lunes, enero 28, 2008

Festas San Brais 2008

Xa comenzaron as festas de San Brais 2008 de Budiño. O pasado venres celebrouse a festa da xuventude, con música ata altas horas da madrugada. Esta ano dase unha curiosa casualidade e é que o día de San Brais coincide co domingo de entroido, isto é debido a método que se segue para situar o Domingo de Pascua no calendario. Por iso este ano o desfile de ramos e espadanas serán acompañados pola Comparsa Colores. Este é un resumen da programación para este ano 2008:

1 FEBREIRO

* Verbena con SINTONÍA e PARÍS DE NOIA

2 FEBREIRO

* Misa da Candelaria ás 12 mañá e 18:30
* Tirada fogos
* Orquestas ABANICO E OLYMPUS

3 FEBREIRO

* Pasarrúas no centro de O Porriño, pola BANDA de TORROSO
* Misa solemne ás 12 con procesión
* Concerto da BANDA MUNICIPAL DE O PORRIÑO na Forna
* 17:00 Saída ramos e espadañas coa COMPARSA COLORES
* Orquestas TVG e GRAN PARADA

4 FEBREIRO

* Orquestras MARBELLA e LA OCA
* Entrega de ramos á comisión entrante

domingo, enero 20, 2008

"Un burro amarrado a la puerta del baile"

As veces a mezcla da noite máis o alcohol fante chegar a ver cousas que realmente non son así. Iso foi o que deberon pensar algunhas das persoas que o sábado pola noite pasaban pola Zona Monumental de Tui, e se atoparon con este burro atado a barandilla dunha casa. Investigando un pouco máis contáronnos que pertencia a unha peregrina alemana que está facendo o Camiño Portugués a Santiago. Xa quedamos máis tranquilos.

viernes, enero 18, 2008

Lembranzas do nadal

Xa pasou o nadal e cada ano parece que chega e pasa máis rápido, por iso, cando xa estamos as portas de entroido, quédame por facer unhas últimas reflexións.
Cada vez as caixas dos doces do nadal son máis grandes e o interior máis pequeno, supoño que o farán para pola nosa saúde. Non hai máis que ver esta caixa de mazapáns que probei neste nadal, a caixa traía unha fotos con seis mazapáns, e seis mazapáns era realmente o que contiña.



Unha cousa que nunca cambia e a festa que se monta cada tarde de fin de ano en Salceda, onde charangas e músicos espontáneos animan o reencontro de amigos e familiares a carón dunha cunca de viño. Este ano ata houbo unha voda no concello.

sábado, enero 12, 2008

Nova programación do Bar Liceum


Den de o Bar Liceum de O Porriño, fannos chegar o cartel da nova programación para os dou primeiros meses deste 2008. A programación é coma sempre moi variada, grupos vocais, títeres,grupos locais, etc. Os primeiros en pasar polo escenario de O Liceum será o grupo vocal portugués "Vozes da Rádio", do que vos poñemos un pequeno vídeo para os que non os coñezades.

jueves, enero 10, 2008

Para baixar eses kiliños

Pasados estes días de excesos gastronómicos de todo tipo, hoxe querémovos recomendar tres alternativas para que esta fin de semán poidamos ir baixando un pouco eses kilos de máis gañados nestas datas. A máis suave sería unha curta camiñata polo paseo fluvial de Salvaterra, que discurre dende a Illa da Fillaboa ata chegar, prácticamente fronte a Monçao, ademáis se ainda temos folgos podemos exercitarnos no ximnasio ao aire libre que dispón o Parque da Canuda. A segunda opción, un pouco máis forte, xa sería facer unha longa camiñata polo percorrido da Ecopista que une Valença con Monçao. Un fermoso percorrido pola antiga vía do tren que unía as dúas localidades, e que fai uns anos foi acondicionado para pasear a pé, en bicicleta, ou incluso o podes facer en patíns se che apetece. A terceira opción, un pouco máis extrema, sería apuntarte este domingo a XV Camiño do Requesón que se celebrará no veciño concello de As Neves e que cada ano reune a miles de ciclistas de aficionados a bicicleta de montaña. Nos dámosche as opcións, agora ti decides.

Ecopista(mais fotos)





Paseo fluvial de Salvaterra do Miño(máis fotos)