollada a un especial de La Voz de Galicia sobre o Concello de O Porriño, enteramonos dun par de cousas interesantes. A primeira é que O Porriño é, por detrás de Ames, o segundo concello máis xoven de Galiza, cun 21% da súa poboación menor de 20 anos; a segunda cousa do que nos enteramos é que o Concello de O Porriño ten unha nova web oficial, a súa dirección é http://www.concellodoporriño.net. De momento ten poucos contidos, esperemos que co tempo podamos darlle máis uso e non pase coma co anterior intento.

viernes, abril 20, 2007

Festas de San Telmo 2007 (Tui)

Este pasado luns remataron as festas de San Telmo 2007. Foron máis ou menos coma outros anos, co seu meixón cada vez máis escaso, coa súa feira dos cabalos, coa súa procesión chea de santos e autoridades, etc, pero hai unha cousa que xa non é o que era; estou falando da FAIM, unha feira que era sen dúbida unha marca de calidade das festas de San Telmo e que xa fai uns anos non e máis que 4 tractores aparcados e uns postos de ventas de embutidos e productos semellantes, e aínda por riba cobran por entrar. Creo que a súa organización corre a cargo da Cámara de Comercio, pero o concello como máximo responsable non debía permitir esta deixadez. Pouco a pouco, as cousas que distinguian a Tui de outros concellos, como é a FAIM ou a Zona Monumental, estanse perdendo. Por certo, ¿alguén sabe para que sirven as Cámaras de Comercio?

Presentamosvos uns vídeos da despedida das bandas de música que participaron na procesión de San Telmo.

Banda da Infantería de Mariña


Banda de Música Popular de Tui


Banda da Brilat

miércoles, abril 11, 2007

O alcalde de Salceda deu explicacións

Onte o alcalde de Salceda compareceu en rolda de prensa para dar a súa versión do caso de corrupción urbanística de que se lle acusa. Entre outras cousas "Chicho" dixo que era socio da promotora Viviendas Caselas S.L. a pesares de que recoñeceu que quizais no fose moi ético, pero si legal. Resumindo un pouco o caso coma o faría o profesor Adrían Paenza, de cada 100 vivendas construidas en Salceda nos últimos 10 anos a promotora do alcalde construiu 23.

Así reflexou a prensa a noticia:
-O alcalde de Salceda defende a legalidade do expediente do edificio de Rosalía de Castro 19 e asegura que actuará "con contundencia" en canto se pronuncien os técnicos. (VigoMetroplitano.com)

-El alcalde de Salceda se mantendrá como promotor, pese a verlo "inconveniente". (Faro de Vigo)

-El alcalde de Salceda admite que "quizá no sea ético" su negocio inmobiliario. (El Pais)

martes, abril 10, 2007

San Telmo non era santo

Durante esta semán e ata o vindeiro luns celébrase en Tui as festas de San Telmo ou do Beato Telmo ou como queira que se diga, porque resulta que agora nos enteramos que San Telmo aínda non é santo e que queren por en marcha outra vez o proceso de canonización. Para iso teñen que presentar unha miragre que se produxera por intercesión de San Telmo, non sei se Rocha incorporará coma miragre a súa exculpación de certos casos de corrupción urbanística dos que estaba acusado, aínda que sin duda sería digno de ser declarado miragre a construcción do hipódromo que prometeu cando se presentou de independiente ¿usará Diz Guedes a mesma maqueta este ano?

Páxina oficial das festas de San Telmo

domingo, abril 08, 2007

Tempo de roscas

Hoxe, ademáis de Domingo de Pascua, e tamén o día en que os afillados van a buscar a rosca a casa dos seus padriños. Esta é unha tradición moi localizada na nosa comarca, non hai moitos sitios de Galiza, e xa non digamos de España, que tamén teñan esta tradición. Pero igual que sucede no Nadal as nosas tradicións estanse perdendo e adoptamos outras de outros lares, tales coma huevos, casiñas, coellos e demáis chirimboladas de chocolate. Dende eiquí queremos facer una chamamento aos padriños e madriñas de Valdolouro, para que continuen regalando roscas aos seus afillados.

jueves, abril 05, 2007

Así é o noso planeta

A veces se reducimos os macrodatos que nos dan certos organismos, ou os medios de comunicación, é máis fácil para nós a súa interpretación. Esté é un exemplo verídico sacado dunha publicación da ONU de Agosto de 1996.

