As IV Xornadas de Conciencia Ecolóxica celebradas os pasados 22 e 23 de outubro en Salceda de Caselas obtiveron un éxito moderado para os socios da Treze-Catorze, Asociación Ecoloxista organizadora das Xornadas.
“Cada ano acude máis xente ás Xornadas, tanto do noso pobo como dos concellos próximos”, afirma un vogal da asociación.
A novidade deste ano foi o apadriñamento dun treito do río Caselas e a realización da primeira das análises periódicas que a asociación fará de aquí en diante. A Asociación conclúe que hai “boa calidade de augas no río, mais unha perda importante de biodiversidade no bosque de ribeira, destacando na flora a forte presenza de especies alóctonas invasoras”.
Ao longo da fin de semana pasaron preto de duascentas persoas polo auditorio municipal.
lunes, octubre 24, 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario