lunes, abril 13, 2009

Salceda presenta a humanización da rúa Dr. Zunzunegui

Mañán martes, día 14 de abril de 2009, ás 20:00 horas, presentaráse no auditorio do Concello de Salceda de Caselas o proxecto de humanización da Rúa Dr. Zunzunegui e o novo plan de tráfico. O Concello de Salceda vai executar en breve o proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui”, primeiro obxetivo do plan de humanización que está a diseñar o goberno municipal para mellorar a calidade urbanistica da vila. Este proxecto está financiado pola Consellería de Innovación e Industria a través da convocatoria de subvención de mellora de zonas comerciais e polo própio Concello.Tamén se presentará o novo plan de tráfico e os novos aparcadoiros, que serán fundamentais para axilizar a circulación no centro urbán e estacionar os vehiculos co obxetivo de favorecer o comercio da vila.

5 comentarios:

agotado dijo...

Como ya hay poco espacio para aparcar en este pueblo, pues hala!!! a humanizar calles.... asi la gente no protestará!!!!
Es una verguenza. Ya es un caos esa plaza desde que cortaron la otra travesía de la calle Pontevedra como para que sigan cortando...
Ahora para acceder a Barreiro y Feira desde el parque habrá que subir casi hasta Vendanova. Olé tus huevos!!!!!!!!

O Foucellas dijo...

O home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. Moito protestaron no Calvario pola peonalización, moito protestaron no Porriño pola peonalización, moito protestaron en Pontevedra, moito protestaron en Vitoria,... e agora moito protestan en Salceda, preguntalles aos comerciantes e habitantes desas rúas cantos deles protestan agora. É que non aprendemos. ¡MÁIS PEONALIZACIONS E MENOS COCHES!

Anónimo dijo...

De acordo con Foucellas, é unha pena que algunha xente de Salceda estea en contra da peatonalización e seguro que moita dela e quen lle vai sacar mais partido.
E os do Barreiro e Feira de subir 100 mts a subir case a Vendanova hai moita diferencia, e como se viu na presentación case nin estiveron presentes para protestar así que tan mal non o mirarán, xa que o primeiro corte que tiveron desa rúa foi con Chicho e ahí si que ninguén protestou, así que os poucos que protestan Porque Será?

djfreddie dijo...

Vale... mañá comenza a festa!!! Xa verdes a que se vai a liar!!!!

PAra ter calidade de vida no hai que quitar os coches, soamente hai que sancionar ós que infrinxen as normas que os demáis seguimos. Fora o libre escape, as carreiras..... e fora a peatonización!!!!. Máis policia eficaz e mais prazas de aparcamento, que isto vai a ser peor que vigo!!!!

Que ninguén se ofenda, é só unha opinión.

Un saúdo a todos.

djfreddie dijo...

...que por certo.... sancionar sae moito máis económico, e ainda por riba da cartos para o Concello, para poder facer parques e outras comodidades, ou polo menos algunha escapatoria alternativa ós camións e autobuses que agora van "flipar" na entrada e na saída da rúa Rollo. Van a cortar Salceda igual que fixeron no Porriño, agora atascarémonos neses dous puntos que dixen, e tamén no cruce de Rosalía con Tilve Adrio. Vaia saida que queda agora....
Sintoo pola xente da Feira e Barreiro.... vades a flipar para sair desta vila!!! (Acabaredes antes pola Paxariña en direccion a Cabreira, probádeo, funciona!!!!)