miércoles, noviembre 22, 2006

X Festa dos Cogumelos de Entenza

A pasada fin de semán tivo lugar a X Festa dos cogumelos de Entenza. O sábado a tarde, a pesares das condicións atmosféricas, arredor de 50 persoas acudiron o casa cultural para a posterior saída ao monte en busca de cogumelos para a exposición. O domingo tivo lugar a degustación de cogumelos e champiñóns, preparados ao natural, con nata ou en empanada. Nos tamén acudimos e tomamos algunhas fotos para que poidades velas.

jueves, noviembre 16, 2006

Voltamos outra vez

Despois dun ano moi axetreado que nos impediu manter a páxina toda o actualizada que quixéramos, voltamos con máis ilusión que nunca. Este último mes estivemos na Arxentina, onde poidemos comprobar que, hai xente moi lonxe de eiquí que quere e se lembra desta Terra, moito máis que algúns de nós.Tamén tivemos tempo de coñecer a amigos como Horacio, bailarín da Agrupación Folklórica Baixo Miño, co que mantivemos unha conversa,breve pero intensa (xa quedamos citados para dentro de 2 anos en Galicia), lástima que non poidésemos asistir ao festival deste sábado.
Para esta fin de semán temos un par de notas na nosa axenda e as dúas para Salceda. Mañán venres 17, ás 7 da tarde terá lugar a inauguración da nova casa do concello de Salceda. O sábado 18 e domingo 19 terá lugar en Entenza a X Festa dos Cogumelos. O sábado ás 15:30 terá lugar a saida o monte e o domingo poderáse visitar a exposición dos cogumelos recollidos o día anterior e a partires das 11:30 da mañan e despois de que lea o pregón Rubén Cela Diez, Director Xeral de Mocidade, terá lugar a degustación popular de cogumelos. Os actos terán lugar na Casa Escola de Entenza, e están organizados pola Asociación de Xóvenes A Turonia.