Despois de asistir as 5 edicións do Festival de Cans e cando xa pensara que vira de todo e que nada me iba sorprender, este ano tocoume ser partícipe involuntario dunha actividade fora de programa "o aterraxe na leira", porque un chimpibus, xa bautizado polos pasaxeiros como Apolo XIII, quixo ser un protagonista máis desta edición e regalounos unha mágnifica viaxe, só de ida, polas leiras de Cans, volcado incluido. Afortunadamente non tivo máis consecuencias que unhas pequenas feridas e mazaduras varias e un bo susto para os viaxeiros e o piloto. Os supervivintes quedamos xa de vernos o vindeiro ano en Cans para lembrar semellante epopeia.
O único falecido en tan triste suceso foi a miña cámara "Suxi", que me acompañou estes últimos anos e que instantes antes de perde-la vida aínda tivo agallas de sacar a súa derradeira foto.
O único falecido en tan triste suceso foi a miña cámara "Suxi", que me acompañou estes últimos anos e que instantes antes de perde-la vida aínda tivo agallas de sacar a súa derradeira foto.
Segundos antes da aterraxe na leira da esquerda
Derradeira foto tomada por Suxi, décimas antes da aterraxe
Estado no que quedo o Apolo XIII despois da súa aterraxe
(foto de móvil)
(foto de móvil)
O Apolo XIII é axudado pola xente a sair da leira
(foto de móvil)
(foto de móvil)
4 comentarios:
Pois non sabía que o mesmo autor de Valdolouro era o que viaxaba no chimpibús accidentado. Menos mal que todo quedou nun susto. Parabéns polo blog e agardo que nos vexamos de novo na próxima edición.
A verdade é que esta vez tocoume ser protagonista directo da noticia. Xa vou descontando os días que faltan para o VI Festival de Cans ao que levo asistindo ininterrumpidamente dende a súa primeira edición Este susto non me fará trocar de idea e, se me deixades, voltarei a subir a un chimpibús incluso ao Apolo XIII e como mesmo piloto.
Unha saúdo e grazas polos halagos sobre o blog.
Menos mal que non houbo danos persoais.
Publicar un comentario