martes, febrero 17, 2009

Entroido 2009 (1ª parte)

Estamos metidos de cheo no tempo de entroido. O duro inverno que nos tocou este ano tamén deu unha pequena tregua que sen dúbida axudará a que os actos que se vaian a celebrar ao longo destes días sexan máis lucidos, se cabe. Nesta primeira entrega do entroido 2009, quero facer un pequeno resumen dos actos que se van a celebrar ao longo destes días así como das distintas páxinas adicadas ao entroido na nosa bisbarra, que afortunadamente son cada vez máis e con mellor información.

Salceda de Caselas: É un dos entroidos de máis tradición da nosa bisbarra, sen dúbida grazas ao longo enfrentamento que manteñen os barrios da Feira e o Castro Barreiro. Segundo a información que atopamos neste blog, xa se teñen referencias ao seu entroido, ou carnaval como preferen chamerlle eles, dende o ano 1888. Tamén o concello organiza actividades coma o desfile infantil e o concurso de carrozas e comparsa do domingo de entroido que leva celebrándose xa dende hai once anos con gran éxito de público e que este ano variará o seu percorrido.

O Porriño: e un entroido moi participativo e tamén con gran tradición. Este ano os membros da comparsa "o mellor de cada casa" serán os encargados de leer o pregón. Nestes últimos anos téñense recuperado vellas tradición coma o xogo da ola. Sen dúbida un dos grandes animadores e persoaxes deste entroido é o gran Cuquín. Como novidade este ano o entroido do Porriño estrea páxina web na que se pode consultar toda a súa programación. Espero que se complete un pouco con fotos e vídeos de dito entroido.

Tui: ten dúas datas importantes e casi exclusivas no seu entroido, o martes de entroido onde se organiza un gran concurso de carrozas en comparsas con bos premios en metálico, e o primeiro domingo de cuaresma cando ten lugar o tradicional enterro do bacallau cunha gran participación da xente.

Mos: e o gran descoñecido debido un pouco a proximidade de O Porriño e Vigo que lle resta participación. Este ano Sanguiñeda acollerá o desfile de comparsas e carrozas de entroido na tarde do domingo.

Agora só falta que o tempo tamén acompañe.

Se coñeces algunha páxina interesante sobre o entroido na nosa bisbarra podes deixamer o enlace en comentarios o enviarme un mail a valdolouro@iespana.es