miércoles, febrero 06, 2008

Festas de San Brais 2008

Este martes rematou unha das fins de semáns de febreiro máis festivas que lembro. A coincidencia das festas de San Brais en Budiño e do Entroido fixo que tivésemos unha fin de semán do máis movido, e iso que a presenza abundante da choiva obrigou a suspender algunhas celebracións como foi o concurso de carrozas e comparsas de Salceda, que terá lugar, se o tempo acompaña, o vindeiro domingo día 10, coincidindo así co enterro do bacallau de Tui.
A choiva tamén impediu a saída da Comparsa Colores acompañando o desfile de ramos das festas de San Brais en Budiño, pero non impediu que os ramos, espadanas e andores chegaran ao torreiro da Forna, acompañadas por unha carroza, que representaba as marabillas máis importantes que ten Budiño, O Faro e As Gándaras, e escoltados por un numeroso grupo de veciños do barrio da Cruz, que era quen organizaba a festa este ano. O luns pola noite tivo lugar a entrega do ramo ao barrio do Mosteiro, encargado de organizar a festa para o vindeiro ano. Podedes ver unha ampla reportaxe fotográfica do desfile de ramos, na páxina de Fotografías Valdolouro.