Xa chegou o entroido. Cando aínda non nos recuperamos dos excesos do nadal, xa temos que prepararnos para cacheiras, ourellas de carnaval, filloas, etc. Tamén coma cada ano dende hai xa 12 anos a
Comparsa Colores, está preparada para lucir os seus vistosos traxes polas rúas de moitos pobos de Galicia. A estrea oficial fixérona o pasado martes día 6 no IFEVI de Vigo, con motivo do Concurso Internacional de Saltos de Vigo (fotos inferiores). Se che apetece vel@s, estas son as datas e os pobos onde desfilarán este entroido:
Viernes 16 Tomiño 20:00 H
Sabado 17 Pontevedra 18:00 H
Domingo 18 Ourense 18:00 H
Lunes 19 Porriño 19:30 H
Martes 20 Santiago de Compostela 18:00 H
Viernes 23 Ponteareas 19:30 H
Domingo 25 Bueu 18:00 H
Podes ver máis fotos e amplia-la información da comparsa na súa
web oficial.
Tamén podes obter máis información sobre outros entroidos da comarca nas seguintes direccións:
Entroido de O PorriñoEntroido de SalcedaEntroido de Tui





1 comentario:
Hola amigos:
Metidos xa de cheo no entroido 2007, e cando ainda non chegar as comparsas de volta á suas procedencias, xa están colgadas na miña web as fotos do desfile.
Indicar que todas están dispoñibles en alta calidade por si alguén quere imprimir algunha.
Saúdos dende Salceda.
www.djfreddie.com
Publicar un comentario