sábado, febrero 28, 2009

Entroido 2009 (6ª parte)

Estas son as fotos do desfile de carrozas e comparsas dos barrios de A Feira e Castro Barreiro no martes de entroido en Salceda. Proximamente os vídeos.

miércoles, febrero 25, 2009

Entroido 2009 (5ª parte)

Eiqui podes vé-las fotos do concurso de comparsas e carrozas de entroido de Salceda de Caselas. Lembramos que a gañadora tanto en carrozas como en comparsas foi a da Picoña coa su representación de "Os Piratas da Picoña VI: En Busca do Viño Perdido".

martes, febrero 24, 2009

Entroido 2009 (4ª parte)

Hoxe presentamos un pequena galería fotográfica da festa de entroido de Salceda do sábado pola noite e de onte luns nos barrios de Castro Barreiro e A Feira. Próximamente as fotos do concurso de carrozas e comparsas de Salceda.

lunes, febrero 23, 2009

Entroido 2009 (3ª parte)

A comparsa da Picoña levouse o primeiro premio tanto en carrozas coma en comparsas no concurso de comparsas e carrozas do entroido de Salceda. A comparsa de San Xorxe obtivo o segundo premio tamén en ámbolas dúas categorías. Terceiros en carrozas foron os membros de Arco Iris namentras que en comparsas foron os veciños de Soutelo os que se levaron o terceiro premio. A verdade e que a carroza da Picoña chamou a atención ao numerosísimo público que se achegou a Salceda para presenciar o desfile, e cáseque ninguén dúbidaba do seu trunfo final. O concurso estreou este ano novo percorrido que estivo todo el ateigado de xente animados sen dúbida polo bo tempo. O entroido de Salceda continúa hoxe coas verbenas nos barrios do Castro Barreiro e A Feira. E mañán martes terá lugar o desfile de carrozas e comparsas de ditos barrios. Nos vindeiros días publicaremos unha ampla reportaxe fotográfica sobre este concurso e o desfile dos barrios do Barreiro e A Feira do martes.

sábado, febrero 21, 2009

Entroido 2009 (2ª parte)

Fieis a súa tradición, e como non podía ser doutro xeito, hoxe Salceda e arredores apareceron invadidos polos carteis de entroido, ou carnaval, dos barrios do Castro Barreiro e A Feira. E tamén como non podía ser menos, na parte inferior de ditos carteis, hai toda unha sarta de frases e versos con moi mala hostia hacia os veciños do barrio rival. Algúns non teñen desperdicio. Este ano a loita tamén se libra en internet, principalmente nas paxinas do Castro Barreiro e Os de Sempre da Feira.

jueves, febrero 19, 2009

Estreo da venda de entradas por internet na obra de teatro deste venres en Tui

Xulio Lago ponse ao fronte dun amplo elenco de actores galegos para dar vida a “Unha primavera para Aldara”, a última montaxe de Teatro do Atlántico que este venres chega a Tui. A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal. Esta obra de teatro contemporáneo foi escrita por Teresa Moure, e recibiu por unanimidade do xurado, o XIII Premio Rafael Dieste, convocado pola Deputación Provincial da Coruña. Nesta proposta hai espazo para o drama, a comedia, a traxedia, o teatro “costumista”, e moitas outras cousas… que fan que o espectador teña alerta todos os sentidos, para gozar dunha peza fascinante.“Unha primavera para Aldara” transcorre en tempos da Revolta Irmandiña no Mosteiro de Santa María. As monxas, que están a pasar por un momento difícil no que atinxe a súa subsistencia, vense amais debaténdose entre as regras da orde a misericordia. Todo ante a chegada dun cabaleiro, ferido na batalla, que pide asilo no mosteiro. María Bouzas, Pilar Pereira, María Barcala, Belén Constenla, Marcos Correa, Josi Lage, Lucía Regueiro, Amparo Malo, Agustín Vega e Xoán C. Mejuto son os actores que dan vida a estra peza teatral. Teatro do Atlántico fundouse en 1985, sendo unha das compañías de máis longa traxectoria da escena galega. Neste tempo teñen producido 24 espectáculos a partir de textos dos máis importantes dramaturgos do teatro contemporáneo. Galicia é o marco fundamental da súa actividade, aínda que tamén teñen realizado xiras por toda España, en Portugal, Arxentina, Uruguai e Venezuela, participando en diversos festivais nacionais e internacionais, presentando os seus espectáculos sempre en lingua galega. Na súa traxectoria figuran numerosos premios ao mellor espectáculo, mellor actor e mellor actriz principal e secundario, mellor dirección ou mellor escenografía. As entradas teñen un prezo de 5€ , 3€ con desconto e 2 para os menores de 12 anos, e coma novidade dende esta semana xa se poden mercar por internet en www.culturatui.info, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes do Teatro Municipal.

