O prometido é débeda e eiquí está o álbum fotográfico do desfile de comparsas e carrozas que tivo lugar o domingo de entroido en Salceda. Nos vindeiros días colgaremos o álbum do desfile do martes de entroido dos barrios do Castro Barreiro e A Feira.
miércoles, febrero 29, 2012
jueves, febrero 23, 2012
Desfile do sábado de entroido no Porriño
Estas son as fotos tomadas no desfile do sábado de entroido no Porriño. Nos vindeiros días colgaranse as fotos do desfile do domingo e do martes en Salceda.
viernes, febrero 17, 2012
miércoles, febrero 01, 2012
San Brais de Budiño
As festas de San Brais de Budiño son, xunto con entroido, as festas máis importantes que se celebran no inverno no Valdolouro. Estas festas teñen lugar na parroquia porriñesa de San Salvador de Budiño. É unha tradición de moitísimos anos, tantos que é difícil saber en que data escomenzaron a celebrarse. Da capela de San Antonio, que é onde se atopa a imaxe de San Brais, xa se ten constancia da súa existencia dende o ano 1528. Cada ano, un dos 6 barrios que forman a parroquia de San Salvador de Budiño é o encargado de organizar as festas. Os barrios son Mosteiro, Chan-Casal, Orbenlle-Cerquido, Vaquería, Vitureira e Cruz; sendo este o orden polo que organizan as festas. Antigamente as festas celebrábanse no recinto situado frente a Capela, pero, dende xa fai algúns anos, debido a falta de espacio, cada comisión de festas elixe o recinto que considera máis apropiado, sendo o recinto de A Forna, o elexido pola maioría das comisións para celebrar alí as súas festas. Os actos relixiosos séguense celebrando na capela de San Antonio, no barrio do Casal. Hai unha tradición que fai peculiares estaas festas e é o desfile de ramos, espadanas e andores. Segundo contan os máis vellos do lugar, este desfile formaba parte de cáseque tódalas festas dos arredores, pero pouco a pouco, esta tradición foise perdendo, sendo o de San Brais, o único desfile deste tipo que pervive, ao menos pola bisbarra. Os ramos son ramas de loureiro adornadas con coloridas frores de papel, monecas e roscóns. As espadanas e os andores son triángulos de madeira, forrados con tela e tamén adornados con frores, monecas e roscóns. A diferencia entre as espadanas e os andores é que as espadanas teñen unha soa cara es os andores constan de tres caraas triangulares, con forma de pirámide. Estás frores danlle un colorido excepcional ao desfile, anticipo dunha ansiada primavera aínda por vir. A chegada ao recinto de festas os roscóns eran subastados entre a xente que alí se atope. Un dos ramos é reservado para entregarllo o último día das festas a comisión entrante, encargada de organizar as festas o vindeiro ano.
martes, enero 31, 2012
viernes, diciembre 30, 2011
miércoles, diciembre 14, 2011
lunes, octubre 24, 2011
Xornadas de conciencia ecolóxica en Salceda
As IV Xornadas de Conciencia Ecolóxica celebradas os pasados 22 e 23 de outubro en Salceda de Caselas obtiveron un éxito moderado para os socios da Treze-Catorze, Asociación Ecoloxista organizadora das Xornadas.
“Cada ano acude máis xente ás Xornadas, tanto do noso pobo como dos concellos próximos”, afirma un vogal da asociación.
A novidade deste ano foi o apadriñamento dun treito do río Caselas e a realización da primeira das análises periódicas que a asociación fará de aquí en diante. A Asociación conclúe que hai “boa calidade de augas no río, mais unha perda importante de biodiversidade no bosque de ribeira, destacando na flora a forte presenza de especies alóctonas invasoras”.
Ao longo da fin de semana pasaron preto de duascentas persoas polo auditorio municipal.
miércoles, octubre 19, 2011
IV Xornadas de Conciencia Ecolóxica en Salceda
Os vindeiros 22 e 23 de outubro no auditorio municipal de Salceda de Caselas celebraranse as IV Xornadas de Conciencia Ecolóxica. A Asociación Ecoloxista Treze-Catorze, organizadora das catro edicións, bota man da experiencia e ofrece conferencias sobre pinturas ecolóxicas, o tratamento do solo na agricultura e a función das cooperativas de consumo. Ademais, haberá cinema, obradoiros de reciclaxe para nenos e unha visita guiada ás instalacións dunha empresa produtora de abonos orgánicos.
En colaboración co Proxecto Ríos (Adega), a ACDE Treze-Catorze vai apadriñar un tramo do río Caselas co fin de ocuparse da súa custodia a través de análises periódicas. Con este acto arrancarán as xornadas o sábado a partires das 10:30h.
viernes, octubre 07, 2011
Exposición de María Soto en Salceda de Caselas
Unha nova exposición acaba de ser inaugurada na Casa da Cultura Alfonso daniel Rodríguez Castelao de Salceda de Caselas. Neste caso trátase dunha colección de María Soto, nacida en Ribadavia e afincada en Vigo, que expón por vez primeira en Salceda de Caselas. María conta con unha longa traxectoria de estudio en arte e restauración en Santiago de Compostela e en Vigo. Precisamente na súa cidade de residencia ten un taller de pintura e manualidades para nenos e maiores. Nos seus cadros utiliza cores acrílicas e óleos moi chamativos, con resultados impactantes e moi coloristas.
Dende que a Casa de Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao se inaugurou una primavera do pasado ano, máis de 20 exposicións levan pasado xa pola mesma, contando con mostras de fotografía, pintura, concienciación medioambiental, escultura…
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, lembra unha vez máis que a sala de exposicións está aberta a todo aquel que queira amosar os seus traballos, xa sexa de Salceda ou de outro Concello. “Queremos un espazo dinámico onde continuamente se renoven as exposicións e se convirta nun espazo de referencia para os e as salcedenses, como realmente está xa a acontecer”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



