martes, febrero 03, 2009

A choiva protagonista na romería de San Brais

A choiva foi a protagonista na romería de San Brais en Budiño. Estivo ameazando toda a mañán pero a partires das 12 e media comenzou a caer, cada vez con máis intensidade, sobre o recinto da capela e sobre os que alí estabamos. Algúns coma min, fixémoslle caso ao windguru e iamos desprovistos de paraugas, menos mal que cando o bo tempo se torce sempre hay algún amigo, veciño ou coñecido disposto a acollerte debaixo do seu. Isto quizais sexa unha boa ensinanza para afrontar estes difíciles momentos que nos está tocando vivir, e é que por moi pequeno e vello que sexa o noso paraugas, sempre podemos arrimalo un pouco para axudar a outros que están máis desprotexidos ca nós. Esperemos que a crise nos faga máis solidarios a todos e que san Brais nos axude a pasar este duro inverno sen doenzas na gorxa.