lunes, noviembre 26, 2007

XI Festa dos Cogumelos de Entenza

Onte tivo lugar a 11ª edición da Festa dos Cogumelos de Entenza. A verdade é que o tempo acompañou para a degustación do domingo pero non para a recollida de cogumelos polos montes, xa que a escasez de choivas nos últimos meses xunto coa chegada do frío, fixo que se reducise sensiblemente o número de especies recollidas este ano. No aspecto gastronómico, o público que se achegou ata Entenza pudo degustar setas e champiñóns ao natural, con nata ou en empanada. A festa foi amenizada polo grupo de baile da Agrupación Cultural Xunco de Parderrubias.