O pasado Domingo 2 de Outubro a Asociación Treze Catorze levou a cabo a IV Limpeza Simultánea de Ríos, colaborando co Proxecto Ríos (quen organiza este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galicia dende o ano 2008).
14 voluntarios e voluntarias saíron ao Río Caselas para recoller o lixo que atenta contra a riqueza do principal río de Salceda. Un total de 80 quilogramos de refugallos foron extraídos.
A Asociación Treze Catorze considera a actividade un éxito e anima a participar en vindeiras edicións para recoller ese lixo que acaba coa biodiversidade e beleza do Río Caselas.
A nota positiva da xornada, segundo os organizadores, é que cada ano que pasa, o río está cada vez máis limpo. Sen embargo, como nota negativa destacan que segue habendo moito lixo que recoller. De ahí a necesidade de concienciar á veciñanza: axudar a manter un bo estado de conservación nos ecosistemas fluviais e facerlle ver que as pequenas accións valen moito.
Por este motivo, a Asociación Treze Catorze vai dar un paso máis, e próximamente vai “apadrinar” un treito do Río Caselas. Acto simbólico no que a asociación se compromete a velar pola calidade das augas e a conservación dos ecosistemas nese treito de río
martes, octubre 04, 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario