lunes, febrero 23, 2009

Entroido 2009 (3ª parte)

A comparsa da Picoña levouse o primeiro premio tanto en carrozas coma en comparsas no concurso de comparsas e carrozas do entroido de Salceda. A comparsa de San Xorxe obtivo o segundo premio tamén en ámbolas dúas categorías. Terceiros en carrozas foron os membros de Arco Iris namentras que en comparsas foron os veciños de Soutelo os que se levaron o terceiro premio. A verdade e que a carroza da Picoña chamou a atención ao numerosísimo público que se achegou a Salceda para presenciar o desfile, e cáseque ninguén dúbidaba do seu trunfo final. O concurso estreou este ano novo percorrido que estivo todo el ateigado de xente animados sen dúbida polo bo tempo. O entroido de Salceda continúa hoxe coas verbenas nos barrios do Castro Barreiro e A Feira. E mañán martes terá lugar o desfile de carrozas e comparsas de ditos barrios. Nos vindeiros días publicaremos unha ampla reportaxe fotográfica sobre este concurso e o desfile dos barrios do Barreiro e A Feira do martes.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Da a sensación de que a nova corporacion de Salceda no lle interesa promocionar o carnaval do domingo, se entende si vemos que a concelleira de cultura, e de un barrio dos que celebran o carnaval no martes, independientemente disto destacar que o percorrido era largo con obstaculos e por rriba non se molestaron en vallar dando pe a que a xente se agolpara na rua obstaculizando a vision do publico e o paso das carrozas. Si a concelleira tere tivera vergoña dimitiria do cargo por habelo feito tan mal. Po lo ben do concello e do carnaval, esperemos que esta xente no siga moito tempo

Anónimo dijo...

Eu creo que hai que promocionar o entroido de Salceda en xeral, pero se hai que centrar os esforzos nalgunha parte deles estou dacordo que se faga no do Castro Barreiro e A Feira. Se por algo e coñecido o entroido de Salceda e polos dous barrios, o do concurso do domingo leva poucos anos e xa se verá como acaba, porque cada vez hai menos carrozas, iso si, máis profesionais, pero eu boto de menos máis participación popular aínda que sexa con carrozas máis trapalleiras. En canto ao de vallar o percorrido, ao mellor nalgunhas zonas pode facer falla pero asegúroche que onde estaba eu podíase ver sen ningunha dificultade, iso si sempre hai incivilizados que chegaban a última hora e se puñan cáseque no medio da estrada tapándolle a visión aos demáis e estorbando ao paso das carrozas. Creo que ter que vallar todo percorrido habendo a cantidade de sitio que había para mirar o paso das comparsas e un síntoma da falla de civismo da xente. A min o percorrido paréceme máis lucido ca o dos anos anteriores que tiñan algunhas curvas con moita dificultade para maniobrar. E máis, dubido que algunha carroza coma a da Picoña pasase por algunha delas. E en canto aos que din que se debería dar duas voltas, eu dígolles que se apunten a unha comparsa e que fagan o desfile completo a ver se logo teñen gañas de dar dúas voltas. Creo que hai que deixar de facer política co Carnaval, ao final o único que conseguiremos e que a xente se cabree e deixe de participar.