Se encolleramos toda a población do mundo hasta un pobo de 100 persoas, mantendo as proporcións actuais obteríamos os seguintes datos:
-Habería 57 asiáticos, 21 europeos, 14 americanos e 8 africanos.
-70 serían non blancos e 30 blancos.
-70 serían non cristiáns e 30 cristiáns.
-O 50% da riqueza de todo o planeta estarían en mans de 6 persoas. Os 6 serían ciudadáns dos EEUU.
-70 serían analfabetos.
-50 sufrirían malnutrición.
-80 habitarían en vivendas de construcción precaria.
-Só 1 tería educación de nivel universitario.

¿A qué esta non era a idea que temos do noso planeta?

Este texto está quitado do libro "Matemática...¿estás ahí?" do profesor arxentino Adrían Paenza. Un libro totalmente recomendable para todos os que sinten algunha curiosidade co mundo dos números pero cunha linguaxe moi popular. Ademáis de mercalo en calquer librería, tamén podedes baixalo gratuitamente da rede, e de maneira legal. O seu autor colgou unha versión gratuita na rede para uso particular, él di que prefere que o lea moita xente a que só o merquen un número máis pequeno de persoas. ¿Non pensades que algúns deberían tomar boa nota?

sábado, marzo 31, 2007

Urbanismo en Salceda de Caselas

O diario "El Pais", adicoulle onte e hoxe amplos artigos sobre o urbanismo de Salceda, o seu alcalde e as actividades da promotora da que é accionista. Pero o mellor é que os leades vos mesmos e saquedes as vosas propias conclusións. Estes son os artigos máis interesantes:

-"La promotora del alcalde de Salceda de Caselas construye obras ilegales".

-"La inmobiliaria del alcalde de Salceda promovió 375 viviendas en una década".

-"Los empresarios graniteros del municipio diversificaron sus actividades a la construcción".

jueves, marzo 29, 2007

Curiosa imaxe

Paseando estes días polos nosos montes atopamos unha curiosa imaxe, digna de ser investigada por Iker Jiménez. ¿Serán os novos postes ecolóxicos de telefónica? ¿será que están baixando un pino da rede? Se alguén se lle ocurre que pode ser, que deixe o seu comentario.

domingo, marzo 25, 2007

martes, marzo 20, 2007

3ª Edición do Play Doc en Tui

Esta fin de semán celébrase a terceira edición do festival intenacional de documentáis de Tui, "Play-Doc". Están programadas moitísimas actividades ademáis da proxección dos documentáis, como música, pintura, charlas, concursos,etc. Podía contarvos máis cousas pero o mellor e que o vexades na súa web oficial.

miércoles, marzo 14, 2007

Imaxes primaverais

Estes días que o tempo acompaña, apetece dar un paseo polos nosos montes e campos. Nós fixémolo e aproveitamos para tomar unhas cantas fotos dos nosos arredores. Amosámosvos unha pequena mostra para que disfrutedes todos os que por algunha razón non poidestes disfrutar destes días fermosos, especialmente para os que están lonxe do noso pais. Se queredes saber onde están tomadas entrade en fotografías Valdolouro






miércoles, marzo 07, 2007

Videos de martes de entroido en Salceda

Hoxe traémosvos uns videos do desfile do martes de entroido, das comparsas de A Feira e do Castro Barreiro en Salceda.

Comparsa de A Feira






Comparsa do Castro Barreiro



martes, marzo 06, 2007

Fotos do martes de entroido de Salceda

Hoxe presentámosvos as fotos do martes de entroido en Salceda, co tradicional desfile de rivalidade entre os barrios do Castro Barreiro e a Feira. Estas son un par de fotos de mostra, podes ver o resto da reportaxe en fotografías Valdolouro.



sábado, marzo 03, 2007

Fotos do entroido de Salceda (5ª parte)

Nesta nova entrega de fotos do entroido de Salceda, presentámosvos a últimas fotos do concurso de carrozas e comparsas do domingo, corresponden as comparsas de San Xurxo, Festa Joljorio de Salceda, Os Casamenteiros de Tomiño e A Picoña.







jueves, marzo 01, 2007

Videos do entroido de Salceda (5ª parte)

Nesta entrega de vídeos do entroido de Salceda, ofrecémovos dous vídeos da comparsa Festa Joljorio de Salceda co seu espectáculo "Os Pitufos" e un vídeo da comparsa de A Picoña co seu espectáculo "China Town".

