jueves, marzo 12, 2009

Novo equipo ciclista en Budiño

O pasado xoves día 5 presentouse oficialmente en Budiño (O Porriño) un novo equipo ciclista: Budiño Bike. Trátase dun grupo de xente cunha afección común, o ciclismo de montaña. Son arredor de 25 socios que pretenden desfrutar en conxunto deste deporte. Participando en marchas, facendo saídas en grupo e organizando distintas actividades. A súa primeira cita importante para este ano será a organización da VIII Marcha de BTT Faro de Budiño, prevista para o vindeiro 26 de Abril e que ata de agora organizaba o Clube Ciclista Spol de O Porriño.