viernes, febrero 15, 2008

O rexistro de parellas de feito comeza a funcionar en Salceda

A primeira parella que solicitou a súa inscipción no Rexistro de Parellas de Feito de Salceda de Caselas formalizou definitivamente este trámite na Casa do Concello perante o Alcalde, Marcos Besada e a Secretaria Municipal.
Os protagonistas deste acto mostraronse moi ilusionados xa que este rexistro permitelles acceder a dereitos recoñecidos pola lei en aspectos tan importantes como as herdanzas ou fillos en común.
Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, felicitou á parella por sela primeira en inscribirse e valorou moi positivamente que por fin se recoñeza un dereito reclamado dende hai moito tempo por moitos cidadans do concello e que o goberno anterior se negaba a regular e xestionar. Nestes intres, en Salceda, calquera parella ten tódalas opcións posibles para formalizar a súa unión, ben casando polo civil, pola igrexa ou rexistrandose como parella de feito. Isto supón un paso máis no cambio que o goberno prometeu e está a levando a cabo en Salceda, recoñecendo novos dereitos para os veciños/as deste Concello.
A proba de que este rexistro era unha vella demanda de moitos veciños son as numerosas solicitudes que se están a producir en escasas semanas dende a entrada en vigor desta ordenanza, que suman de momento 7 parellas de feito.
Por outra banda, o Rexistro Municipal de Salceda de Caselas coordinarase co Rexistro de Parellas de Feito de Galiza, de recente creación, que sirve para equiparar ainda máis as parellas de feito ós matrimonios.