jueves, diciembre 31, 2009

Feijoó farache responsable da morte do galego

Con premeditación, nocturnidade e alevosía presentou, o Sr. Feijoo o novo decreto do galego. Despois de leelo de arriba a abaixo, só podo resumilo dun xeito, o Sr. Feijoo quere acabar co galego e que os responsables disto sexan os propios galegos, pois serán os galegos os que teñan que decir cal é a lingua coa que queren se lles ensine aos seus fillos e sendo este un pais autodestructivo que só está orgulloso das súas paisaxes e a súa gastronomía o resultado final está ben claro, os da cidade seguirán ensinando aos seus fillos en castelán primordialmente, como viñan facendo ata o de agora, e os de aldea como somos aínda máis pailáns pedirémoslle a Feijoo que lles ensine aos nosos fillos en castelán, "para parecernos a los de la ciudad".

O decreto en si está cheo de trampas e podíamos caer na tentación de que propone un "equilibrio entre el gallego y el castellano" tal e como afirma "La Voz de Galicia", facendo meritos por levarse algún que outro muiño no novo reparto eólico. O certo e que de equilibrio nada; en educación infantil o profesorado usará na aula a lingua predominante (elexida polos pais), en educación primaria impartirase matemáticas nuha lingua e coñecemento do medio noutra, en secundaria tanto unha coma outra poderán impartirse as dúas en castelán se así o piden os pais e tanto nun ciclo coma noutro ningunha delas poderá ser inferior ao 33%, ahí está o truco, porque supostamente o outro 33% poderá usarse para o ensino dunha lingua extranxeira, pero no caso de que por exemplo só se dé a materia de inglés en lingua extranxeira o resto podería darse en castelán, e decir, podería ser o caso de que nun centro de secundaria se dese en galego, por exemplo as materias de galego (menos mal), ximnasia e relixión e o restos das materias, agás o inglés, serían en castelán. Isto e o que La Voz de Galicia chama equilibrio.

Outro exemplo onde se ve que se ningunea clarisimamente ao galego e no apartado 14 onde se fala de que o alumnado que se incorpore en secundaria ou bachelerato dende outra comunidade ou país extranxeiro estará exento durante "3 anos" de examinarse de galego, pois se o alumno ven dun pais non hispanofalante porque non se lle exime durante 3 anos de examinarse de castellano. Isto e o que algúns chaman equilibrio.

En fin só nos queda aos que amamos de verdade esta terra, apelar por unha vez a cordura dos pais, que pensen que aos seus fillos non lle van a facer favor ningún negándolles a aprender un idioma, e que ao millor nun futuro non moi lonxano outros gañarán as eleccións e daquela saber galego podería serlles útil, aínda que só sexa para aprobar unha oposición.


viernes, diciembre 18, 2009

II Feira Conciencia Ecolóxica en Salceda

Este sábado 19 e domingo 20 de Nadal terá lugar en Salceda a II Feira Conciencia Ecolóxica, Xornadas de Consumo responsable, organizadas pola Asociación Trezecatorce. No seu blog terás máis amplia información sobre as actividades que terán lugar e os seus horarios.

lunes, diciembre 14, 2009

O goberno de Salceda reúnese cos veciñ@s

O goberno de Salceda de Caselas, do que forman parte cinco concelleiros do BNG e dous do PSG-PSOE comezaron unha serie de reunións con distintos colectivos e cidadáns por parroquias co obxectivo de explicar a súa laboura de goberno e os proxectos que se executarán no futuro para seren incluídos no orzamento do ano 2010.
Esta xeira de reunións comezaron cos hostaleiros da Rúa Pontevedra para intentar entre as partes conciliar o dereito dos veciños desta rúa ó descanso e o dereito dos hostaleiros a traballar. Chegouse a un acordo onde os hostaleiros se comprometeron a cumprir os horarios de peche de cada local, evitar no posible a saída de persoas dos establecementos con vasos de cristais e tolerancia cero no consumo de drogas nos locais.
A continuación foron convocados todos/as comerciantes do centro de Salceda, ós que o goberno lle expuxo as inversións realizadas polo Concello na área do comercio e a futura humanización das Rúas Victoriano Pérez Vidal, Joaquín Fernández Sestelo e Avda. Galicia para que estes aportaran ideas e suxerencias. Tamén se falou da proposta de ampliación da zona azul, queda pendente para despois da citada humanización. Por outra banda tamén se chegou a un preacordo para que os comerciantes financien nun 50% a colocación do alumeado de Nadal, poñendo o concello o restante 50% e o 100% do consumo eléctrico.
O domingo 13 a equipa de goberno comezará nas parroquias de Salceda unha serie de reunións abertas onde se explicarán os traballos realizados nelas e os obxectivos propostos de cara ó ano próximo. As datas son as seguintes:

BARREIRO LUNS, 14 ás 20:00
SOUTELO
MARTES, 15 ás 20:00
PARDERRUBIAS
MERCORES, 16 20:00
ENTENZA XOVES, 17 20:00
SAN XURXO
DOMINGO, 20 11:00
A FEIRA
LUNS, 21 20:00
BUDIÑO
MARTES, 22 20:00
ESFARRAPADA
MERCORES, 23 20:00


jueves, noviembre 19, 2009

Arde a nave de Pinturas Proa no polígono da Granxa no Porriño

A estas alturas do día xa casi todos saberedes que hoxe arredor das 9:30 horas ardeu, no polígono da Granxa, unha nave da empresa Pinturas Proa. O incendio foi de considerables dimensións e para sofocalo acudiron, ademáis dos bombeiros de O Porriño, persoal doutros parques coma Vigo, Valença e O Morrazo. O pouco tempo de producirse o suceso, chegaron as nosas mans estas fotografías tomadas por un particular, antes de que a maioría dos medios de internet se fixeran eco da nova. Isto son os milagres das novas tecnoloxías.










miércoles, noviembre 18, 2009

Este venres concerto especial dos Phantom Club en Tui

Estamos en plena conta atrás de cara ao concerto que este venres ofrecerá nos Phantom Club no Teatro Municipal de Tui. Os oito integrantes desta banda non estarán sós senón moi ben acompañados por artistas coma Ariel Rot, Andy Chago, Pablo Novoa e Claudio Gabis.
Este será un directo especial xa que servirá para gravar o seu segundo traballo discográfico titulado “Muchas noches, buenas gracias” no que de novo recorren ao xogo de palabras coma fixeran xa con “Funksiona” o seu primeiro disco do que venderon 2 mil copias.
Trátase dun proxecto ambicioso xa que inclúe 18 temas propios, nos que repasan a súa carreira que comezou precisamente cun concerto en Tui en 2002. O son deste directo será logo mesturado en Bos Aires e remasterizado en Los Ángeles, agardando que o resultado en formato DVD e CD poida estar no mercado en marzo de 2010.
O grupo promete que o concerto do próximo día 20 “será unha festa con ritmos moi variados que van do funky, ao rock, con hip hop, e rap con músicos en directo”. Con eles estarán tamén Nillo Nández, de Pacifico, o Puto Coke, e os rapeiros de Licor Kafé. En total en escena haberá catorce músicos. A apertura de portas terá lugar ás oito da tarde, e dende ese momento o público poderá compartir a previa ao concerto na cafetería que se instalará para a ocasión no vestíbulo da Área Panorámica. Alí poderán ollar unha exposición de 24 fotografías de concertos en directo realizadas pola viguesa Queca Juárez.
Phantom Club está formado por Frans Banfield (voz), Seilaesencia (voz), Brian Moure (bajo), Juanma Ons(guitarra), Charlie Hermida (guitarra), Vitorio (batería), Nata Estévez (saxo alto) e Sutta (sampler y voces).
Os integrantes de Phantom Club tiñan claro que este concerto queríano facer en Tui porque segundo explica Frans Banfield “o grupo naceu aquí hai sete anos, isto gústanos, é a nosa casa”. Mentres Charlie Hermida explica que “o traballo facémolo a pulmón” indicando que se encargan de todo o proceso xa que non teñen manager nin produtor nin editorial, feito polo que queren amosar o seu agradecemento tanto ao Concello de Tui comas as distintas empresas que lles apoian nesta aventura. Un agradecemento que queren facer extensivo a Javier Abreu que será o enxeñeiro de son no concerto, a Gus Abreu que se encarga da parte técnica, e a Víctor Coyote que deseñou a imaxe e que sempre lles ten apoiado incondicionalmente.
A cita é o venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. O concerto durará preto de 100 minutos, e por cuestións técnicas, haberá un descanso de 10 minutos. As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info, ou pódense mercar o propio venres no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 5 e 3€.

lunes, noviembre 09, 2009

Espicho do Faro, Entenza

Foi unha das primeiras reportaxes que fixemos para esta páxina, cando a puxemos en marcha alá polo ano 2001, nel podese observar a evolución de dito parque dende a súa inauguración (ano 2000) ata estes días. O Espicho do Faro atópase na parroquia de Entenza, en Salceda de Caselas e é algo así como a aldea de Obelix un pequeno reducto da natureza que se atopa rodeado de canteiras por todas partes, pero ao igual que a pequena aldea gala, aínda resiste o acoso do imperio do granito.


martes, noviembre 03, 2009

III Concurso fotográfico "As festas do Cristo 2009"

A finais do pasado mes déronse a coñecer os premios do concurso fotográfico "As Festas do Cristo 2009". Se non tiveche ocasión de botarlle unha ollada, tanto as fotos gañadoras, coma o restos das que participaron, neste enlace do Archivo Municipal da Imaxe de O Porriño, poderás facelo.

martes, octubre 13, 2009

Chegou o tempo de loitar

Nas vindeiras semanas o novo goberno da Xunta derogará o decreto do galego, aprobado durante o mandato de Manuel Fraga, que vendo o que fan os seus cachorros acabará sendo un ilustre galeguista e defensor a ultranza da nosa lingua. Xa se ten falado moito deste tema, igual que da enquisa ou excusa que se usará para derogar dito decreto. Para os galegofalantes creo que chegou o momento de aparcar as verbas e comezar a loita. Para esta loita teremos que usar tódalas as armas ao noso alcance:

-Primeiro. Evitar accións que poidan ir contra dos defensores do galego. Feitos coma os acontecidos este fin de semana na Rúa Príncipe de Vigo, en nada benefician ao galego e en cambio poden ser usados polos seus detractores para desvalorar e desprestixiar aos defensores da nosa lingua.

-Segundo. Potenciar o consumo dos medios de comunicación que teñan como idioma único ou principal o galego. Na televisión témolo bastante cru cunha nova telegaita que xa vai soltando certo tufo nos seus telexornáis. Na prensa escrita xa temos outras opcións como Galicia-Hoxe, A Nosa Terra, A Peneira, etc. Aínda que estes xornáis non acaden a popularidade ou a diversidade de contidos doutros coma o Faro de Vigo ou La Voz de Galicia, estou seguro que se entre todos aumentamos a súa demanda, co tempo irían mellorando e obrigaría a estes máis coñecidos a aumentar o seu contido en galego.

-Terceiro. Favorecer positivamente as empresas que etiqueten os seus productos en galego. En similares condicións mercar sempre o producto etiquetado en galego. Na actualidade xa hai empresas que fan publicidade do seu leite decindo que so usan leite galego, isto é porque hai un grupo de consumidores que valoran que o leite sexa galego, aínda que non sexa o máis barato. Se hai un grupo importante de consumidores que valoren tamén que o producto estea etiquetado en galego as empresas non lles quedará outra que facer o etiquetado en galego.

-Cuarto. Elexir preferentemente para mercar as tendas, cadeas ou centros comerciais que fagan a súa publicidade en galego. Fixádevos nas vallas que vedes pola estrada, ¿cantas destas fan a súa publicidade en galego?. Son só unha pequena minoría.

-Quinto. Apuntarvos a proxectos coma limiar de galego que aposta pola creación dunha rede de escolas privadas en galego. Se os curas conseguiron facer as súas propias escolas, nós tamén podemos facelo.

-Sexto. Cando chamemos a un teléfono de asistencia telefónica, pedide sempre a opción de que vos atendan en galego, con iso conseguiredes dous beneficios, primeiro darlle traballo a alguén que sabe falar galego, e segundo e por experiencia propia, entenderan mellor os vosos problemas, xa que é máis complicado atopar unha persoa no Magreb ou en Latinoamerica que sepa falar galego.

-Séptimo. Participar en toda canta manifestación e acto a prol do galego se organice. Como a que terá lugar o vindeiro domingo día 18 en Santiago. Aos políticos non lle gusta nada té-la xente movilizada na súa contra, aínda que logo lle intenten quitar importancia dicindo que eran catro gatos ou que a única movilización válida é a das urnas. A ninguén lle gusta ter un grao no cú aínda que non vaia a morrer delo.

Se cada un de nós aporta o seu granciño de area, esa árbore feble que é o galego e que algúns queren enterrar, brotará con máis forza e cunhas pólas tan fortes que nin a bandada máis grande de gaivotas poderá dobregalas.

jueves, octubre 01, 2009

Son de Seu actúa este venres en Tui

O Teatro Municipal de Tui inaugura mañá venres, 2 de outubro, a programación cultural de outono cun concerto da orquestra folk “Son de Seu” única das súas características en Galicia. A cita será ás 21.30h. As entradas son gratuítas até completar o aforamento, debendo retirarse dende ás 20h no despacho de billetes, cun máximo de dúas localidades por persoa.
Son de Seu creouse no ano 2000 no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Rodrigo Romaní dirixe aos 40 compoñentes desta agrupación que recrean o repertorio tradicional e de nova creación. O concerto é todo un espectáculo tanto pola interpretación coma pola coidada posta en escena. Nos seus concertos empregan instrumentos construídos na súa maioría no propio país por artesáns mesmo pertencentes á propia orquestra e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folk galego producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio, todos eles con longa traxectoria no estilo.
Son de Seu é a primeira agrupación destas características en España e unha das primeiras en Europa. Arestora forman parte dunha organización europea entre cuxos obxectivos está formar outras orquestras similares noutros países da UE.
No concerto que mañá venres van ofrecer no Teatro Municipal de Tui os membros de Son de Seu van dalo todo no escenario, sen estar constriñidos pola pauta dun director xa que os propios músico plantean a dinámica en escena. O son que se poderá escoitar é o máis puro posible, xa que empregarán a máis mínima expresión de amplificación. Buscarán meter ao espectador no ambiente musical da orquestra. A cita será ás 21.30h.

martes, septiembre 29, 2009

Ruta dos Penedos dende Salceda


Aproveitando o bó tempo que este verán tardío nos está agasallando nas últimas semanas, fixemos unha ruta de BTT polos 3 penedos, San Cibrán, O Pianista e o Faro de Budiño. A ruta é circular con saída e chegada en Salceda. Podedes descargarvos a ruta ou obter máis datos dela no nosa sección, Rutas Valdolouro. Aparte de aproveitar o bó tempo, tamén pode servirvos como adestramento para participar na marcha de BTT que o Clube Ciclista Aragonta organizará o 18 de outubro en Salceda.

viernes, septiembre 25, 2009

Este domingo II Xornadas de Limpeza do Río Caselas

Despois do éxito da primeira xornada de limpeza simultánea en ríos do ano pasado, repítese a experiencia o vindeiro domingo 27 de setembro. Este ano volve a ser a Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze a que organiza as II Xornadas de Limpeza do Río Caselas en Salceda de Caselas en colaboración con ADEGA e o Proxecto Ríos. Estas xornadas están incluídas na II Limpeza Simultánea de Riós que ADEGA organiza en toda Galicia e que conta coa colaboración de 22 institucións doutros tantos concellos.
Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Sobor de todo plásticos e entullos, elementos case habituais nos cursos fluviais e en moitos dos nosos montes. Dende a Asociación Treze Catorze e o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por ser unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsables cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos. O coidado e o respecto polo entorno farían innecesarias nun futuro actividades como esta.
A Asociación Treze Catorze e o Proxecto Ríos entregarán aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.
Nesta xornada a implicación do concello é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. O pasado ano retirouse un total de 11.020 toneladas de lixo (estimados) en toda Galicia e aproximadamente uns 120 Kg. en Salceda, de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...) Neste ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do coordinador da Asociación (615421199) ou email (trezecatorze@gmail.com) para confirmar a asistencia. A hora de saída será as 9.30 horas do domingo 27 de setembro na praza do concello de Salceda de Caselas.

jueves, septiembre 24, 2009

Festas do Cristo en O Porriño este fin de semana

Aínda que a programación cultural e deportiva das Festas do Cristo 2009 no Porriño xa comezou a primeiros de mes, este fin de semana terá lugar o arranque oficial das festas. Nesta páxina, animaporrino.net terás información detallada das distintas actividades que se celebrarán ao longo destas festas.

miércoles, septiembre 23, 2009

O Caselas F.C. presentou as súas categorías para esta tempada

O pasado domingo 13 de setembro no Campo Municipal da Gándara celebrouse o acto de presentación das categorías de fútbol para esta tempada 2009-2010. Nun estadio abarrotado de xente os rapaces foron saíndo ao terreo de xogo cos seus diferentes equipaxes. As categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, ademáis do equipo do Caselas F. C. agrupan en total máis de 100 rapaces, entre os que destaca unha nena que tamén se decantou polo mundo do fútbol.
No mesmo acto presentouse o novo himno do clube, recén composto e gravado, e que se vai poñer a disposición de todos os que queiran facerse co CD.
Así mesmo procedeuse á sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Salceda e o Caselas F.C. por parte de Marcos Besada, alcalde de Salceda, e Manuel Besada, presidente do club. Este convenio implica a aportación por parte do Concello de Salceda de Caselas de 30.000 € para contribuír á financiación do equipo. Hai que lembrar que as categorías inferiores están englobadas dentro das Escolas Deportivas Municipais, polo que xa o Concello está a financiar a súa formación. O club faise cargo do equipo dos mayores, que este ano xogan en categoría Rexional Preferente, e dos xuveniles.
Despois do acto celebrouse o encontro de liga entre o Caselas F.C. e o Porriño Industrial, con un resultado de 2-2. O evento serviu ademáis para recaudar fondos para Jessica, unha nena de Vigo con parálisis cerebral que precisa máis de 30.000 € para operarse e poder volver a camiñar.
No acto, ademáis do alcalde Marcos Besada e a Concelleira de Deportes Teresa Pérez, estiveron presentes diversos concelleiros nacionalistas, así como o concelleiro de deportes porriñés Marcos Rodríguez.

sábado, septiembre 19, 2009

O Concello de Salceda presenta a Senda de Entenza polo río Caselas

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, o Concelleiro de Medio Ambiente, Enrique Cabaleiro e o Redactor do Proxecto, Julio Piñeiro presentaron na Casa da Cultura de Entenza o proxecto da senda que vai transcurrir polas beiras do Río Caselas na parroquia de Entenza.
As obras da citada senda vanse iniciar en breve prazo nun espazo privilexiado, ás orillas do Río Caselas ó longo de aproximadamente un kilómetro de lonxitude, concretamente entre a ponte de Agüin e a ponte do Picado. Este paseo transcorrerá nun entorno natural excepcional, entre árbores de ribeira e fauna e flora autóctona, respetando en todo momento os valores ecolóxicos e paixasisticos. Esta vai ser unha senda tamén con historia, xa que os seus arredores foron elixidos pola Raiña Aragonta para o seu exilio espiritual e relixioso, despois de separarse do seu marido Ordoño II. Da mansión onde se recluiu Aragonta, a Gargantada, conservase o pórtico moi preto do sendeiro proxectado.
Esta zona xa foi limpada no seu momento pola Confederación Hidrográfica a traves da empresa pública Tragsa e agora é o momento da empresa adxudicataria deste proxecto, Magonfer S.L. que contará con 84.769 € para a súa execución. Esta consiste nunha senda de dous metros de ancho, cun bordillo de pedra, sempre dentro dos cinco metros de servidume de dominio público hidraulico ou “paso de pescadores” como é coñecido vulgarmente. Contará asimesmo con tres pasarelas de madeira para salvar regatos, entre eles o de Baño ou Fraga.
O goberno municipal aposta por convertir a Salceda nunha vila máis atractiva para os veciños e veciñas de Salceda e para os que nos visitan, creando novos espazos de lecer e esparcemento, pero sempre conservando o medio natural . Marcos Besada, alcalde de Salceda, aposta por unha “nova vila” para vivir e desfrutar, fronte ó anterior modelo que pretendía unha absurda vila dormitorio. “A senda de Entenza será a primeira pero xa estamos traballando noutras, como pode ser a que unirá Salceda con Picoña, tamén polas orillas do Río Caselas”.

jueves, septiembre 17, 2009

Petición de axuda dende Portugal

Chegounos un e-mail dende Portugal buscando unha familia de O Porriño ou Mos que pasou as vacacións este mes de agosto no Parque Biologico do Douro. Se alguén ten datos de quen pode ser esta familia pode escribirnos a valdolouro@iespana.es. Este é o mail que recibimos:

"Pido disculpas por la molestia, si me puede ayudar a encontrar una familia de Porriño o Mos, que ha pasado las vacaciones en Portugal, en un barco donde yo soy el capitán. Esta familia tiene un hijo enano (muy pequeño) hace deporte en su bicicleta y moto, la familia tiene una industria de pollos. Si me pueden ayudar por favor enviarme por correo electrónico. Gracias por sus esfuerzos. No más "capitán" António Reis."

miércoles, septiembre 16, 2009

Nova aclaración do Concello de Salceda

Parece que dende o Concello de Salceda estanse animando a rebatir as acusacións que están a sufrir dende o PP e algúns medios de comunicación afíns. Esta vez tócalle o turno ao campo de herba artificial que no seu día prometeu a Diputación e que se fai esperar. Como xa dixemos o outro día, onde hai datos non caben opinións. Esta é a nota oficial que nos fixeron chegar.

O PP DE SALCEDA NON DÍ A VERDADE SOBRE O CAMPO DE FUTBOL DE HERBA ARTIFICIAL.

O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez e a Concelleira de Deportes, Teresa Pérez do Concello de Salceda de Caselas, fan as seguintes aclaracións en resposta ás notas de prensa enviadas polo Partido Popular de Salceda de Caselas con respecto ó campo de Fútbol de herba artificial do Penedo Redondo:

- Con data 24 de maio de 2007 asinouse un protocolo de colaboración entre a Deputación e o Concello de Salceda de Caselas para a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol do Penedo Redondo en Parderrubias.
- Que o 27 de decembro de 2007 o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, mantiveron unha reunión co Presidente da Deputación, Rafael Louzán na que se pactou a confirmación do anteriormente citado protocolo, unha vez se cumpriran as cláusulas nel establecidas.
- Que no Boletín Oficial da Provincia nº. 103 de 22 de xuño de 2009 aparece publicado o acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación a adxudicación provisional para a contratación da execución do proxecto “Campos de Fútbol de Herba Artificial – 3ª Fase”, pero o Concello de Salceda segue sen ter por escrito unha confirmación oficial de que a Salceda lle corresponde un.
- Que os traballos a realizar polo Concello de Salceda de Caselas, esixidos pola Deputación Provincial de Pontevedra para que esta inicie as obras de instalación do céspede, xa están executados (dispoñer de auga corrente, dispoñer de corrente eléctrica para iluminación e funcionamento de motores, a cesión dos terreos por parte da Comunidade de Montes de Parderrubias, asinada entre o Concello e a Comunidade o 26 de febreiro de 2009 e as obras o cerramento do campo de fútbol que a empresa adxudicataria COVSA acaba de rematar).
- Que o 1 de setembro de 2009 o Concello de Salceda de Caselas voltou a solicitarlle por escrito á Deputación Provincial de Pontevedra que continuase co procedemento para a adxudicación definitiva ó Concello de Salceda de Caselas do citado campo de Fútbol.
- Que a iluminación do campo e o arranxo dos vestiarios xa están adxudicados a dúas empresas. A iluminación está pendente do resto das obras que ten que executar a Deputación xa que dependen delas e os vestiarios executaranse en breve prazo.En canto ás gradas, non é condición indispensable e de feito hai moitos campos, inaugurados e en funcionamento, que a día de hoxe seguen sen graderios. De todas formas o Concello xa dispón dun proxecto para a instalación das mesmas,
- Por todo isto entendemos que “a Deputación xa pode seguir o procedemento para iniciar as obras que dependen dela e que si non o fai é por intereses políticos en contra dos veciños e veciñas de Salceda e o Partido Popular de Salceda sabeo, sendo cómplice desta situación”.

martes, septiembre 15, 2009

II Serán Carballeira o sábado 26 na Picoña

Os seráns eran xuntanzas festeiras dos nosos antergos, que despois de traballar nas tarefas agrícolas reuníanse para cantar e bailar. Os actuais seráns proveñen desas xuntanzas e son organizados normalmente por asociacións culturais que pretenden recuperar os cantes e melodías tradicionais da nosa terra, así como as tradicións propias da nosa terra.
A Asociación de Veciños Carballeira no seu intento de conservar o patrimonio cultural etnográfico e musical da parroquia de Picoña, do Concello de Salceda de Caselas e en xeral de Galicia toma a iniciativa de organizar o II Serán Carballeira.
Por todo elo propoñense recuperar esas manifestacións culturais. O obxectivo é que conflúan xente maior con xente nova para que os primeiros lle transmitan as súas experiencias, músicas e cantigas así como as tradicións da zona. En Picoña, así como noutras parroquias veciñas aínda viven persoas que formaron parte daqueles seráns e que aínda tocan instrumentos como gaitas, requintos, bombos, Caixas, pandeiros ou pandeiretas ou fan da voz o mellor instrumento.
O II Serán Carballeira celebrarase no torreiro de festas de A Picoña, chamado “Adro” e a el convidarase a tódolos grupos de música tradicional que queiran asistir, así como a calquera persoa ou grupo de persoas que queiran subir ó escenario para cantar, tocar ou bailar calquera peza tradicional.
Ademais vaise organizar unha exposición de fotos antigas entre as que se destacarán aquelas que teñan un contido festivo-musical. Tamén se pretende facer unha exposición de obxectos antigos.
Esperase que se acheguen ata o Torreiro de Festas de Picoña unhas 500 persoas procedentes de toda a provincia de Pontevedra.

lunes, septiembre 14, 2009

Aclaracións sobre a pasada Festa dos Callos de Salceda

Onte recibimos un comunicado de aclaración da Concelleira de Cultura de Salceda sobre o desenrolo da pasada Festa dos Callos de Salceda. Como a nós nos gustan máis os datos que as opinións e nesta nota de prensa hai moitos datos interesantes, queremos achegarvos a tod@s o seu contido.

"O grupo de goberno do Concello de Salceda de Caselas quere responder ás acusacións vertidas polo grupo do Partido Popular en torno á Festa dos Callos:

- En canto ao tema do pregoeiro: este ano o pregoeiro non cobrou polo pregón senon por ofrecer o seu espectáculo no Auditorio Municipal. O grupo do BNG quere defender o dereito de toda persoa a cobrar polo seu traballo, e hai que lembrar que estamos a falar dun actor e monologuista que está a desenvolver o seu traballo, polo cal ten unha tarifa fixada. En canto ao espectáculo de Carlos Blanco é certo que era recomendado para mayores de 14 anos polos contados do mesmo, pero cáusanos estupor ver que se refiren a un espectáculo “para unha minoría” cando houbo xente que non puido entrar no Auditorio Municipal porque este estaba ateigado de xente.
- No referido á actuación de Quempallou, o que non estamos dispostos é a exercer a censura nin cin Quempallou, nin con Carlos Blanco nin con ninguén, polo cal cada ún é libre de expresarse á súa maneira.
- En canto ás palabras de “despilfarro e descontrol” no referido á carpa para as autoridades, decir que nesa carpa só se sirven os mesmos callos que degustan o resto dos comensales, con un custe cero para o Concello. Despilfarro eran os tres ou catro mil euros que se gastaba o PP na comida oficial que lle ofrecía aos seus “amigos” despois da festa, á que nin sequera tiñan a decencia de convidar aos membros da corporación municipal.

Por último lembrar que cando o PP organizaba a Festa dos Callos estaba custáballe ao Concello de Salceda de Caselas entre 12.000 e 40.000 €, e agora mesmo está resultando con un custe cero, polo que lles pedimos ao grupo do PP un pouquiño de cautela cando se fala de “despilfarro e descontrol”.

Mª Teresa Pérez González
Concelleira de Cultura, Xuventude e Deportes"

martes, septiembre 01, 2009

Salceda prepara 15.000 racións de callos para o vindeiro domingo

O Concello de Salceda de Caselas ven de presentar a XVII edición da Festa dos Callos, que se celebrará o vindeiro 6 de setembro. Na presentación, a demáis de Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, e Marcos Besada, alcalde de Salceda,como ven sendo habitual estiveron tamén presentes o alcalde e o concelleiro do Porriño, Raúl Francés e Marcos Rodríguez, así como representantes da firma Frigolouro.
A Concelleira de Cultura do Concello de Salceda de Caselas dixo que está a ultimar os derradeiros detalles para a Festa. Os actos comezarán na noite do sábado 5 coa celebración do III Serán dos Callos, polo que dende a Concellaría se quere convidar a todos aqueles grupos de gaiteiros, pandeireteiras e demáis que se acheguen a Salceda a participar deste serán.
O domingo 6 será o día grande, con reparto de callos dende primeiras horas da mañá, amenizando a festa a Charanga NBA da Coruña. Ás 12:00 será a lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo do actor e humorista Carlos Blanco. O actor volverá a subirse ao escenario a partir das 7 da tarde, neste caso para presentar o seu espectáculo cómico no Auditorio Municipal. Ás 20:30 horas será o turno de Quempallou, que ofrecerá un concerto na Praza do Concello como peche a estas festas.
Tamén os comerciantes de Salceda teñen previsto saír á rúa para celebrar o seu mercadiño de oportunidades, que se ubicará no entorno da Praza do Concello e que se celebrará o sábado e o domingo.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, destacou que “coa Festa dos Callos remátase o ciclo de actos do verán, tras as Festas do Cristo e o Curso Internacional de Música”. Así mesmo sinalou que “esperamos de novo unha afluencia masiva de xente, que veña non só a degustar os callos senón tamén a disfrutar da programación cultural que acompaña a festa, polo que tentaremos ofrecerlles unha ampla gama de actividades que esperamos sexan do agrado de todos e todas”.
Alejandro Alonso, xefe de cociña do equipo de Frigolouro dixo que este ano se van preparar uns 5.900 kg. de producto, o que se traduce nunhas 15.000 racións. Así mesmo, reiterou que ninguén que desexe probar os callos se vai ir sen facelo, porque están preparados para satisfacer toda a demanda que se presente.
Javier Briones, delegado do Grupo Coren, sinalou que este ano vanse estrenar unhas novas marmitas eléctricas que sustitúen ás antigas de vapor, o cal lle supuxo a Frigolouro unha inversión de 80.000 euros.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que con esta festa inaugúrase o novo curso político. Agradeceu a presenza dos compañeiros do Porriño, cos que bromeou co tema do viño, xa que Porriño segue apostando polo branco, mentres que Salceda “está nunha situación de maior madurez, polo que se pasou ao tinto”. Así mesmo, destacou o novo recinto da festa, xa que coa humanización de Dr. Zunzunegui a Praza ampliouse en máis de 1.500 metros cadrados. Por outra banda lembrou que estamos a falar de unha festa que no último ano conseguiu autofinanciarse, polo que se espera que este ano se repitan os resultados.