martes, febrero 17, 2009

Entroido 2009 (1ª parte)

Estamos metidos de cheo no tempo de entroido. O duro inverno que nos tocou este ano tamén deu unha pequena tregua que sen dúbida axudará a que os actos que se vaian a celebrar ao longo destes días sexan máis lucidos, se cabe. Nesta primeira entrega do entroido 2009, quero facer un pequeno resumen dos actos que se van a celebrar ao longo destes días así como das distintas páxinas adicadas ao entroido na nosa bisbarra, que afortunadamente son cada vez máis e con mellor información.

Salceda de Caselas: É un dos entroidos de máis tradición da nosa bisbarra, sen dúbida grazas ao longo enfrentamento que manteñen os barrios da Feira e o Castro Barreiro. Segundo a información que atopamos neste blog, xa se teñen referencias ao seu entroido, ou carnaval como preferen chamerlle eles, dende o ano 1888. Tamén o concello organiza actividades coma o desfile infantil e o concurso de carrozas e comparsa do domingo de entroido que leva celebrándose xa dende hai once anos con gran éxito de público e que este ano variará o seu percorrido.

O Porriño: e un entroido moi participativo e tamén con gran tradición. Este ano os membros da comparsa "o mellor de cada casa" serán os encargados de leer o pregón. Nestes últimos anos téñense recuperado vellas tradición coma o xogo da ola. Sen dúbida un dos grandes animadores e persoaxes deste entroido é o gran Cuquín. Como novidade este ano o entroido do Porriño estrea páxina web na que se pode consultar toda a súa programación. Espero que se complete un pouco con fotos e vídeos de dito entroido.

Tui: ten dúas datas importantes e casi exclusivas no seu entroido, o martes de entroido onde se organiza un gran concurso de carrozas en comparsas con bos premios en metálico, e o primeiro domingo de cuaresma cando ten lugar o tradicional enterro do bacallau cunha gran participación da xente.

Mos: e o gran descoñecido debido un pouco a proximidade de O Porriño e Vigo que lle resta participación. Este ano Sanguiñeda acollerá o desfile de comparsas e carrozas de entroido na tarde do domingo.

Agora só falta que o tempo tamén acompañe.

Se coñeces algunha páxina interesante sobre o entroido na nosa bisbarra podes deixamer o enlace en comentarios o enviarme un mail a valdolouro@iespana.es

viernes, febrero 13, 2009

Este domingo actuación do mago Teto en Budiño

O vindeiro domingo día 15 a partires das 18:00 horas actuación do Mago Teto no local da Asociación Cultural A Forna en Budiño (O Porriño). A entrada será de balde.

XV marcha de montaña dos callos o domingo no Porriño

Este domingo día 15 a partires das 9:30 da mañán terá lugar unha nova edición da marcha de bicicleta de montaña dos callos. A saída e chegada será no velódromo municipal. Máis información na páxina web do Clube Ciclista Spol que será o organizador.

jueves, febrero 12, 2009

Este venres a Real Filharmonía e presentación do libro "Contos do Miño" en Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30h, un concerto da Real Filharmonía de Galicia, froito da colaboración entre a Fundación Caixanova e o Concello de Tui. A Real Filharmonía de Galicia estará acompañada por Tuomas Ollilla-Hannikainen coma director convidado, e con Daniel Hope coma violisnista. No programa interpretarán a Obertura dos esclavos felices de Juan Crisóstomo Arriaga, o Concerto para violín num.2 en sol menor de Sergei Prokofiev, e a Sinfonía num.6 en re menor de Johann Wilhelm Wilms. A Real Filharmonía de Galicia fixo a súa presentación no Auditorio de Galicia en 1996. Conta cun amplo repertorio que abrangue dende as pezas de Mozart a Bach, pasando por músicas tan heteroxéneas coma a que se compón actualmente en Galicia ou os musicais de Broadway. Tuomas Ollila-Hannikainen, que actuará coma director convidado, formouse coma director de orquestra e violinista na Academia Sibelius. Estudos que completou posteriormente no Conservatorio de San Petesburgo e no Tanglewood Music Center. Ten sido director en varias cidades europeas coa Orquestra Filarmónica de Rótterdam. Estivo ao fronte da Orquestra Sinfónica da BBC de Gales, da Orquestra do Ulster, da Filarmónica de Tampere e da Tapiola Sinfonietta entre outros. Amais a súa gravación de Karelia, de Sibelius, coa Filarmónica de Tampere, obtivo o premio de Cannes Classical Award e o premio Finis IFP’s Janne. Mentres Daniel Hope está considerado un dos mellores violinistas do panorama actual. Traballa cos mellores directores e orquestras do mundo. Obtivo tres nominacións para os Grammy, logrando en tres ocasións consecutivas o Premio BOTO. Dirixiu coma violinista vairas orquestras de cámara e ten colaborado con interpretes coma Bobby Macferrin, Edgar Meyer, Uri Caine ou o antigo baixista de Police Steward Copeland. Foi distinguido co Caecilia de Bélxica pola súa gravación do Concerto para violín de Mendelssohn, e outro dos seus proxectos do Theresiendstads logrou o Diapason D’Or de Francia.

Por outra banda as 20:00 horas, na sala Féliz Rodríguez da mesma Área Panorámica ,terá lugar a presentación do libro "Contos do Miño". Trátase dunha recopilación de contos de tradición oral recollido durante varios cursos por alumnos do IES Francisco Sánchez de Tui coa coordinación de Xosé López e Susana Casal. Na presentación interverá, entre outros Antonio Reigosa, especialista en literatura oral.

martes, febrero 10, 2009

Un dos sobreiros da Ascensión non aguantou o inverno

"Xa non hai invernos coma os de antes". Esta é a frase que nos últimos anos moitos nos atrevemos a decir sen nin siquera imaxinarnos o que nos agardaba este inverno. Quizais despois deste ano a frase torne nesta outra "xa non lembro un inverno coma o do 2009". O certo e que esta ano as mulleres e homes do tempo non para de mandarnos refachos, borrascas, vendaváis, ciclóns, neve, saraiba, treboadas e demáis fenómenos metereolóxicos. O caso e que algún destes fenómenos metereolóxicos xunto co mal estado no que se atopaba acabou con un dos sobreiros centenarios cos que conta a Capela da Ascensión en Entenza. Cando se perde unha árbore destas características pérdese tamén unha ponte interxeneracional, un punto de referencia para os que nalgún momento tivemos algunha relación con él. Son das poucas cousas que apenas cambian co paso dos anos ata que chega un inverno coma este que o cambia todo. Menos mal que aínda nos quedan os seus irmáns.

martes, febrero 03, 2009

A choiva protagonista na romería de San Brais

A choiva foi a protagonista na romería de San Brais en Budiño. Estivo ameazando toda a mañán pero a partires das 12 e media comenzou a caer, cada vez con máis intensidade, sobre o recinto da capela e sobre os que alí estabamos. Algúns coma min, fixémoslle caso ao windguru e iamos desprovistos de paraugas, menos mal que cando o bo tempo se torce sempre hay algún amigo, veciño ou coñecido disposto a acollerte debaixo do seu. Isto quizais sexa unha boa ensinanza para afrontar estes difíciles momentos que nos está tocando vivir, e é que por moi pequeno e vello que sexa o noso paraugas, sempre podemos arrimalo un pouco para axudar a outros que están máis desprotexidos ca nós. Esperemos que a crise nos faga máis solidarios a todos e que san Brais nos axude a pasar este duro inverno sen doenzas na gorxa.