Comparsa da Picoña co tema "China Town"


Comparsa "Festa Joljorio" de Salceda co tema "Os Pitufos"


miércoles, febrero 28, 2007

Videos do entroido de Salceda (4ª parte)

Nesta nova entrega de vídeos do entroido de Salceda, ofrecémovos un novo video da comparsa de San Xurxo co seu espectáculo "A Polinesia" e o primeiro video da comparsa Festa Joljorio co seu espectáculo "Os Pitufos".

Comparsa Festa Joljorio co tema "Os Pitufos"



Comparsa de San Xurxo co tema "A Polinesia"

martes, febrero 27, 2007

O cartel gañador do Entroido de Salceda era un plagio

Comunicado oficial da Omix de Salceda de Caselas:
El ganador del Concurso de Carteles de Entroido organizado por la OMIX de Salceda de Caselas, Manuel Castiñeira, será desposeído de su premio de 150 € y un lote de libros por presentar un trabajo copiado literalmente de un libro de diseño, según un comunicado emitido esta tarde por la Omix del Concello de Salceda. La oficina añade con el plagio "contradice la base 4ª del concurso que dice textualmente: "Non se admitirán copias de debuxos xa existentes".
El diseño presentado fue copiado de la página 367 del libro ART EXPLOSIÓN IMÁGENES, y el nombre del diseño es "Floatface Square". “La organización pide sinceras excusas al resto de los participantes y sobre todo a los dos accesits (segundo y tercer premio) pues, aunque estos dos últimos se repartirán el premio en metálico, no podrán ver reflejados sus trabajos honradamente realizados en el cartel de Entroido, pues éste ya ha pasado”, afirman en el comunicado.

Videos do entroido de Salceda (3ª parte)

Hoxe, na 3ª entrega de vídeos do desfile do concurso de carrozas e comparsas de entroido de Salceda,ofrecémovos 2 vídeos das comparsas de Parderrubias e San Xurxo.

Comparsa de Parderrubias co seu tema "A Cabritinha"


Comparsa de San Xurxo co seu tema "A Polinesia"

lunes, febrero 26, 2007

Videos do entroido de Salceda (2ª parte)

Hoxe, na 2ª entrega de vídeos do desfile do concurso de carrozas e comparsas de entroido de Salceda,ofrecémovos 2 vídeos da comparsa "Revolución Show" de Tomiño.



domingo, febrero 25, 2007

Videos do entroido de Salceda (1ª parte)

Hoxe ofrecémovos a 1ª entrega de vídeos do entroido 2007 de Salceda. En vindeiros días poremos máis vídeos e seguiremos engadindo fotos a nosa colección de fotografías do entroido.

Comparsa Arco Iris


Comparsa de Soutelo

sábado, febrero 24, 2007

Fotos do entroido de Salceda (4ª parte)

Xa podedes ver máis fotos do entroido de Salceda 2007. Neste caso trátase de fotos das comparsas "Revolución Show" de Tomiño e "A Cabritinha" de Parderrubias. Podes ver tódalas fotos en Fotografías Valdolouro.



jueves, febrero 22, 2007

Máis fotos do entroido de Salceda

O prometido é débeda, así que eiquí tedes máis fotos do Entroido de Salceda 2007. Neste caso son da comparsa Arco Iris e Soutelo, participantes no consurso de comparsas e carrozas de entroido do pasado domingo en Salceda. Podes ver tódalas la fotos en fotografías Valdolouro. En vindeiros días iremos poñendo máis fotos deste entroido.


miércoles, febrero 21, 2007

A Feira vs. Castro Barreiro. Entroido 2007

Un ano máis a rivalidade dos Barrios de A Feira e Castro Barreiro, escenificouse polas rúas de Salceda. Igual que fai 2 anos, A Feira voltou a usar o seu espionaxe, para coñecer o tema da carroza do Castro Barreiro, e abriu o seu desfile cunha parodia de dita carroza. O tema elexido este ano pola Feira foi todo o relacionado coa "Operación Malaya" e os seus persoaxes máis coñecidos, Julian Muñoz e a Pantoja. En cambio, o tema elexido polo Castro Barreiro era o mundo das fadas e tódolas persoaxes máxicas que habitan os montes. Coma tódolos anos houbo todo tipo de opinións: que a carroza e millor esta, que a comparsa e mellor a outra. ¿E vós que opinades? Podedes deixa-las vosas opinións no apartado "comentarios (comments)". Eiquí tedes algunhas fotos para poder opinar con máis argumentos. Nos vindeiros días prometo máis fotos deste entroido 2007.

Carroza e comparsa da Feira




Carroza e comparsa do Castro Barreiro