miércoles, abril 02, 2008

Danza para os nenos este venres en Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 20h, un espectáculo de danza-textual, “Menu Vexetal”, a cargo da compañía viguesa Disque Danza. A obra “Menu Vexetal” escrita por Paula Carballeira está dirixida por Carmela Bueno e Alfredo Rodríguez. Sobre o escenario estarán catro bailarinas: Carmela Bueno, Olivia Maté, Leticia Alfaya e Olga Cameselle e unha actriz Nuria Guillón para, ao longo de 55 minutos, entreter ao público cun espectáculo no que convidan a mesturar sabores imposibles. Parten do cor verde para demostrar que está cheo de maxia e misterio, incluso cando se trata de comida, e levan aos nenos e maiores a un percorrido por un mundo no que todo é posible. O vestiario foi feito por La Canalla e a escenografía corresponde a Javier Bello e Roberto Collantes. As entradas poranse á venda o venres ás 16.30h ao prezo de 3,5€, 2,5€ con desconto e 2€ os menores de 12 anos. A obra está recomendada a partir dos cinco anos.