Mostrando entradas con la etiqueta A Rocha. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Rocha. Mostrar todas las entradas

viernes, enero 07, 2011

Deixounos Palmira

Os sistemas de posicionamento por GPS necesitan o sinal de varios satélites para darnos a nosa localización exacta. As persoas pásanos algo parecido, necesitamos distintas sinais para poder saber en que sitio estamos, en que época do ano, en que festa, ... As sinais son de diversos tipos, unha igrexa, un vello carballo, un penedo, un río... Palmira xa era un deses "satélites", a súa figura axudábanos a saber se estábamos pasando polo barrio de Calvario en Caldelas, se estábamos bailando nas Festas da Rocha ou se estábamos comendo castañas no magosto de San Martiño. Por iso dende esta semana quedamos un pouco desorientados, fáltanos ese punto de referencia, ese nexo que quedaba cos nosos avós e bisavós, ese "satélite" que nos acompañou durante 108 anos. Agora debemos buscar outras referencias e coidar das que nos quedan, Palmira xa traballou dabondo.
Festas da Rocha - Agosto do 2005 - Foto cedida por Manuel Paz

jueves, agosto 21, 2008

Rocha Rock 2008

Mañán venres celebrarase unha nova edición do festival de música Rocha Rock que sirve de pistoletazo de saída as Festas da Rocha. Este ano a intención é que actúen grupo máis consolidados que en anteriores edicións. Estes son os grupos que actuarán mañán de noite na Ribeira de Caldelas:
SUGARMOUNTAIN
MOON CRESTA
FISHFUCKERS
SR. ACASO

miércoles, agosto 29, 2007

Festas da Rocha 2007

Xa remataron as festas da Rocha por este ano. Coma sempre, e a pesares da inestabilidade do tempo, a festa non faltou, e miles de persoas déronse cita durante toda a fin de semán, e sobor de todo o luns, na Ribeira de Caldelas para comer as empanadas, beber uns viños, e disfrutar da noite de lúa chea que nos brindou este 2007. Podedes ver unha selección de fotos en fotografías Valdolouro.

O seguinte vídeo é unha pequena mostra do ambiente que había o luns no chiringuito do Penedo. A calidade da imaxe non é moi boa pero a luz do ambiente non daba para máis.