martes, octubre 13, 2009

Chegou o tempo de loitar

Nas vindeiras semanas o novo goberno da Xunta derogará o decreto do galego, aprobado durante o mandato de Manuel Fraga, que vendo o que fan os seus cachorros acabará sendo un ilustre galeguista e defensor a ultranza da nosa lingua. Xa se ten falado moito deste tema, igual que da enquisa ou excusa que se usará para derogar dito decreto. Para os galegofalantes creo que chegou o momento de aparcar as verbas e comezar a loita. Para esta loita teremos que usar tódalas as armas ao noso alcance:

-Primeiro. Evitar accións que poidan ir contra dos defensores do galego. Feitos coma os acontecidos este fin de semana na Rúa Príncipe de Vigo, en nada benefician ao galego e en cambio poden ser usados polos seus detractores para desvalorar e desprestixiar aos defensores da nosa lingua.

-Segundo. Potenciar o consumo dos medios de comunicación que teñan como idioma único ou principal o galego. Na televisión témolo bastante cru cunha nova telegaita que xa vai soltando certo tufo nos seus telexornáis. Na prensa escrita xa temos outras opcións como Galicia-Hoxe, A Nosa Terra, A Peneira, etc. Aínda que estes xornáis non acaden a popularidade ou a diversidade de contidos doutros coma o Faro de Vigo ou La Voz de Galicia, estou seguro que se entre todos aumentamos a súa demanda, co tempo irían mellorando e obrigaría a estes máis coñecidos a aumentar o seu contido en galego.

-Terceiro. Favorecer positivamente as empresas que etiqueten os seus productos en galego. En similares condicións mercar sempre o producto etiquetado en galego. Na actualidade xa hai empresas que fan publicidade do seu leite decindo que so usan leite galego, isto é porque hai un grupo de consumidores que valoran que o leite sexa galego, aínda que non sexa o máis barato. Se hai un grupo importante de consumidores que valoren tamén que o producto estea etiquetado en galego as empresas non lles quedará outra que facer o etiquetado en galego.

-Cuarto. Elexir preferentemente para mercar as tendas, cadeas ou centros comerciais que fagan a súa publicidade en galego. Fixádevos nas vallas que vedes pola estrada, ¿cantas destas fan a súa publicidade en galego?. Son só unha pequena minoría.

-Quinto. Apuntarvos a proxectos coma limiar de galego que aposta pola creación dunha rede de escolas privadas en galego. Se os curas conseguiron facer as súas propias escolas, nós tamén podemos facelo.

-Sexto. Cando chamemos a un teléfono de asistencia telefónica, pedide sempre a opción de que vos atendan en galego, con iso conseguiredes dous beneficios, primeiro darlle traballo a alguén que sabe falar galego, e segundo e por experiencia propia, entenderan mellor os vosos problemas, xa que é máis complicado atopar unha persoa no Magreb ou en Latinoamerica que sepa falar galego.

-Séptimo. Participar en toda canta manifestación e acto a prol do galego se organice. Como a que terá lugar o vindeiro domingo día 18 en Santiago. Aos políticos non lle gusta nada té-la xente movilizada na súa contra, aínda que logo lle intenten quitar importancia dicindo que eran catro gatos ou que a única movilización válida é a das urnas. A ninguén lle gusta ter un grao no cú aínda que non vaia a morrer delo.

Se cada un de nós aporta o seu granciño de area, esa árbore feble que é o galego e que algúns queren enterrar, brotará con máis forza e cunhas pólas tan fortes que nin a bandada máis grande de gaivotas poderá dobregalas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡¡O 18 a Santiago para defendelo ben mais valioso que herdamos dos nosos devanceiros!!!.
Os galegos temos unha lingua propia e dereito a usala. Iso e algo polo que vale a pena loitar. E si non o facemos imos quedar primeiro sen o dereito e despois sen a propia lingua.
Non vendámola nosa cultura milenaria para mercar un coche que vai durar dez anos, un piso de tres habitacións nun edificio de seis alturas, unha televisión de plasma e unhas gafas de sol para non ver de onde vimos.

paideleo dijo...

Mui bos puntos, si señor.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,酒店,