jueves, enero 15, 2009

Cursos de voluntariado en Salceda

A Concellería de Voluntariado do concello de Salceda de Caselas informa de que entre os meses de xaneiro a abril levaranse a cabo varias accións formativas en materia de voluntariado. Estes cursos encadranse dentro da campaña de formación para o voluntariado Movete 09 organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
Os cursos a desenvolver son os seguintes:
- Voluntariado e Infancia,
- Iniciación ao Voluntariado
- Voluntariado e Autonomía Persoal
- Voluntariado e Inclusión Social
- O coñecemento do voluntariado do monte galego
- Voluntariado, ocio e tempo libre.
O vindeiro xoves 22 de xaneiro impartirase o primeiro dos cursos encadrados nesta campaña “Voluntariado e Infancia” no centro de servicios sociais A Devesa en horario de 09:00 a 13:30 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nestes cursos ou en obter máis información poden dirixirse a: Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Salceda de Caselas Tlf. 986349003 Ext 4 ou voluntariado@salcedadecaselas.es