Parece que dende o Concello de Salceda estanse animando a rebatir as acusacións que están a sufrir dende o PP e algúns medios de comunicación afíns. Esta vez tócalle o turno ao campo de herba artificial que no seu día prometeu a Diputación e que se fai esperar. Como xa dixemos o outro día, onde hai datos non caben opinións. Esta é a nota oficial que nos fixeron chegar.
O PP DE SALCEDA NON DÍ A VERDADE SOBRE O CAMPO DE FUTBOL DE HERBA ARTIFICIAL.
O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez e a Concelleira de Deportes, Teresa Pérez do Concello de Salceda de Caselas, fan as seguintes aclaracións en resposta ás notas de prensa enviadas polo Partido Popular de Salceda de Caselas con respecto ó campo de Fútbol de herba artificial do Penedo Redondo:
- Con data 24 de maio de 2007 asinouse un protocolo de colaboración entre a Deputación e o Concello de Salceda de Caselas para a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol do Penedo Redondo en Parderrubias.
- Que o 27 de decembro de 2007 o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, mantiveron unha reunión co Presidente da Deputación, Rafael Louzán na que se pactou a confirmación do anteriormente citado protocolo, unha vez se cumpriran as cláusulas nel establecidas.
- Que no Boletín Oficial da Provincia nº. 103 de 22 de xuño de 2009 aparece publicado o acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación a adxudicación provisional para a contratación da execución do proxecto “Campos de Fútbol de Herba Artificial – 3ª Fase”, pero o Concello de Salceda segue sen ter por escrito unha confirmación oficial de que a Salceda lle corresponde un.
- Que os traballos a realizar polo Concello de Salceda de Caselas, esixidos pola Deputación Provincial de Pontevedra para que esta inicie as obras de instalación do céspede, xa están executados (dispoñer de auga corrente, dispoñer de corrente eléctrica para iluminación e funcionamento de motores, a cesión dos terreos por parte da Comunidade de Montes de Parderrubias, asinada entre o Concello e a Comunidade o 26 de febreiro de 2009 e as obras o cerramento do campo de fútbol que a empresa adxudicataria COVSA acaba de rematar).
- Que o 1 de setembro de 2009 o Concello de Salceda de Caselas voltou a solicitarlle por escrito á Deputación Provincial de Pontevedra que continuase co procedemento para a adxudicación definitiva ó Concello de Salceda de Caselas do citado campo de Fútbol.
- Que a iluminación do campo e o arranxo dos vestiarios xa están adxudicados a dúas empresas. A iluminación está pendente do resto das obras que ten que executar a Deputación xa que dependen delas e os vestiarios executaranse en breve prazo.En canto ás gradas, non é condición indispensable e de feito hai moitos campos, inaugurados e en funcionamento, que a día de hoxe seguen sen graderios. De todas formas o Concello xa dispón dun proxecto para a instalación das mesmas,
- Por todo isto entendemos que “a Deputación xa pode seguir o procedemento para iniciar as obras que dependen dela e que si non o fai é por intereses políticos en contra dos veciños e veciñas de Salceda e o Partido Popular de Salceda sabeo, sendo cómplice desta situación”.

1 comentario:
Como se vai acordar o Sr. Louzán de Salceda, se está ocupado por eses concellos da provincia adiaante, pagando mocións de censura. Eso si "para librarnos a los votantes de la izquierda pecaminosa". Gracias Louzán pero en Salceda de ti só queremos os cartos que nos pertecen. E os do PP de Salceda que se deixen de lerias co da Festa dos Callos e que lle esixan aos seus líderes que invirtan en Salceda, senón seredes cómplices do Sr.Louzán
Publicar un comentario