sábado, diciembre 23, 2006

Bo Nadal e que perduren as tradicións

Nestas datas que todo son bos desexos, eu tamén quero desexarvos a todos un bo nadal e un próspero ano, e revindicar dende estas páxinas o bacalao con coliflor e a festa de Reis que con tanto "cordero lechal" e "papá noeles" estamos perdendo as nosas tradicións. Xa nin falar de ler a témporas, unha tradición que de pequeno facíamos en noiteboa na casa de meus avós e que agora nadie lembra, o mesmo que ir a cantar os reis, serán cousas do progreso. Eu de momento pedinlle unha nova cámara de fotos aos reis, que a miña xa finou e agora teño que sacalas con cámaras prestadas, algo é algo. As seguintes están tomadas en Entenza polos arredores do Espicho do Faro.




1 comentario:

Anónimo dijo...

pois iso mesmo: felices festas, saúde e felicidade e cartiños para todos

Bo nadal e bo 2007

SE A VIDA SON DOUS DIAS, POIS QUE SEXAN NA FIN DE SEMANA!!!!!!!!

www.djfreddie.com