viernes, mayo 29, 2009

Festival de Cans 2008, fotos e vídeos

Máis de 7.000 persoas segundo estimacións da organización, acudiron a pasada semana a parroquia porriñesa de Cans para participar no Festival de Cans. Este domingo pola tarde na sala Tubulart de O Porriño será a clausura oficial de dito festival. Creo que as dimensións que está adquirindo o Festival teñen que facer que a organización tome medidas en vindeiros anos para que non se vexan desbordados polo público. Para min a cantidade de público que acudiu nesta edición está no límite do desexable para que o Festival non perda o encanto que tivo todos estes anos. Este ano xa foi un acerto o corte de tráfico da estrada nacional, así que confiemos en toda esas persoas que, ata o de agora, lévano facendo estupendamente para que non deixe que o Festival de Cans perda a súa esencia. Estas son as fotos e vídeos que tomamos do evento.






1 comentario:

Anónimo dijo...

Este comentario non é para esta noticia, pero quero que desde esta páxina se dea información de isto que escribo:

os que amamos a música galega recibimos un durísimo golpe, a nova dirección da Radio Galega tomou a súa primeira decisión sobre a programación da canle e, "curiosamente", o primeiro programa eliminado foi Aberto por Reformas, presentado por Xurxo Souto.

Aberto por reformas foi un soplo de ar fresco nun mundo como o da radio onde non existía un programa adicado aos grupos galegos, e especialmente aos grupos que cantaban en galego. Por fin a emisora pública galega facía algo polos novos grupos que estaban a agromar por todo o país e que tiñan como nexo que cantaban en galego, tiñan a súa saída ao mundo, e coincidiu co estoupido de grupos galegos en todos os estilos, Pop, Electrónica, Funk, Jazz, Ská,... aparte de empurrar o concurso Apologhit, o de comparsas do entroido, xunto con todas as novas, debates, presentacións de discos, entrevistas,... arredor da música galega.

Catro anos despois o novo equipo colocado polo Partido Popular toma como primeira decisión eliminar o programa, non só cesando a Xurxo Souto senón trocando completamente o espíritu do programa transformandoo nun magazine de música española e estranxeira.

As veces os xestos son elocuentes e este é un destes casos... o único programa de radio adicado aos grupos galegos desaparece...

Seica non só a poesía é un arma cargada de futuro, a música en galego tamén, e iso podía ser perigoso e un referente para as novas xeracións... o mellor neste caso, cargarse esa semente de cultura galega.

Castelao deixou dito, nun dos seus debuxos sobre a represión na guerra civil, unha frase que nos anos 70 encheu os muros galegos en referencia ao asesinato de Moncho Reboiras; hoxe esa frase volve ter o seu aquel lembrala na nosa Terra:

NON ENTERRAN CADAVRES, ENTERRAN SEMENTE!!!