jueves, agosto 27, 2009

Conta atrás para as festas da Rocha 2009

Xa só quedan dous días para que comencen as Festas da Rocha 2009 en Caldelas de Tui. Será de novo unha boa ocasión para vell@s e nov@s amig@s se xunten arredor dunha empanada, unhas cuncas de viño e unha boa queimada. E como xa ben sendo tradición poderás tomar unha copa nalgún dos chiringuitos que se van a montar (din que este ano haberá máis ca nunca), ver a señora Palmira como bota uns bailes aos seus 107 anos, para incredulidade de todos, e escoitar, como xa casi unha tradición, o último pase da orquesta América. E este ano coma novedade poderás invitar a festa aos teus amigos do facebook.

viernes, agosto 21, 2009

Este sábado feria de antigüedades en Tui

Este sábado a partires das 11 da mañán terá lugar en Tui unha nova feira de antigüedades no Paseo da Corredoira. Esta actividade está enmarcada dentro da campaña "Vida nas Rúas" que durante este verán están organizando a asociación de empresarios e comerciantes de Tui, ACITUI. Está feira de antigüedades preténdese levar a cabo ao longo de todo o ano e terá lugar o terceiro sábado de cada mes. Así mesmo, e como complemento a dita actividade, haberá unha concentración e exposición de automóbiles clásicos. O sábado estarán expostos no Paseo da Corredoira e o domingo farán un tour turístico polas rúas da cidade.

jueves, agosto 06, 2009

Budiño celebra este fin de semana a festividade de San Salvador


Esta fin de semana a parroquia porriñesa de San Salvador de Budiño celebra a festividade de seu patrón. O día forte será o sábado coa actuación de tres grupos folk galegos no torreiro de festas da Forna. O domingo na igrexa parroquial haberá misa solemne cantada pola Coral da A. C. A Forna e pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de O Porriño. Estás festas están organizadas pola Asociación Cultural A Forna.

sábado, agosto 01, 2009

V Curso Internacional Semana Musical de Salceda

O pasado luns presentouse no Concello de Salceda de Caselas o V Curso Internacional Semana Musical, organizado pola Asociación Amigos da Música e pola Banda Cultural de Salceda. No acto de presentación estiveron presentes o alcalde de Salceda, Marcos Besada, a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, e o secretario da Asociación Amigos da Música, Santiago Lorenzo.
A Semana Musical compaxina os cursos cos concertos a cargo dos mestres. Nesta ocasión o listón dos mestres que acuden segue subindo, conseguindo traer ao mellor de cada especialidade:
- Gomalan Brass (Grupo de cámara de Italia): este grupo ofrecerá un recital o martes 4 de agosto. Combinan a música coa representación, case teatral, ofrecendo concertos divertidos e amenos.
- Rex Martin (Profesor da Northwestern University of Chicago – EEUU): Impartirá a especialidade de Tuba. Forma parte tamén da facultade de Ticino Musica en Lugano (Suiza). Ofrecerá un concerto o mércores 5 de agosto.
- Ko-ichiro Yamamoto (Trombón principal nas orquestras Seattle Symphony e Saito Kinen – Xapón): Impartirá a especialidade de trombón. É un dos trombonistas xaponeses máis importantes, e foi tamén trombonista na Metropolitan Opera Orchestra de New York durante 10 temporadas. A súa discografía inclúe “Proof”, “Family Tree” e Trombone Concerto”. Ko-ichiro é ademáis Yamaha Performing Artist dende 2008. Ofrecerá un concerto o xoves 6 de agosto.
- Allen Vizzutti (Profesor de trompeta na University of Washington School of Music): impartirá a especialidade de trompeta. Ten unha extensa axenda con invitacións a universidades de toda Norteamérica, Europa, Xapón e Australia. Durante os 80, Allen realizou máis de 100 grabacións de bandas sonoras de películas como “Regreso al futuro”e “Star Treck”, e actuou en shows de televisión con artistas como Frank Sinatra, Barbra Streisand ou Prince. Ofrecerá un concerto o venres 7 de agosto.
- Yeuda Gilad (Profesor de clarinete na University of Southern California e no Colbum School of Music): Impartirá a especialidade de clarinete.
O curso conta con uns cen alumnos e alumnas entre activos e oíntes, chegados de toda a xeografía española, portuguesa, europea e incluso norteamericana. As plazas están totalmente cubertas, con algunhas especialidades que cubriron as plazas xa no primeiro día de matrícula. Moitos dos alumnos repiten experiencia, e outros acuden ao curso por primeira vez.
A clausura do curso será o sábado 8 de agosto con recitais de grupos formados polos alumnos, e co concerto de A Roda a partir das doce da noite na Praza do Concello.
Santiago Lorenzo fixo fincapé na rapidez con que se cubriron as prazas, polo que as expectativas do curso son moi altas. Así mesmo, sinalou que como en anos anteriores os alumnos e alumnas que o desexen poderán hospedarse gratuitamente no albergue que habilitarán no ximnasio do Colexio Altamira coa colaboración da Brilat.
Marcos Besada, alcalde de Salceda, quixo empregar a frase “Dende Salceda para o mundo e dende o mundo para Salceda” para definir o curso internacional de música. Loou a organización da banda Cultural de Salceda, sempre disposta a ofrecer a súa hospitalidade a mestres e alumnado. Lembrou como, ano tras ano, os asistentes ao curso sorprendense de que un pobo pequeno como Salceda sexa capaz de organizar un curso destas características, e que ademáis sexa unha asociación a encargada de facelo. O alcalde púxose a total disposición da banda de Salceda todo o preciso para levar o curso a bo término.

lunes, julio 27, 2009

X Noite Internacional do Miño este martes en Rebordáns

O Parque do Laxal en Rebordáns acolle mañá martes, 28 de xullo, ás 21h a X Noite Internacional do Miño. É unha co folclore protagonizado este ano polos bailes e música de Europa do Leste e de México que organiza a Escola de Música e Baile “San Fins” de Rebordáns. Esta cita, xa consolidada, foi presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui onde Roberto Rocha e Félix González, membros da organización, deron conta dos pormenores deste Festival respaldados polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, e polo Concelleiro de Cultura. A décima edición da Noite Internacional do Miño presentará este ano por unha parte o folclore de Europa do Leste representado polos grupos Folklore Ensemble Rosénka da República Checa, National Ensemble “Georgian Folklore” de Xeorxia, Ballet Folclórico da Universidade de Colima de México, e o Folk Group Salduve de Lituania. Así por una parte os grupos da Europa do Leste presentarán un folclore moi rico na parte musical con instrumentos nada habituais coma o clavicornio que empregará o grupo checo, e con traxes moi coridos no caso de Lituania e Xeorxia. Mentres o grupo da Universidade de Colima é un dos máis importantes de México onde destaca o acompañamento musical integrado por sete violíns, dous contrabaixos e dúas trompetas, e con traxes cheos de cor, segundo explicou Roberto Rocha. O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, felicitou a Escola de Música e Baile “San Fins” por este dez ano de Festival que se fixo xa un nome non só en Galicia senón tamén a nivel internacional. Unha felicitación na que abondou o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, e que fixo extensiva a todo o traballo realizado na Asociación Cultural “San Fins” de Rebordáns, onde dicía, teñen un viveiro de xente nova traballando nos distintos grupos. Nestes dez anos de Noite Internacional teñen pasado polo Parque do Laxal e Rebordáns máis de 40 grupos dos cinco continentes que suman máis de 1.200 músico e bailaríns. Mañá volverán ofrecer unha cita de calidade co folclore máis internacional.

jueves, julio 02, 2009

Verán cultural de Salceda de Caselas

A Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas ven de presentar a súa programación de verán para este mes de xullo, programación que comezará mañá venres e que se extenderá ata o venres 17 de xullo, enlazando así coas Festas do Cristo, a celebrar o 18, 19 e 20 de xullo. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, destacou a variedade da programación, con actos que pasan por teatro, baile, música, monólogos, programación infantil... considerando que estamos ante unha programación que cubre a todos os públicos e a todos os gustos. Os actos desenrolaranse na Praza do Concello, no Auditorio Municipal e no Parque Raíña Aragonta; tres escenarios idóneos para este tipo de actos. Entre o ciclo cultural e as festas estamos a falar de un presuposto que ronda os 90.000 €, dos cales uns 60.000 son aportados directamente polo Concello, e os 30.000 restantes pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial, Caixanova e Caixa Galicia. A Concelleira quixo destacar as ineludibles citas como son o Certame de Bandas de Música, que vai xa pola XVIII edición ou a Festa da Muiñeira, citas moi esperadas polo público. Así mesmo, agradeceu a asistencia de veciños e forasteiros, manifestando a satisfacción que produce ver como cada día os actos programados contan con grande asistencia de público.
Pola súa parte o alcalde, Marcos Besada, reiterou o agradecemento ás diferentes institucións e entidades financieiras que colaboran co ciclo, e convidou aos veciños e veciñas a participar dos actos e a desfrutar dos días de festa.

ACTOS PROGRAMADOS
VENRES 3:
20:30 Inauguración da exposición “Anacos da terra” de Kike Corbacho
Auditorio Municipal
22:30 Grupo de playbacks Xunco (Parderrubias)
Praza do Concello

SÁBADO 4:
21:30 Aula Municipal de Teatro Infantil
Auditorio Municipal

LUNS 6:
22:30 Grupo de playbacks de Soutelo
Praza do Concello

MARTES 7:
22:30 Grupo de playbacks O Coto (Budiño)
Praza do Concello

MÉRCORES 8:
23:00 Cine na Rúa: “Mamma Mía!”
Parque Raíña Aragonta

XOVES 9:
22:30 II Certame de corais:
- Orfeón Condado Paradanta
- Coral de Santa María de Salceda
- Coro Polifónico de Entenza
Praza do Concello

VENRES 10:
21:30 XVIII Certame de bandas de música:
- Banda de Música Unión Musical de Ponteledesma
- Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
- Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
Presenta: Beti Rei
Praza do Concello

SÁBADO 11:
22:30 Concerto folk: Tarxa
Praza do Concello

DOMINGO 12:
20:00 Xogos para nenos con Rivel Animación
Parque Raíña Aragonta

LUNS 13:
23:00 Cine na Rúa: “Kung Fu Panda”
Parque Raíña Aragonta

MARTES 14:
22:30 Concerto folk: Avelaíña
Praza do Concello

MÉRCORES 15:
A NOITE DAS CULTURAS
22:00 Ballet folclórico Monterrey (México)
23:00 Escola de samba Zumbón: batukada e capoeira
Praza do Concello

XOVES 16:
17:00 Día do neno: hinchables, festa da espuma…
Praza do Concello
21:30 Aula Municipal de Teatro de Adultos
Auditorio Municipal
23:00 Cándido Pazó: “O falar non ten cancelas”
Parque Raíña Aragonta

VENRES 17:
CULTURA EN RUTA
18:00 Pasarrúas dun grupo de gaitas
19:00 Espectáculo infantil: “dous paiasos en apuros”
Praza do Concello
21:15 Concerto pop-rock
22:30 Música galega: Brath

SÁBADO 18:
20:00 Festival da muiñeira
Parque Raíña Aragonta
Verbena con Millenium e Magos de España

DOMINGO 19:
12:00 Misa de campaña cantada pola Coral de Santa María de Salceda
Praza do Concello
13:00 e 21:00 Concertos da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
Praza do Concello
Verbena con Miramar e Emperadores

LUNS 20:
19:00 Partidos de fútbol amistosos masculino e femenino: Salceda – Salvaterra
Campo de fútbol Municipal da Gándara
Verbena con Panamá e Nueva Generación
Praza do Concello

miércoles, julio 01, 2009

A Radio Municipal de Tui en internet durante o mes de xullo

Dende hoxe 1 de xullo é posible escoitar a Radio Municipal de Tui a través de internet. Isto é así grazas a colaboración establecida coa Conectatparty que se vai celebrar do 16 ao 19 de xullo no Pavillón de Sobrada, en Tomiño. Deste xeito a RMT é accesible dende calquera ordenador con conexión a internet a través da páxina web www.conectateparty.org ou www.conectatparty.org durante todo o mes de xullo. Para iso só é preciso clickar no enlace que está accesible no sitio web.Este salto á rede era moi demandado polos oíntes da emisora municipal tudense, sobre todos por aqueles que se atopan no estranxeiro, ou noutros puntos de España onde non chega a cobertura por ondas. Así dende a súa posta en marcha en internet rexistráronse xa conexións dende Londres, Irlanda, Barcelona, Madrid, A Coruña, ou Santiago de Compostela. Isto permitirá ademáis que en moitas oficinas onde carecen de receptor de radio poidan seguir a programación da RMT ao través do ordenador.

jueves, junio 25, 2009

Audición fin de curso da Escola de Música de Salceda

O próximo sábado 27 de Xuño ás 20:30 Horas no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, celebrarase a audición fin de curso da Escola de Música de Salceda. Nela poderase ver o traballo realizado por todos os alumnos que forman parte da escola, dende os alumnos de música e movemento, onde os mais pequenos teñen 4 anos de idade, pasando polos que están a perfeccionar o estudio do seu instrumento para mellorar a calidade da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e en moitos casos preparandose para vivir profesionalmente da música, ata os alumnos que aprenden a tocar un instrumento por aficción no que non hai límite de idade, este é o caso dos alumnos de gaita, acordeón, guitarra, percusión africana e baile de salón.
A Audición estará chea de sorpresas e presentada de unnha forma dinámica na que todo o público pasará un rato moi agradable.

martes, junio 09, 2009

Abraham Olano estará en Salceda na II Marcha Cicloturista Raiña Aragonta

Este fin de semana Salceda contará coa presencia do ex-campión do mundo de ciclismo Abraham Olano. Olano participará na II Marcha Cicloturista Raiña Aragonta organizada polo clube ciclista do mesmo nome. O sábado haberá unha gala homenaxe e o domingo será a proba. Estes son os carteis e o vídeo promocional da mesma.



