lunes, enero 15, 2007

A internet na nosa bisbarra

Sempre é interesante atoparse cunha nova páxina feita na nosa bisbarra neste caso trátase de un blog sobre Caldelas de Miño. Nel faise un pequeno repaso a historia de Caldelas e algunas noticias que van xurdindo no pobo, especialmente actos culturais.
Nisto da internet pasa coma na vida real, o pobo sempre vai máis adiantado cos políticos. Se buscamos pola rede, atopamos unha cantas páxinas feitas nos nosos concellos por persoas que adican parte do seu tempo a colgar na rede cousas interesantes que se fan na nosa bisbarra, e en cambio, a situación das páxinas oficiáis dos nosos concellos é lamentable. O de Mos carece de web oficial, o de O Porriño é coma si non a tivera, a de Salceda, moi ambiciosa pero escasa de contidos e a de Tui recentemente remodelada pero pouco útil para os veciños.
¿Custaría moito facer unha páxina nas que aparecesen os bandos actualizados, unha axenda de actividades culturais, deportivas, etc. organizadas polo concello, un listado cos documentos a presentar, para realizar determinados trámites, permisos, licenzas, etc. para poder levalos cubertos da casa con todos o papeis necesarios e asi evitar perdas de tempo inútiles?, e xa non digo poder xestionar trámites por internet, que a estas alturas do século XXI aínda me parece utópico para os nosos concellos. Quitando esta última parte, ter a páxina actualizada non suporía para os concellos, máis de 3 horas de dedicación diaria dunha persoa cuns coñecementos informáticos normáis.
Postos a soñar que bonito sería ter todo o concello conectado por WiFi e darlle así nos fuciños as empresas de telefonía que tan mal nos tratan os usuarios, se Salvaterra e Ponteareas o fixeron ¿por qué non poden facelo os outros concellos?
Coma sempre, teremos que ser os usuarios os que nos organicemos e movamos os fios e logo eles apuntaranse ó carro. ¿Será que ós nosos políticos non lles interesa ter uns veciños informados?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

jajaja, que razón que tes!!!!!

Como salcedense, sinto vergoña polo foro de participacion cidadan da web salcedadecaselas.es.
Ë realmente patético.
Respecto a WIFI, o que sexa con tal de fundir a Timofónica, pero esta claro que teremos que ser nos, porque nos concellos xa sabemos como actuan
saúdos

Anónimo dijo...

...co da web de salceda refirome a que a seccion do foro deberia ser a mais doada de controlar, e polo menos que alguén elimine o spam de viagra e alargamento de pene e esas cousas que se lle meteron ali.

Polo demais a web está bastante ben, o ideal sería que lle fixesen caso.

Facede unha proba: soltade unha reclamación on-line, e veredes o caso que vos fan
jejeje