jueves, diciembre 06, 2012

Santa Icía 2012 - O Porriño

Xuntanza dos grupos de música popular de O Porriño para a celebración do día da patroa dos músicos. Non hai fotos de todos os grupos porque non puiden quedarme ata o final do espectáculo. As miñas desculpas aos que nos sairon retratados nas fotos por este motivo.

martes, octubre 30, 2012

XVI Festa dos Cogomelos en Entenza

A Asociación de Xóvenes A Turonia de Entenza organiza a XVI Festa dos Cogomelos. O domingo día 18 de novembro terá lugar, a partir das 11.00 horas, a degustación este exquisito manxar, típico da zona e da época na que nos atopamos. Cada ano achéganse ó concello de Salceda de Caselas centos de persoas  para  disfrutar  dos  distintos  pratos  preparados  (empanada,  cogomelos rebozados...), e este ano conta cunha nova receita, filloas de cogomelos. Para completar a festa lerase o pregón, actuará a Charanga SGHAE de Salceda  e abrirase unha exposición composta por estes fungos.


sábado, abril 07, 2012

Programación Festas de San Telmo 2012 en Tui

Sábado 7
Ás 16h nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran: IV Proba automobilística de habilidade.
Ás 19h no Teatro Municipal da Área Panorámica solemne acto de coroación das raíñas de San Telmo 2012 e lectura do pregón a cargo de Manuel Garrido Barbosa.
Ás 20h na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica inauguración da exposición filatélica FITUI 2012.
Ás 20:30h pasarrúas dende a Área Panorámica ata a Glorieta de Vigo para a realización dunha homenaxe ao escultor Juan Oliveira, co gallo do décimo aniversario do seu paramento. Ás 21h Inauguración do alumeado das festas

Domingo 8
Ás 8.30h tirada de bombas de palenque anunciando o segundo día de festas.
Ás 15.3h nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran IV Proba automobilística de habilidade. Competición de coches de radio control (gasolina e eléctricos).
Ás 17.15h no Centro Sociocomunitario baile para os maiores co grupo Tráfico.
Ás 18h no Teatro Municipal Festival Folclórico San Telmo 2012 coa participación do grupos das asociacións culturais tudenses.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por D. Fernando Cerezo García, reitor do Seminario Menor de Tui, e cantada pola Coral da S.I. Catedral e novena na honra a San Telmo.
Ás 20.30h Primeira verbena no Paseo da Corredoira coa orquestra Galilea.

Luns 9
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo comeza a VIII Semana de Cine Infantil coa proxección de “El Gato con botas”.
Ás 17.30h Vista das raíñas acompañadas das súas damas de honra á Residencia San Telmo e á Residencia Paz y Bien, acompañadas por un grupo folclórico.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por D. David Romero Boullosa, formador do Seminario Menor de Tui e cantada pola Coral de Entenza. Novena na honra a San Telmo.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado de San Telmo o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui porá en escena a obra “Extraños hábitos”.

Martes 10
Ás 10h Saída dende a Catedral da excursión polo Camiño de Santiago ata a Ponte das Febres.
Ás 11h Misa para os peregrinos na Capela da Virxe do Camiño.
Ás 13.30h Xantar campestre na Ponte das Febres para os participantes, coa actuación dun grupo de música tradicional. Ás 16h no Pavillón Polideportivo Municipal Torneo de Balonmán San Telmo 2012.
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo VIII Semana de Cine Infantil coa proxección de “Winter”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por D. J. Benito Rodríguez Guerreiro, párroco de Morgadáns, Chaín e Couso e cantada pola Coral do Centro Sociocomunitario de Tui. E novena na honra a San Telmo.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado de San Telmo o grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural “Seixos Albos” de Areas presenta “A Pousadeira”.

Mércores 11
Ás 11.30h no Claustro da Catedral Concurso de Debuxo.
Ás 16h no novo pavillón municipal Torneo de Balonmán mixto.
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo VIII Semana de Cine Infantil coa proxección da película “Tin Tin”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por D. Juan Diz Miguélez, párroco de Baíña e Baredo, e cantada pola Coral do Rosal. E novena na honra a San Telmo.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado de San Telmo o grupo de teatro Caldemiños da Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas porá en escena “Nin mortos nin vivos senón todo o contrario”.

Xoves 12
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo VIII Semana de Cine Infantil coa proxección de “Animals United”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por M.I.S.D. Luís Hierro Najarro, párroco de Bouzas e cantada pola Coral Mª Auxiliadora de Vigo. E novena na honra a San Telmo.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado de San Telmo o grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural “Aloia” de Pazos de Reis presenta “A avoa volve casar”.

Venres 13
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo VIII Semana de Cine Infantil coa proxección da película “Río”.
Ás 19h no Paseo da Corredoira Karaoke Infantil.
Ás 19.30h actuación da charanga tudense “Cantos Somos”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Alejandro Pérez García e cantada pola Coro Clásico de Vigo. E novena na honra a San Telmo.
Ás 20h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado de San Telmo o grupo de teatro infantil Garabullada da Asociación Cultural “Xuntanza” de Randufe presenta “El cerco de las escobas”.
Ás 22h no Paseo da Corredoira Karaoke para adultos. Ao finalizar actuación do grupo musical “Tráfico”.
Ás 23.45h Campionato de Tuto na Cafetería El Pilar.

Sábado 14
Ás 9h Bombas de palenque anunciarán o primeiro día grande das festas.
Ás 10.30h Entrada no recinto gastronómico da charanga “Cantos Somos”.
Ás 11h no centro hípico Equigalia en Pexegueiro I Concurso Hípico Concello de Tui. Organiza: Club Hípico Equigalia.
Ás 11.30h Na rúa Compostela inicio da VIII Festa Gastronómica con polbo, mexillóns, empanadas e filloas, con viños albariño e ribeiro.
Ás 16h Exhibición de tenis e campionato de Xadrez no Paseo da Corredoira.
Ás 16h V Supercross Cidade de Tui 2012 – Campionato Galego. Organiza: Motoclub Randufe.
Ás 17.30h Exhibición de Cetrería.
Ás 18h Pasarrúas a cargo da charanga “Cantos Somos”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Alejandro Pérez García e cantada pola Coral Polifónica da Guarda. E novena na honra a San Telmo.
Ás 20h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado de o grupo de teatro San Fins da Asociación Cultural “San Fins” de Rebordáns representa “Ovellas negras”.
Ás 21.30h Verbena coas orquestras Abanico e Fania Blanco Show.

Domingo 15
Ás 9h Doce bombas de palenque anunciarán o segundo día grande das festas.
Ás 10.30h Carreira Popular de San Telmo 2012 con saída dende o Paseo da Corredoira. Organiza: Club Atletismo Tui-Thermalia.
Ás 11.45h Desfile exaltación do traxe tradicional coa participación das raíñas e as súas damas de honra, e de todos cantos desexen participar, dende o Teatro Municipal ata a Catedral. Organiza: Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui.
Ás 12h Na S.I. Catedral Santa Misa ofrenda a San Telmo por nenos e maiores ataviados con traxes rexionais. Presidida polo prior da Confraría de San Telmo M.I.S. D. Ricardo García Fernández.
Ás 13h Pasarrúas a cargo da Banda de Música Popular de Tui.
Ás 13.15h Baile rexional no pórtico da Catedral con grupos folclóricos de Galicia e de Huelva.
Ás 16h Exhibición canina nos terreos do Instituto San Paio. Programación Festas de San Telmo 2012.
 Ás 17h No Complexo deportivo Álvarez Durán partido de liga da Terceira Autonómica entre o Tyde F.C.e o Mosende.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Alejandro Pérez García e cantada polo Coro Polifónica Sportivo de Ponteareas. E novena na honra a San Telmo.
Ás 20.30h Verbena a cargo das orquestras París de Noia e Salsa Rosa.

Luns 16 - Festivo Local
De 8h a 10h Misas na Igrexa de San Telmo.
Ás 9h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día grande das festas.
Ás 10h Feira dos Cabalos (no lugar de costume).
Ás 11h Procesión das Reliquias pola Coronilla, e Santa Misa concelebrada na S.I. Catedral presidida polo Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo da Diocese de Tui-Vigo, e cantada pola Coral da S.I. Catedral.
Ás 12.30h entrada da Banda de Gaitas de Paramos.
Ás 14h Repique das campás da S.I. Catedral acompañadas dunha gran tirada de bombas de palenque.
Ás 18.30h Entrada da Banda de Guerra da Brilat-Galicia VII.
Ás 18.30h Homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos durante o ano pola Banda da Brilat na Igrexa de San Telmo.
Ás 18.30h Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín no Teatro Municipal da Área Panorámica.
Ás 20h Recital a cargo da orquestra Sintonía de Vigo.
Ás 21h Solemne procesión de San Telmo presidida polo Excmo. e Rvdmo. Bispo da Diocese Tui-Vigo. Ao rematar na Praza de San Fernando ofrenda floral a San Telmo na que a Coral da S.I. Catedral e a banda de Escola Naval Militar de Marín e a Banda de Música Popular de Tui interpretarán a Salve Mariñeira e o Himno a San Telmo.
Ás 23.30h Espectacular tirada de fotos de lucería, e ao finalizar actuación de novo da orquestra Sintonía de Vigo para pór o broche de ouro ás Festas de San Telmo 2012.

martes, marzo 13, 2012

Axenda para o fin de semana en Salceda

Apretada, preséntase a axenda para este fin de semana en Salceda, con 3 citas moi interesantes e compatibles entre si, así que non tes porque renunciar a ningunha.



lunes, marzo 05, 2012

A Feira vs Castro Barreiro

Terceira e última entrega de esta serie sobre o entroido no Valdolouro. Este é o reportaxe que fixemos no desfile do martes de entroido, dos barrios da Feira e o Castro Barreiro, polas rúas de Salceda.

miércoles, febrero 29, 2012

Desfile do domingo de entroido en Salceda

O prometido é débeda e eiquí está o álbum fotográfico do desfile de comparsas e carrozas que tivo lugar o domingo de entroido en Salceda. Nos vindeiros días colgaremos o álbum do desfile do martes de entroido dos barrios do Castro Barreiro e A Feira.

jueves, febrero 23, 2012

Desfile do sábado de entroido no Porriño

Estas son as fotos tomadas no desfile do sábado de entroido no Porriño. Nos vindeiros días colgaranse as fotos do desfile do domingo e do martes en Salceda. 

miércoles, febrero 01, 2012

San Brais de Budiño

As festas de San Brais de Budiño son, xunto con entroido, as festas máis importantes que se celebran no inverno no Valdolouro. Estas festas teñen lugar na parroquia porriñesa de San Salvador de Budiño. É unha tradición de moitísimos anos, tantos que é difícil saber en que data escomenzaron a celebrarse. Da capela de San Antonio, que é onde se atopa a imaxe de San Brais, xa se ten constancia da súa existencia dende o ano 1528. Cada ano, un dos 6 barrios que forman a parroquia de San Salvador de Budiño é o encargado de organizar as festas. Os barrios son Mosteiro, Chan-Casal, Orbenlle-Cerquido, Vaquería, Vitureira e Cruz; sendo este o orden polo que organizan as festas. Antigamente as festas celebrábanse no recinto situado frente a Capela, pero, dende xa fai algúns anos, debido a falta de espacio, cada comisión de festas elixe o recinto que considera máis apropiado, sendo o recinto de A Forna, o elexido pola maioría das comisións para celebrar alí as súas festas. Os actos relixiosos séguense celebrando na capela de San Antonio, no barrio do Casal. Hai unha tradición que fai peculiares estaas festas e é o desfile de ramos, espadanas e andores. Segundo contan os máis vellos do lugar, este desfile formaba parte de cáseque tódalas festas dos arredores, pero pouco a pouco, esta tradición foise perdendo, sendo o de San Brais, o único desfile deste tipo que pervive, ao menos pola bisbarra. Os ramos son ramas de loureiro adornadas con coloridas frores de papel, monecas e roscóns. As espadanas e os andores son triángulos de madeira, forrados con tela e tamén adornados con frores, monecas e roscóns. A diferencia entre as espadanas e os andores é que as espadanas teñen unha soa cara es os andores constan de tres caraas triangulares, con forma de pirámide. Estás frores danlle un colorido excepcional ao desfile, anticipo dunha ansiada primavera aínda por vir. A chegada ao recinto de festas os roscóns eran subastados entre a xente que alí se atope. Un dos ramos é reservado para entregarllo o último día das festas a comisión entrante, encargada de organizar as festas o vindeiro ano.