viernes, mayo 29, 2009

Festival de Cans 2008, fotos e vídeos

Máis de 7.000 persoas segundo estimacións da organización, acudiron a pasada semana a parroquia porriñesa de Cans para participar no Festival de Cans. Este domingo pola tarde na sala Tubulart de O Porriño será a clausura oficial de dito festival. Creo que as dimensións que está adquirindo o Festival teñen que facer que a organización tome medidas en vindeiros anos para que non se vexan desbordados polo público. Para min a cantidade de público que acudiu nesta edición está no límite do desexable para que o Festival non perda o encanto que tivo todos estes anos. Este ano xa foi un acerto o corte de tráfico da estrada nacional, así que confiemos en toda esas persoas que, ata o de agora, lévano facendo estupendamente para que non deixe que o Festival de Cans perda a súa esencia. Estas son as fotos e vídeos que tomamos do evento.






martes, mayo 19, 2009

Comenza o VI Festival de Cans

Mañán mércores dará comenzo oficialmente a 6ª edicción do Festival de Cans. De novo os chimpíns voltarán a ruxir e os veciños terán a punto os seus alpendres para acoller ao público asistente que podrá desfrutar das 12 curtametraxes de ficción e as 5 de animación que participan no concurso. Ademáis estará o Jalpón Friki, o coloquio na leira, os homenexeados e tamén música, moita música que este ano contará coa actuación estelar de Kiko Veneno. Este é o programa musical do Festival.
Aquí podes descargar en PDF o programa completo. Só espero que este ano o Apolo XIII non teña ganas de aterrar nas leiras de Cans.

domingo, mayo 17, 2009

Milleiros de galegos enchen as rúas de Santiago en defensa da lingua

Decenas de miles de galegos ateigaron este domingo as rúas de Santiago para sair en defensa do galego e esixir que a Xunta non dé un só paso atrás na súa promoción. Pese a que as condicións meteorolóxicas non eran as mellores, e a choiva acompañou aos manifestantes durante boa parte do percorrido, persoas chegadas de toda Galicia ateigaron as rúas por onde transcorreu a manifestación, e deixaron pequena a Praza da Quintana onde se leu o manifesto en defensa da lingua. E como unha imaxe vale máis que mil palabras eiquí tedes este vídeo da Praza da Quintana no momento da lectura do manifesto coa voz de Mercedes Peón.

martes, mayo 12, 2009

A voltas co galego

No son eu persoa de acudir a moitas manifestacións, entre outras cousas porque non me gustan as multitudes, por iso dende o día 2 de marzo, dende que o Sr. Feijoó deixounos claro que a principal preocupación do novo governo da Xunta, non era a crise, non era a sanidade, non era a Lei de Dependencia senón que era a derogación do decreto do galego e que para iso non hai buraco presupuestario que o impida, pois como decía, dende ese mesmo día levo buscando razóns para acudir o dia 17 de maio a manifestación de Santiago e incluso para convencer a algúns achegados para que fagan o mesmo. A verdade e que tiña razóns dabondo:
1.-Porque é mentira, e sea esa mentira non fose tan grave incluso diría que é un chiste, dicir que o castelán estea perseguido en Galicia.
2.-Porque a maior parte dos medios de comunicación de Galicia, apenas usan o galego nos seus contidos.
3.-Porque cáseque que non hai empresas que usen o galego como lingoa institucional.
4.-Porque non coñezo a nadie que acabara os seus estudos primarios que non sepa falar castelán, e en cambio coñezo a moitos que acabaron os seus estudos universitarios e non saben falar galego, e o que é peor, moitos están ogullosos diso.
5.-Porque está demostrado cientificamente que cantos máis idiomas sepamos máis facilidade temos para aprender outras lingoas.
6.-Porque defender o galego é unha homenaxe aos nosos antergos que tanto fixeron para a súa conservación.
7.-Porque defender ao galego é ecoloxismo lingüístico, defendendo a língoa máis débil para manter a diversidade.
8.-Porque hai que amosarlles, a algúns, que somos moitos os que defendemos ao galego. Un imaxe da Praza do Obradoiro a reventar vale máis que mil palabras nos medios de comunicación.

Pero cando vin esta intervención da presentadora do Pais dos Ananos , Belén Regueira, na entrega dos premios Mestre Mateo, o único que fixen foi anotar na axenda: "12 horas da mañán, Alameda de Santiago".

P.D.: Tamén podes aportar o teu gran de area firmando o manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego, que promove A Mesa Pola Normalizacion Lingüistica.


jueves, abril 30, 2009

A V Semana Musical de Salceda logra importantes apoios das administracións

A Dirección Xeral de Turismo, a S.A. de Xestión do Plan do Xacobeo, a Dirección Xeral de Xuventude e a Consellería de Cultura veñen de confirmar ó Concello de salceda de Caselas e á Asociación Amigos da Música o apoio económico para a celebración da V Semana Músical de Salceda de Caselas, que vai ter lugar dende o 3 ó 8 de agosto deste ano. Esta Semana Musical, organizada pola Asociación amigos da Música de Salceda de Caselas, inclue o “Curso Internacional de Música” que este ano, como en anos anteriores contará con mestres de gran prestixio internacional. O obxetivo deste curso é que tódolos músicos da Banda Cultural de Salceda e aqueles que se acerquen dende todo o territorio do estado poidan aproveitar a oportunidade de mellorar e completar os seus coñecementos de man de grandes mestres especialistas nos instrumentos obxeto do curso. O proxecto presentado á Dirección Xeral de Turismo polo alcalde de Salceda de Caselas e polos membros da Xunta Directiva da Asociación Amigos da Música foi valorado moi positivamente polo Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, quen ven de corfirmar o apoio económico tanto por parte da Dirección Xeral, cunha aportación de 11.600 €, como por parte de Plan Xacobeo que aportará outros 10.000 €. Por outra banda a Dirección Xeral de Xuventude tamén apoiará este proxecto com 3.000 €, a mesma cantidade que aportará a Consellería de Cultura. Os mestres de grande pretixio internacional confirmados ata o de agora para o V Curso Internacional de Música de Salceda son: Rex Martin (mestre de tuba da Northwestern University of Chicago), Yehuda Gilad (mestre de clarinete da University of California) e Allan Vizzutti (trompeta solista de EEUU). Ademáis contarán co quinteto de metais italiano Gomalan Brass para impartir a Master Class deste ano. Ainda quedan pendentes outros mestres cos que se está negociando dende a Asociación Amigos da Música de Salceda e esperáse que en breve xa se teña o cartel definitivo do curso. O alcade de Salceda, Marcos Besada, amosouse satisfeito polos apoios das distintas institucións e resaltou que este proxecto está a medrar cada ano debido ó seu carácter orixinal e innovador. “Os proxectos que se están pondo en marcha dende a Asociación Amigos da Música e a Banda Cultural de Salceda, e en concreto a Semana e Musical e o Curso Internacional seguen sendo un eixo prioritario para este goberno e están tendo o máximo respaldo da Concellaría de Cultura, que dirixe Teresa Pérez co obxetivo de apoiar inciativas na procura da maior difusión da cultura do noso concello e do noso país.”

lunes, abril 27, 2009

300 ciclistas e un can participaron na VIII Marcha de BTT Faro de Budiño

Uns 300 ciclista participaron na Marcha de BTT Faro de Budiño organizada polo equipo ciclista Budiño-Bike Canteiros. A proba foi todo un éxito de organización especialmente o trazado que foi do agrado da meirande parte dos participantes, se lle facemos caso aos comentarios dos ciclistas ao remate da proba así coma as opinións verquidas neste foro especializado en ciclismo de montaña. Unha das anécdotas da xornada foi o can da fotografía, que fixo toda a segunda parte do percorrido, trialeiras incluidas, supoñemos que seguindo os pasos do seu dono. Xa podedes ver parte das fotos na páxina web da Asociación Cultural A Forna. Nos vindeiros días colgaranse o resto no blog de Budiño Bike. Se alguén quedou con ganas de repetila pode baixala ruta para GPS no wikiloc.


martes, abril 21, 2009

VIII Marcha de BTT Faro de Budiño este domingo

Este domingo terá lugar en Budiño a VIII Marcha de BTT Faro de Budiño. A saída será, coma tódolos anos, do recinto de A Forna ás 9:30 da mañán. Este ano a organización corre a cargo do novo equipo de ciclismo Budiño Bike, que siguen traballando arreo para que todo saia perfecto o día da marcha. O percorrido, que xa tivemos ocasión probar, non deixará indiferente a nadie. Os compoñentes do equipo estiveron, nestas últimas semanas, poñendoo a punto, para o cal tiveron que preparan centos de metros de camiños inxistentes e que pasan as veces por sitios inimaxinables, coma o que se pode ver nestas fotografías tomadas con móvil.
Tamén será unha ocasión única para percorrer por derradeira vez algúns camiños que nos vindeiros anos desaparecerán devorados pola ampliación do Polígono da Granxa. E para rematar e recuperar forzas haberá degustación de lacón con grelos para tódolos participantes. Podes obter máis información na páxina web de Budiño Bike ou na web da Asociación Cultural A Forna

miércoles, abril 15, 2009

¿Para que sirve a web do concello de Tui?

Un dos acontecementos máis importantes que se celebran estes día na nosa bisbarra son as festas de San Telmo de Tui, iso si, cada vez máis devaluadas nestes últimos anos coa desaparición da FAIM, un dos buques insignias destas festas e que nestes pasados anos xa era unha simple caricatura do que foi; coa Festa da Meixón da que o Concello se desentendeu e que foi organizada este ano por veciños de Randufe e todo isto aínda se agravará nos vindeiros anos coa construcción do novo centro de saúde no aparcadoiro da Area Panorámica. Voltando ao tema deste artigo ,se alguen tenta buscar información sobre a programación de festas de San Telmo deste ano, o primeiro sitio que se lle ocurre e ir a web oficial do Concello de Tui, sendo como son, e a pesares do dito anteriormente, un dos eventos máis importantes que se celebran en Tui ao longo do ano. Pois facede a proba ide a web do concello de Tui e vede canta información podedes obter das festas de San Telmo 2009. Realmente lamentable.

lunes, abril 13, 2009

Salceda presenta a humanización da rúa Dr. Zunzunegui

Mañán martes, día 14 de abril de 2009, ás 20:00 horas, presentaráse no auditorio do Concello de Salceda de Caselas o proxecto de humanización da Rúa Dr. Zunzunegui e o novo plan de tráfico. O Concello de Salceda vai executar en breve o proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui”, primeiro obxetivo do plan de humanización que está a diseñar o goberno municipal para mellorar a calidade urbanistica da vila. Este proxecto está financiado pola Consellería de Innovación e Industria a través da convocatoria de subvención de mellora de zonas comerciais e polo própio Concello.Tamén se presentará o novo plan de tráfico e os novos aparcadoiros, que serán fundamentais para axilizar a circulación no centro urbán e estacionar os vehiculos co obxetivo de favorecer o comercio da vila.

sábado, abril 11, 2009

Senda dos Humedais

Este pasado martes día presentouse en San Estevo de Budiño a Senda dos Humedais. Trátase dunha bonita ruta de sendeirismo, duns 9 kilómetros de percorrido, na que ademais se poden ler distintos paneis informativos que nos axudaran a enteder e a valorar máis, un dos tesoros medioambientais do que dispón a nosa bisbarra, que son os humedais das Gándaras de Budiño. Nós tivemos a ocasión de percorrelo estes días e a verdade e que é absolutamente recomendable. Cáseque na metade do percorrido parte outra ruta de sendeirismo que vai cara o Monte Aloia. Cruzando o río Louro neste punto e en apenas uns 100 metros chegamos a famosa Ponte das Febres, no Camiño de Santiago onde conta a lenda que enfermou de morte San Telmo e tivo que regresar a Tui onde falecería días máis tarde.
A ruta, para os que tedes GPS podédela baixar eiqui no wikiloc.
Nesta mesma páxina podedes baixar máis rutas subidas por Valdolouro da bisbarra e arredores.

Este é o álbum fotográfico que tomamos na Senda dos Humedais.

miércoles, abril 01, 2009

lunes, marzo 30, 2009

Reunións informativas sobre os Bancos de Tempo

Ahora que ca crise sobra máis tempo do normal, tes a posibilidade de invertilo nun banco que a bo seguro non dará en quebra. Trátase dos Bancos de Tempo que organiza o concello de Salceda de Caselas e na que os veciños poden invertir parte do seu tempo libre en axudar a outras persoas usando a súa experiencia ou habilidades para determinadas tarefas e a cambio outras persoas invertiran tamén o seu tempo en axudarche nesas tarefas que non eres capaz de realizar ti mesmo ou non tes a práctica suficiente. Se non o entendeches ben, non pasa nada porque este martes na Devesa o concello de Salceda organiza dúas reunións.
Ás 16:30 horas efectuarase a PRIMEIRA REUNIÓN DE USUARIOS/AS DE BANCO DE TEMPO, destinada as persoas rexistradas como usuarias de Banco de Tempo.E ós acompañantes que queiran levar.Os temas a tratar son:
-Desarrollo dun Banco de Tempo.
-Propostas para a realización de talleres.
-Remate coa degustación dun postre feito por unha usuaria.
A segunda é unha REUNIÓN INFORMATIVA ás 18:00 horas para todalas persoas interesadas en coñecer os Bancos de Tempo.

lunes, marzo 23, 2009

O BNG de Salceda pide o cumprimento efectivo de horarios ó persoal ao servizo do Concello

A Asemblea Local do BNG, reunida o sábado día 14 de marzo, entre outros asuntos avaliou o proceso seguido para a elaboración dos orzamentos para este ano 2009 e a súa aprobación polo Pleno do concello o pasado venres. En relación co capítulo de persoal, a Asemblea Local valorou que nunha situación de crise como a que se está a vivir é fundamental contar cun cadro de persoal efectivo, tanto funcionarios como laborais, que desenvolva a súa actividade diaria con eficiencia e clara vontade de servizo aos cidadáns, principais destinatarios dos servizos que o Concello lles debe prestar coa máxima calidade e en óptimas condicións. Neste contexto, o BNG de Salceda considera necesario mellorar a produtividade individual e de conxunto dos servizos. Un exercicio profesional e sen privilexios debe levar a que o persoal adscrito aos diversos servizos municipais sexa efectivo nas súas actividades diarias. Nesta liña o BNG pídelle ao Alcalde de Salceda que estableza o cumprimento efectivo do horario semanal, atendendo as previsións legais vixentes, é dicir, para o persoal funcionario 37 horas e ½ semanais, e 40 horas semanais para o persoal laboral. O BNG considera que as cidadás e os cidadáns de Salceda de Caselas deben percibir claramente que tanto o goberno municipal como persoal do Concello (tanto os funcionarios como o persoal laboral) cumpren co seu cometido no Concello e se esforzan por aportar todo o posible para sobrepoñerse a un momento de dificultade; e, dese xeito, apoiar a aqueles concidadáns que se ven inmersos en graves situacións, como poden ser afrontar dificultades económicas ou incluso a perda do emprego. Por último a Asemblea Local apoia o proceso de regularización iniciado polo Goberno Municipal, coa previsión orzamentaria de crear na plantilla de persoal unha praza de funcionario/a (Arquitecto/a),e duas de persoal laboral fixo (Técnica/co Local de Emprego, e Técnica/co de Información Xuvenil), cumprindo así o criterio de ir regularizando prazas empezando polas categorías mais altas.