jueves, noviembre 29, 2007

Axenda para esta fin de semán

Venres 30 de novembro as 21:00 horas no Teatro da Area Panorámica de Tui o Centro Dramático Galego representará a obra "Noite de Reis ou o que queirades" un clásico de Shakaespeare adaptado e dirixido por Quico Cadaval.

Venres 30 de novembro as 23:00 horas no Bar liceum de O Porriño actuación do cantautor Diego Freire.

VI Xornadas micolóxicas de Salceda
Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro vanse celebrar no Centro de Servicios Sociais da Devesa en Salceda de Caselas as VI Xornadas Micolóxicas organizadas pola Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Salceda. Este ano como novidade as charlas informativas desenvolveranse o venres 30, divididas entre os que sexan iniciados no mundo da micoloxía e os que xa teñan algunha experiencia no mesmo. As xornadas comezan o venres as 18:30 horas coa presentación a cargo do concelleiro de medio ambiente Enrique Cabaleiro, que aproveitará para incidir na colaboración cidadá nos distintos programas de reciclaxe e reutilización de residuos postos en marcha pola súa concellaría. Como actividades optativas das xornadas haberá unha degustación de cogomelos o sábado o medio día, un Obradoiro para nenos titulado O mundo invisible dos cogomelos o sábado pola tarde e un percorrido medioambiental polo río Caselas o domingo pola mañá.

martes, noviembre 27, 2007

A voltas cos contos

O pasado venres tivemos ocasión de asistir en Tomiño a actuación de Benito Guerreiro, un contacontos de A Guarda, que nos fixo pasar un rato moi agradable. O caso é que durante a actuación enterámonos que Benito Guerreiro ven de rematar hai uns meses unha curiosa aventura, percorrer todos os concellos de Galicia durante máis de 2 meses e facendo preto de 6.000 kilómetros, sen máis compaña que a súa bicicleta e parando a contar contos alá onde quixeran escoitalo. Quedounos un pouco de pena non enterarnos do seu proxecto a tempo, pero polo menos podemos ler o seu relato na súa páxina web: http://www.avoltascoscontos.com. Nela tamén nos conta as súas vivencias diarias.

lunes, noviembre 26, 2007

XI Festa dos Cogumelos de Entenza

Onte tivo lugar a 11ª edición da Festa dos Cogumelos de Entenza. A verdade é que o tempo acompañou para a degustación do domingo pero non para a recollida de cogumelos polos montes, xa que a escasez de choivas nos últimos meses xunto coa chegada do frío, fixo que se reducise sensiblemente o número de especies recollidas este ano. No aspecto gastronómico, o público que se achegou ata Entenza pudo degustar setas e champiñóns ao natural, con nata ou en empanada. A festa foi amenizada polo grupo de baile da Agrupación Cultural Xunco de Parderrubias.



sábado, noviembre 24, 2007

XI Festa dos Cogumelos

A parroquia de Entenza (Salceda de Caselas) celebrará mañán domingo a XI Festa dos Cogumelos. 200 kilos de cogumelos serán cociñados nesta ocasión pola Asociación de Xovenes a Turonia. A pregoeira será a soprano Teresa Novoa. Tamén haberá unha exposición dos cogumelos recollidos na tarde de sábado nos montes da parroquia. Todo isto estará amenizado polo grupo de baile da Agrupación Cultural Xunco de Parderrubias.

miércoles, noviembre 14, 2007

Restaurando un Ferrari

A verdade e que nos enche de ledicia cada vez que unha persoa pode cumplir o sono da súa vida, e se esa persoa é un coñecido compañeiro noso, pois aínda mellor. Hoxe presentámovos a páxina deste compañeiro vigues que está a piques de cumprir o soño da súa vida, conducir un Ferrari. Podes ves como o seu soño se vai facer realidade no seu blog: http://restaurando-un-ferrari-355.blogspot.com. Ánimo Santi que o teu soño xa está máis preto.

jueves, noviembre 08, 2007

Axenda para esta fin de semán

Venres 9 de Novembro:

As 20:00 no Teatro da Area Panorámica de Tui a compañía de teatro madrileña La Canica representará a obra "El Elefantito", recomendada para nenos de 3 a 6 anos.

As 23:00 no Bar Liceum de O Porriño as 23:00 horas actuación do grupo Sugar Mountain.

Sábado 10 de Novembro:

A partires das 11:00 horas inauguración da III Mostra de Productos Ecolóxicos, no Parque do Cristo de O Porriño que estará aberta ata as 20:00 horas.

Domingo 11 de Novembro:

A partires das 11:00 horas voltará a abrirse na Praza do Cristo de O Porriño a III Mostra de Productos Ecoloxicos, estará aberta ata as 20:00 horas.

As 20:00 horas no Teatro da Area Panorámica de Tui a compañía L'om Imprebís representará a obra "Don Juan Tenorio".