viernes, agosto 03, 2007

Axenda para esta fin de semán

Gran actividade cultural nos nosos concellos para esta fin de semán. Estes son os acontecementos máis destacables:

En Cabreira, moi preto de Salceda, XI Festa da Chuzadita, todo un clásico das macrofestas do verán, tan de moda últimamente. Será este venres pola noite e ata altas horas da madrugada.

En Tui, tamén hoxe venres a partires das 22:30 horas, na Praza de San Fernando, XVI Festival de Bandas de Música, que contará coa participación da Agrupación Musical de Belesar de Baiona e da Banda de Música Popular de Tui.

En Salceda, este sábado a partires das 00:00 horas, actuación do grupo A Roda na Praza do Concello.

No aspecto deportivo, está fin de semán terá lugar en Tui a primeira proba do campionato galego de Wakeboard (esquí nautico). Hoxe venres serán os entrenamentos entre as 10 da mañán e as 7 da tarde, e o domingo terá lugar a proba oficial de 10 a 17 horas, fronte ao Centro Interfederado de Remo e Piragüismo.

No hay comentarios: