miércoles, abril 15, 2009

¿Para que sirve a web do concello de Tui?

Un dos acontecementos máis importantes que se celebran estes día na nosa bisbarra son as festas de San Telmo de Tui, iso si, cada vez máis devaluadas nestes últimos anos coa desaparición da FAIM, un dos buques insignias destas festas e que nestes pasados anos xa era unha simple caricatura do que foi; coa Festa da Meixón da que o Concello se desentendeu e que foi organizada este ano por veciños de Randufe e todo isto aínda se agravará nos vindeiros anos coa construcción do novo centro de saúde no aparcadoiro da Area Panorámica. Voltando ao tema deste artigo ,se alguen tenta buscar información sobre a programación de festas de San Telmo deste ano, o primeiro sitio que se lle ocurre e ir a web oficial do Concello de Tui, sendo como son, e a pesares do dito anteriormente, un dos eventos máis importantes que se celebran en Tui ao longo do ano. Pois facede a proba ide a web do concello de Tui e vede canta información podedes obter das festas de San Telmo 2009. Realmente lamentable.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

por qué solo vos fixades no que pasa nos concellos que non goberna o bng e os criticades. porque non falades, sin tanto xabon, por exemplo do de Salceda que a súa páxina web non está actualizada nen sequera en canto os cambios de concelleiros que houbo. ou por que non aparece na mesma a noticia que vos si tendes eiqui da presentacion da humanizacion de doutor zunzunegui.
e tantas outras cousas que pasan
mais independencia, pero claro iso é moito pedir.

Anónimo dijo...

Para criticar a Salceda xa tendes o Vigometropolitano, que menuda forma de independencia. Por certo na web do concello de Mos non hai forma de ver a programación dos actos do sabado (Arde o Pazo) nin a teñen anunciada.
En Salceda moi raro é que non veña anunciado os actos culturais e demais información, ainda que non sexa das páxinas mais atractivas en diseño

ValdoLouro dijo...

En primeiro lugar darvos a grazas por participar na páxina cos vosos comentarios. Parece que a única maneira de que a xente participe e meténdose cos políticos. Con respecto as críticas do Anónimo número 1, teño que decir que me parece inxusto o que dis da nosa independencia, cando menos neste caso. A nosa crítica está centrada no concello de Tui porque estamos falando das Festas de San Telmo que se celebran esta semana en Tui. No seu momento neste artigo ( http://valdolouro.blogspot.com/2007/07/un-pasio-adiante-para-o-uso-da-internet.html ) falamos un pouco do internet na nosa bisbarra e a verdade e que non lle demos xabón a nadie, xa que ningún dos nosos concellos o merece neste aspecto. Neste outro artigo ( http://valdolouro.blogspot.com/2007/07/un-pasio-adiante-para-o-uso-da-internet.html ) valoramos positivamente esta iniciativa da concellalía de cultura do concello de Tui ao igual que valoramos positivamente no seu momento a iniciativa por parte de dita concellalía de poñer a venda as entradas por internet para o teatro. Estou dacordo como ben di o Anónimo número 2 que a información que aparace na web do concello de Salceda, non sendo suficiente para min, é máis útil e abundante ca de calquer web dos concellos da nosa bisbarra. Na de Mos o único que actualizaron dende que trocou de goberno foi o organigrama político e disto xa fai uns meses. E no Porriño, aparte da boa iniciativa do Arquivo Municipal da Imaxe, a web do concello segue no mesmo estado lamentable dende hai uns cantos anos.

Anónimo dijo...

Dende logo Tui ten moito mais que criticar, non solo que non faciliten información das festas, estoy falando sen ver ningún color politico tan solo usando o sentido común, o Sr.Alcalde faría moito ben o pobo mantendose quieto xa que cada obra que fai e pa empeorar o pobo e beneficiarse él.
So fai falta dar una volta pola zona vella que fai honor a seu nome, iso si antes encontras onde aparcar, e podría seguir asi largo e tendido. E que ningúen se ofenda xa que esta todo para poder ver.

Tudense cansado dijo...

Creo que non é xusto decir que Rocha non usa as novas tecnoloxías, sei de boa tinta que tódolos días usa o Google Earth para vé-las parcelas que se poden recalificar.