viernes, enero 30, 2009

A Galescola de Salceda aumentou o servizo a 12 nen@s máis

A Galescola de Salceda, que xestiona o Consorcio Galego de Benestar e Igualdade, dependente da Vicepresidencia do Benestar e da Igualdade, ven de aumentar o número de prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos ata completar un total de 60. A Galescola oferta un servizo de comedor do que están a disfrutar un total de 25 nenos e nenas que poden comer nas propias intalacións nun horario de 12:30 a 13:00 horas. Dende a Galescola informan que as dietas son equilibradas e variadas, con comida fresca e cociñada nas propias instalacións grazas ó traballo dunha cociñeira adscrita ó centro. Existen dietas epeciais para celiacos, nenos que teñan intolerancia á lactosa e outras anomalías alimentarias. Monica Vizcaya, Concelleira de Benestar e Igualdade, declara que a Galescola de Salceda está a dar un servizo demandado polos pais e nais dos pequenos, xa que a veces é difícil conciliar a vida laboral e familiar e este servizo axuda a elo xa que en Salceda existen de 386 nenos e nenas de 0 a 3 anos. Marcos Besada, alcalde Salceda salienta que a Galescola supuxo que por primeira na historia de Salceda existe un sevizo de gardería pública da máxima calida e con tódolos servizos necesarios. “O que se pretende é que os pais e nais dos nenos de Salceda teñan máis servizos que lles faciliten a vida diaria”.