sábado, enero 03, 2009

Axenda dos Reis Magos no Val do Louro

Este luns pola noite terán unhas horas de grande actividade, pero as súas maxestades os Reis Magos de Oriente, ainda disporán dunhas horas libres pola tarde para visitar aos nenos e maiores de Val do Louro. Esta é a axenda prevista nos concellos da nosa bisbarra.
No concello de Mos, despois dunha xira que levan nos días anteriores polas distintas parroquias do concello, concentraranse tódalas carrozas participantes na cabalgata, na capela de San Amaro en Petelos, as 17:00 horas, e alí comezarán o seu desfile cara o Pavillón Oscar Pereiro.
No concello de O Porriño, a cabalgata partirá ás 18:00 horas do Pavillón Municipal ata a Praza Central. Estarán acompañados polas rondallas de Pontellas, Atios e Santa Eulalia de Mos.
En Salceda a cabalgata real partirá as 17:00 horas do Pavillón Municipal e percorrerá as principais rúas de Salceda ata a Praza do Concello. Estarán acompañados da Banda de Gaitas de Entenza.
No concello de Tui, a cabalgata partirá as 18:00 horas da antigua alfándega. Chegará ata o Paseo da Corredoira e estarán acompañados por máis de 120 persoas e a parte musical correrá a cargo da rondalla do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.

No hay comentarios: