Na súa cuarta edición, Play-Doc quere pór o acento sobre un terrible drama que afecta, en pleno século XXI, a un terzo da poboación mundial e que non coñece fronteiras, culturais nin status: a violencia de xénero.
Play-Doc, expón un percorrido por diferentes historias reais, no que o seu fío condutor é a violencia contra a muller. Desde os malos tratos no seo familiar, ata o feminicidio sistematizado, pasando pola prostitución e o abuso de menores, o festival tudense propón unha mirada atenta e reflexiva sobre esta secuela social de dimensións pandémicas.
Con esta iniciativa, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade, o festival pretende xerar debate e promover valores de igualdade, tolerancia e respecto. As proxeccións das películas complementaranse con charlas a cargo dos propios realizadores e expertos no tema e nas que a audiencia estará convidada a participar.
'I'm Scared' da realizadora polaca Karolina Bendera, 'Bajo Juárez: a cidade devorando ás súas fillas' dos mexicanos Alejandra Sánchez e José Antonio Cordero e 'Lle Papier ne peut pas Envelopper a Braise' do veterano e prestixioso realizador camboyano Rithy Pan, serán as películas, que sobre este tema se poderán ver ao longo do festival entre o 12 e o 16 de marzo.
Aposta polos documentais animados
Por outra banda, Play-Doc ofrece tamén unha nova sección co máis experimental do cine documental, na que se presentarán cinco pezas realizadas con técnicas de animación. Esta curiosa mestura entre documental e animación é posible grazas á cada vez máis difusa fronteira entre xéneros. Os resultados desta arriscada proposta sorprenderán aos espectadores pola súa complexidade técnica, beleza e orixinalidade.
domingo, febrero 24, 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario