Sábado 7
Ás 16h nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran: IV Proba
automobilística de habilidade.
Ás 19h no Teatro Municipal da Área Panorámica solemne acto de
coroación das raíñas de San Telmo 2012 e lectura do pregón a cargo de
Manuel Garrido Barbosa.
Ás 20h na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica inauguración
da exposición filatélica FITUI 2012.
Ás 20:30h pasarrúas dende a Área Panorámica ata a Glorieta de Vigo para
a realización dunha homenaxe ao escultor Juan Oliveira, co gallo do
décimo aniversario do seu paramento.
Ás 21h Inauguración do alumeado das festas
Domingo 8
Ás 8.30h tirada de bombas de palenque anunciando o segundo día de
festas.
Ás 15.3h nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran IV Proba
automobilística de habilidade. Competición de coches de radio control
(gasolina e eléctricos).
Ás 17.15h no Centro Sociocomunitario baile para os maiores co grupo
Tráfico.
Ás 18h no Teatro Municipal Festival Folclórico San Telmo 2012 coa
participación do grupos das asociacións culturais tudenses.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por D. Fernando Cerezo García,
reitor do Seminario Menor de Tui, e cantada pola Coral da S.I. Catedral e
novena na honra a San Telmo.
Ás 20.30h Primeira verbena no Paseo da Corredoira coa orquestra Galilea.
Luns 9
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo comeza a VIII Semana de
Cine Infantil coa proxección de “El Gato con botas”.
Ás 17.30h Vista das raíñas acompañadas das súas damas de honra á
Residencia San Telmo e á Residencia Paz y Bien, acompañadas por un
grupo folclórico.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por D. David Romero Boullosa,
formador do Seminario Menor de Tui e cantada pola Coral de Entenza.
Novena na honra a San Telmo.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado
de San Telmo o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui
porá en escena a obra “Extraños hábitos”.
Martes 10
Ás 10h Saída dende a Catedral da excursión polo Camiño de Santiago ata a
Ponte das Febres.
Ás 11h Misa para os peregrinos na Capela da Virxe do Camiño.
Ás 13.30h Xantar campestre na Ponte das Febres para os participantes,
coa actuación dun grupo de música tradicional.
Ás 16h no Pavillón Polideportivo Municipal Torneo de Balonmán San
Telmo 2012.
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo VIII Semana de Cine Infantil
coa proxección de “Winter”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por D. J. Benito Rodríguez
Guerreiro, párroco de Morgadáns, Chaín e Couso e cantada pola Coral do
Centro Sociocomunitario de Tui. E novena na honra a San Telmo.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado
de San Telmo o grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural
“Seixos Albos” de Areas presenta “A Pousadeira”.
Mércores 11
Ás 11.30h no Claustro da Catedral Concurso de Debuxo.
Ás 16h no novo pavillón municipal Torneo de Balonmán mixto.
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo VIII Semana de Cine Infantil
coa proxección da película “Tin Tin”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por D. Juan Diz Miguélez, párroco
de Baíña e Baredo, e cantada pola Coral do Rosal. E novena na honra a San
Telmo.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado
de San Telmo o grupo de teatro Caldemiños da Asociación Cultural “A
Insua” de Caldelas porá en escena “Nin mortos nin vivos senón todo o
contrario”.
Xoves 12
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo VIII Semana de Cine Infantil
coa proxección de “Animals United”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida por M.I.S.D. Luís Hierro Najarro,
párroco de Bouzas e cantada pola Coral Mª Auxiliadora de Vigo. E novena
na honra a San Telmo.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado
de San Telmo o grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural “Aloia” de
Pazos de Reis presenta “A avoa volve casar”.
Venres 13
Ás 16.30h na Sala da UNED en Santo Domingo VIII Semana de Cine Infantil
coa proxección da película “Río”.
Ás 19h no Paseo da Corredoira Karaoke Infantil.
Ás 19.30h actuación da charanga tudense “Cantos Somos”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Alejandro
Pérez García e cantada pola Coro Clásico de Vigo. E novena na honra a San
Telmo.
Ás 20h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado
de San Telmo o grupo de teatro infantil Garabullada da Asociación
Cultural “Xuntanza” de Randufe presenta “El cerco de las escobas”.
Ás 22h no Paseo da Corredoira Karaoke para adultos. Ao finalizar
actuación do grupo musical “Tráfico”.
Ás 23.45h Campionato de Tuto na Cafetería El Pilar.
Sábado 14
Ás 9h Bombas de palenque anunciarán o primeiro día grande das festas.
Ás 10.30h Entrada no recinto gastronómico da charanga “Cantos Somos”.
Ás 11h no centro hípico Equigalia en Pexegueiro I Concurso Hípico
Concello de Tui. Organiza: Club Hípico Equigalia.
Ás 11.30h Na rúa Compostela inicio da VIII Festa Gastronómica con polbo,
mexillóns, empanadas e filloas, con viños albariño e ribeiro.
Ás 16h Exhibición de tenis e campionato de Xadrez no Paseo da Corredoira.
Ás 16h V Supercross Cidade de Tui 2012 – Campionato Galego. Organiza:
Motoclub Randufe.
Ás 17.30h Exhibición de Cetrería.
Ás 18h Pasarrúas a cargo da charanga “Cantos Somos”.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Alejandro
Pérez García e cantada pola Coral Polifónica da Guarda. E novena na honra
a San Telmo.
Ás 20h no Teatro Municipal de Tui na IV Semana de Teatro Afeccionado
de o grupo de teatro San Fins da Asociación Cultural “San Fins” de
Rebordáns representa “Ovellas negras”.
Ás 21.30h Verbena coas orquestras Abanico e Fania Blanco Show.
Domingo 15
Ás 9h Doce bombas de palenque anunciarán o segundo día grande das
festas.
Ás 10.30h Carreira Popular de San Telmo 2012 con saída dende o Paseo da
Corredoira. Organiza: Club Atletismo Tui-Thermalia.
Ás 11.45h Desfile exaltación do traxe tradicional coa participación das
raíñas e as súas damas de honra, e de todos cantos desexen participar,
dende o Teatro Municipal ata a Catedral. Organiza: Asociación Cultural e
Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui.
Ás 12h Na S.I. Catedral Santa Misa ofrenda a San Telmo por nenos e
maiores ataviados con traxes rexionais. Presidida polo prior da Confraría
de San Telmo M.I.S. D. Ricardo García Fernández.
Ás 13h Pasarrúas a cargo da Banda de Música Popular de Tui.
Ás 13.15h Baile rexional no pórtico da Catedral con grupos folclóricos de
Galicia e de Huelva.
Ás 16h Exhibición canina nos terreos do Instituto San Paio. Programación
Festas de San Telmo 2012.
Ás 17h No Complexo deportivo Álvarez Durán partido de liga da Terceira
Autonómica entre o Tyde F.C.e o Mosende.
Ás 20h na Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Alejandro
Pérez García e cantada polo Coro Polifónica Sportivo de Ponteareas. E
novena na honra a San Telmo.
Ás 20.30h Verbena a cargo das orquestras París de Noia e Salsa Rosa.
Luns 16 - Festivo Local
De 8h a 10h Misas na Igrexa de San Telmo.
Ás 9h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día grande das
festas.
Ás 10h Feira dos Cabalos (no lugar de costume).
Ás 11h Procesión das Reliquias pola Coronilla, e Santa Misa concelebrada
na S.I. Catedral presidida polo Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo da Diocese de
Tui-Vigo, e cantada pola Coral da S.I. Catedral.
Ás 12.30h entrada da Banda de Gaitas de Paramos.
Ás 14h Repique das campás da S.I. Catedral acompañadas dunha gran
tirada de bombas de palenque.
Ás 18.30h Entrada da Banda de Guerra da Brilat-Galicia VII.
Ás 18.30h Homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos durante o ano
pola Banda da Brilat na Igrexa de San Telmo.
Ás 18.30h Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín
no Teatro Municipal da Área Panorámica.
Ás 20h Recital a cargo da orquestra Sintonía de Vigo.
Ás 21h Solemne procesión de San Telmo presidida polo Excmo. e Rvdmo.
Bispo da Diocese Tui-Vigo. Ao rematar na Praza de San Fernando ofrenda
floral a San Telmo na que a Coral da S.I. Catedral e a banda de Escola
Naval Militar de Marín e a Banda de Música Popular de Tui interpretarán
a Salve Mariñeira e o Himno a San Telmo.
Ás 23.30h Espectacular tirada de fotos de lucería, e ao finalizar actuación
de novo da orquestra Sintonía de Vigo para pór o broche de ouro ás Festas
de San Telmo 2012.
sábado, abril 07, 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario