domingo, junio 17, 2007

Primeiras intencións

Onte tomaron posesión as novas corporación municipáis. Como xa dixemos, só en Salceda saiu elexido un novo alcalde, Marcos Besada. A expectación foi máxima e ata se venderon camisetas co logotipo de Salceda. Tamén se luciu a recén inaugurada estatua adicada ao desaparecido "Tuchiño". A verdade é que o novo alcalde parece que ven con ganas e xa colgou un saúdo para tódol@s veciñ@s de Salceda,na web oficial do concello. Espero que sexa unha declaración de intencións do novo grupo de goberno, e que dunha vez por todas, se lle dé un bo empurrón as novas tecnoloxías no concello de Salceda e nos dos arredores que aínda están máis atrasados nese aspecto.


sábado, junio 16, 2007

Novos gobernos municipais

Hoxe tomaron posesión os novos alcaldes que sairon das eleccións do pasado 27 de maio. Na comarca de Valdolouro, só cambiou de signo o concello de Salceda, que será gobernado polo BNG, non se sabe aínda se en minoría ou en coalición co PSOE. A expectación no concello foi espectacular, a xente abarrotou o salón de plenos e os pasillos para asistir a investidura do novo alcade, Marcos Besada do BNG. Este é o vídeo do alcalde a saída do pleno.

martes, junio 12, 2007

Tempo de mudanzas

O vindeiro sábado, tomarán posesión os alcaldes elexidos o pasado 27 de maio e nos días posteriores de pactos, arreglos, repartos ou amaños, segundo se queira calificar. Uns continuarán no poder e outros deberán abandoalo, coma o caso de Chicho en Salceda. Logo de 31 anos debe deixar o seu sillón, e por iso estes últimos días adicouse a facer limpeza. As fotos de abaixo foron tomadas o pasado venres día 8, no local de Protección Civil de Salceda. Nela pode observarse a Chicho cargando unha furgoneta ata arriba de papeis. Parece que Chicho non lle quere deixar moito traballo ao goberno entrante. Por certo tamén me comentan no mesmo correo que a súa promotora xa comenzou a derrubar os metros sobrantes do famoso edificio de Rosalía de Castro. ¿Faría o mesmo se gañase as eleccións?




jueves, junio 07, 2007

O Corpus de Ponteareas na rede

Xa está todo preparado no concello de Ponteareas para a súa festa máis importante, o Corpus. Como cada ano os pontareans engalarán as súas rúas con todo tipo de variedades vexetáis, para a procesión do domingo. Este ano contará cunha novedade, principalmente para os que non poidan asistir en directo. Unha das asociacións que forman a festa do Corpus, anuncian que transmitirán en tempo real por internet, a noite do sabado, a confección das alfombras por parte dos veciños. Din que transmitirán con boa calidade e ata con sonido. Que o ancho de banda os acompañe.

Esta é a súa dirección: http://www.corpusweb.org