jueves, noviembre 29, 2007

Axenda para esta fin de semán

Venres 30 de novembro as 21:00 horas no Teatro da Area Panorámica de Tui o Centro Dramático Galego representará a obra "Noite de Reis ou o que queirades" un clásico de Shakaespeare adaptado e dirixido por Quico Cadaval.

Venres 30 de novembro as 23:00 horas no Bar liceum de O Porriño actuación do cantautor Diego Freire.

VI Xornadas micolóxicas de Salceda
Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro vanse celebrar no Centro de Servicios Sociais da Devesa en Salceda de Caselas as VI Xornadas Micolóxicas organizadas pola Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Salceda. Este ano como novidade as charlas informativas desenvolveranse o venres 30, divididas entre os que sexan iniciados no mundo da micoloxía e os que xa teñan algunha experiencia no mesmo. As xornadas comezan o venres as 18:30 horas coa presentación a cargo do concelleiro de medio ambiente Enrique Cabaleiro, que aproveitará para incidir na colaboración cidadá nos distintos programas de reciclaxe e reutilización de residuos postos en marcha pola súa concellaría. Como actividades optativas das xornadas haberá unha degustación de cogomelos o sábado o medio día, un Obradoiro para nenos titulado O mundo invisible dos cogomelos o sábado pola tarde e un percorrido medioambiental polo río Caselas o domingo pola mañá.