lunes, mayo 28, 2007

Elección municipáis 2007

Como todos sabedes onte tiveron lugar as eleccións municipáis en toda España. Creo que destas eleccións se poden sacar unhas cantas conclusións. A primeira é que as campañas electoráis, precampañas incluidas, duran demasiado. Deberían ceñirse máis as dúas semáns legáis, e todos sairíamos gañando. A segunda é que o P.P. perde cáseque todo o poder nos concellos que están a carón de Vigo, incluido Vigo. A terceira é que nos concellos de Valdolouro e arredores non hai maiorías absolutas, só en Salvaterra, con isto gaña a democracia e o diálogo. E a última é que había moita xente en Salceda que xa tiña ganas de que Chicho deixase a alcaldía, mostra diso é a festa improvisada que se montou onte a noite no centro da Esfarrapada, onde centos de persoas acudiron a celebrar a derrota de Chicho nas urnas. Ata sonou a música de Jarcha e o seu coñecido "Libertad sin ira". Lembrábanme ós primeiros anos da transición que foi, precisamente, cando Chicho colleu o poder en Salceda. Creo que foron moitos anos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois está moi claro: unha imaxe vale máis que mil palabras!

Claro que foron moitos anos, e a situación xa era moi desesperante. Noraboa a tódolos salcedenses, como dixo o novo alcalde electo MArcos Besada esa mesma noite nesa festa improvisada. Persoalmente penso que gañamos moito con este cambio.
Un saúdo