martes, mayo 12, 2009

A voltas co galego

No son eu persoa de acudir a moitas manifestacións, entre outras cousas porque non me gustan as multitudes, por iso dende o día 2 de marzo, dende que o Sr. Feijoó deixounos claro que a principal preocupación do novo governo da Xunta, non era a crise, non era a sanidade, non era a Lei de Dependencia senón que era a derogación do decreto do galego e que para iso non hai buraco presupuestario que o impida, pois como decía, dende ese mesmo día levo buscando razóns para acudir o dia 17 de maio a manifestación de Santiago e incluso para convencer a algúns achegados para que fagan o mesmo. A verdade e que tiña razóns dabondo:
1.-Porque é mentira, e sea esa mentira non fose tan grave incluso diría que é un chiste, dicir que o castelán estea perseguido en Galicia.
2.-Porque a maior parte dos medios de comunicación de Galicia, apenas usan o galego nos seus contidos.
3.-Porque cáseque que non hai empresas que usen o galego como lingoa institucional.
4.-Porque non coñezo a nadie que acabara os seus estudos primarios que non sepa falar castelán, e en cambio coñezo a moitos que acabaron os seus estudos universitarios e non saben falar galego, e o que é peor, moitos están ogullosos diso.
5.-Porque está demostrado cientificamente que cantos máis idiomas sepamos máis facilidade temos para aprender outras lingoas.
6.-Porque defender o galego é unha homenaxe aos nosos antergos que tanto fixeron para a súa conservación.
7.-Porque defender ao galego é ecoloxismo lingüístico, defendendo a língoa máis débil para manter a diversidade.
8.-Porque hai que amosarlles, a algúns, que somos moitos os que defendemos ao galego. Un imaxe da Praza do Obradoiro a reventar vale máis que mil palabras nos medios de comunicación.

Pero cando vin esta intervención da presentadora do Pais dos Ananos , Belén Regueira, na entrega dos premios Mestre Mateo, o único que fixen foi anotar na axenda: "12 horas da mañán, Alameda de Santiago".

P.D.: Tamén podes aportar o teu gran de area firmando o manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego, que promove A Mesa Pola Normalizacion Lingüistica.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Moito apoio para o galego é o que fai falta,
¡¡¡ Todo a Manifestación de Santiago !!!
E non nos deixemos pisotear outra vez mais polos que queren facer desaparecer o galego.

E noraboa a Valdlolouro por este artigo, gustariame que deras permiso para difundir este artigo por toda a rede, e-mails, páxinas web etc...

Valdolouro.com dijo...

Ola anónimo, moitas grazas pola gabanza que fas do artigo. Tes o meu permiso para difundilo pola rede. Só me gostaría que se citase a fonte.
Unha aperta.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,酒店,