608 foi o número exacto de documentais que se presentaron á preselección para a cuarta edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar na localidade pontevedresa en marzo de 2008.
Case 100 traballos máis que o ano anterior e a participación de novos países como Grecia, Belice, Camboia ou Namibia son as notas relevantes desta nova convocatoria que bateu de novo o seu record de participación con obras de 56 nacionalidades pertencentes aos 5 continentes.
Unha vez máis, a maior presenza segue sendo a europea, España, Francia, Alemaña, Bélxica e Países Baixos son os países desde os que máis traballos se recibiron, sendo tamén notable a chegada de cintas provenientes de Europa do Leste, como Eslovaquia, Serbia, Croacia, República Checa, Rusia ou Polonia.
Tamén destaca a alta participación de obras producidas en Canadá, México e Israel, e por suposto a do país veciño, Portugal. Así mesmo cabe resaltar o gran número de películas documentais producidas na nosa comunidade que este ano supera a trintena.
A magnífica resposta obtida nesta nova convocatoria pon de manifesto o auxe do festival tudense e a súa gran transcendencia máis aló do ámbito local. Play-Doc continúa en plena efervescencia e promete para a súa edición do 2008 unha interesante programación de cine de non ficción cunha ampla variedade de contidos e unha gran riqueza cultural.
martes, diciembre 11, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario